sábado, 31 de julio de 2010

Visita a Dorrón

Esta foto está sacada do Diario de Arousa de hoxe, e foi sacada co motivo da inauguración dun tramo da variante de Dorrón.


E vendo a foto non notades a ausencia de alguén?

Pois ben, a AA. VV de Dorrón non foi convidada ao acto de inauguración, o seu presidente brilaba pola súa ausencia e máis sendo o representante elixido polos veciños da parroquia para velar polos intereses da mesma.

En cambio si estaban representados outros colectivos como a comisión de festas, que non sei si estaban por que igual precisan a estrada para facer as festas ou pola involucración que teñen coa parroquia.
Involucración que ven dada porque o presidente das festas e E. son os representantes parroquiais do PP en Dorrón, así os identifican moitos veciños de Dorrón, xa que hai meses Catalina anunciaba a creacción destas representacións nas parroquias.

Asistimos a outro caso de falta de respeto polas institucións, e por falta de contacto entre o presidente da AA VV con Tino non será, o que pasou é que non interesaba que fosen o presidente da AA VV, pero este non é o primeiro caso nin sera o último, e senón tempo o tempo que xa estamos en agosto.

Por outra banda quen estaba era o coñecido como o concelleiro número "10", co cal notase o peso político deste "concelleiro" fronte a outros como Martín que anda desaparecido.

Ainsss, sempre pode quedar algún poste da luz que sacar.



A grúa e a furgoneta.


1. A grúa levaría a furgoneta para o depósito municipal?
2. A grúa levaría a furgoneta ao taller?
3. Os da grúa está demostrandolle a Salvador que si están traballando a pesar do que el di?


Abrense as apostas. Que fixo a grúa coa furgoneta de Agro Sanxenxo?

jueves, 29 de julio de 2010

Última hora: Rolda de prensa


Convocada rolda de prensa para mañán diante do concello para informar aos veciño/as de Sanxenxo sobre a situación que se esta vivindo nos últimos tempos no concello, así se reflexa na convocatoria que se esta recibindo nas redaccións. Esta convocada toda a prensa escrita e medios audiovisuais (tele, radio).


Nesta rolda de prensa o protagonista sera Salvador Durán que últimamente sembra ventos en forma de desplantes, prepotencia e como ata dícir que non prestou unha sala para reunirse os sindicatos porque el traballa ata as 3. Que pronto olvidamos as palabras de Catalina cando dixo que eses soldos por dedicación parcial se debían a que tiñan que estar dispoñibles as 24 horas do día, e Salvador sendo concelleiro de Persoal é o primeiro que debe predicar co exemplo. Sobretodo sendo unha petición extraordinaria non debería ter horarios sempre e cando houbese intención de solucionar algo, pero Salvador non entende de solucións senón de crear máis problemas.

Os trexemanexes de Louzán


Ultimamente temos tódolos días algunha noticia do que sucede no PP de Sanxenxo, dende a división do grupo municipal, os críticos, que si o Foro Popular, que si as reunións en Vilalonga, etc...

Cada día hai algo que sacar para seguir mantendo o debate na rúa. Pero todo isto comenzou cando Louzán deixou entrever que a posible candidata a alcaldía pode ser Catalina. Isto xerou múltiples opinións e posturas.

Despois do resultado que tivo Louzán en Vilagarcía apostando Javier Puertas, ex director de Caixanova e actual presidente do porto de Vilagarcía e o final resultou gañador Tomás Fole, como arriscarse a facer un congreso en Sanxenxo?

Pero a día de hoxe Louzán aposta por Catalina publicamente pero en privado o conto cambia xa que e logo vai de visita a Santiago para propoñer outro candidato.

Parece que a Louzán lle encanta o sector da banca e asi quedou constancia nese encontro en Santiago, no que o gremio da banca (sobre todo Caixanova) pode sufrir outra baixa dentro do organigrama de dirección si se confirma este posible candidato.


Señalización de praias



Si un visitante ao noso concello vendo a señalización desta praia seguro que acerta a primeira vista a que praia pode ir.

E para nota a seguinte señal, é do SEIXAL, inda que podería ser de calquera outro lado, porque total ler non se le na de na.

martes, 27 de julio de 2010

Xa o dixemos hai tempo

Na Voz lemos o seguinte:

"Los sindicatos denuncian que Sanxenxo incumple la ley al vestir a los agentes auxiliares igual que a los policías locales.
Los agentes auxiliares que se incorporaron como refuerzo este verano en Sanxenxo disponen del mismo uniforme que los policías locales, una situación que incumple una ley autonómica. Así lo denunciaron sindicatos con representación en el cuerpo municipal de seguridad, para añadir que es evidente que un funcionario dispone de mayores conocimientos del municipio que los agentes de refuerzo. «Se utilizan a vestimenta normal da Policía Local leva a confusión a toda a cidadanía», precisaron fuentes sindicales consultadas por este periódico. «Teñen que levar uniformes que indiquen claramente que son auxiliares de Policía», añadieron.
Por su parte, CC.???OO., UGT y CSIF criticaron al edil de Seguridad, Salvador Durán, «por no ejercer sus responsabilidades, y por sus discrepancias con el trabajo de las centrales»
"