sábado, 30 de enero de 2010

Entroido en Sanxenxo

Artigo do Aturuxo:

Falta pouco para o entroido, tempo de farra e tempo do cocido, do lacón con grelos, das cacheiras, das ourellas, das filloas…. e Sanxenxo, como non podía ser menos, non escapa a esta época e non precisamente polo desfile de entroido senón máis ben polos negocios que se acostuma cerrar entorno a unha boa mesa e a un mantel.

E para inaugurar estas datas tan larpeiras nada mellor que facer unha cea para recompoñer ao PP de Sanxenxo. Por iso debeu ser que Louzán pensou que era mellor facela cos desencantados coincidindo co pleno ordinario e así evitamos convidar aos actuais cabezas visibles, porque o máis normal para arranxar algo entre dúas partes é reunilas e chegar ao consenso. O resultado da cea? Un fracaso.

Un fracaso porque xa se sabe aquello de “Andrés quérote polo interés”, aínda que neste caso en vez de Andrés falamos de Rafael. A brecha é tan evidente que os movementos populares se suceden e non precisamente polo congreso do PP local senón polo medo de Louzán a perder a diputación...

Para seguir lendo preme aqui......


viernes, 29 de enero de 2010

Visita fallida

Na web do concello anunciase que o final o conselleiro non vira a Vilalonga o luns, senón que vira o día 22 de febreiro.

Problemas de axenda.

Menos mal que a visita esta anunciada dende hai casi un mes, vamos que sinón ata podería pensar mal.

Os veciños de Vilalonga terán que agardar o día 22 para poder expresas as súas queixas, sempre e cando non se volva a complicar a axenda de Javier Guerra.

Amizades perigosas



Resulta máis que curioso que hoxe os do Foro Popular salgan na prensa comentando que a xuicio deles a política que esta levando a cabo Catalina é moi similar coa que no seu día fixo José Luis: falta de liderazgo, problemas a doquier, incompetencia xeneralizada do grupo, ...

Pero para demostrar a incompentencia do grupo de goberno basta con recordar que inda non foron capaces de pagarlles os 7.000 € que lle deben ao C.F. Dorrón, andan a marealos de que si hoxe lle pagamos, que si maña, que si para a semana, ..., e logo pasan a pataca quente duns a outros e mentras tanto o concelleiro de deportes, Martín, anda desaparecido.

Non sei que terá Ribadumia que o final todos marchan para alí, ¿vivendas máis baratas? ou ¿estánse gañando os favores de Peña por si las moscas?.

Máis datos no artigo do Aturuxo que pronto subirei o blog.

martes, 26 de enero de 2010

A gota que produce a revolución do galiñeiro


Moitos vos preguntades porque se revolucionou o galiñeiro e hoxe vou contar a gota que colmou o vaso.

Un dos principales motivos que colmaron o vaso foi unha lea que se remonta a finais do 2009 , o concelleiro de urbanismo, a espaldas da alcaldesa, esixe que se construan unhas aceras nunha urbanización no Casal en Noalla.

Tratase dos chalés que Promociones Mallón Entreríos construe cerca da ponte da vía rapida, chalés que foron paralizados porque carecían de licenza municipal ademáis de non respetar as rasantes a raíz dunha denuncia do BNG. Senón se denunciase ¿que pasaría? ¿que faría a xerencia de Urbanismo ante unha obra da que logo teñen que recoñecer que carece de licenza?Pero o máis curioso deste caso é que na xerencia sempre obviaron as rasantes da obra e xustificaban que nalgunhas vivendas se collía a rasante do terreo da parte traseira onde estan situados o antigo colexio obviando a rasante da carretera que pasa diante da entrada dos terreos. ¿esquecemento?¿omisión?¿neglixencia? Ata que a finais do 2007 a xerencia de Urbanismo decide segregar 4 das 12 vivendas para así que a promotora continue coas obras, esto fixose mediante unha modificación de licenza. A día de hoxe non se coñece que vai pasar cos chalés que continuan paralizados.

Logo de pasar varios procesos na xerencia de urbanismo e dos quebradeiros de cabeza que houbo para que as obras continuasen chegou o proxecto de urbanización dos exteriores no que dende a xerencia esixironlle que se fixesen aceras pero había alguén que se empeñaba que so levase asfalto e por iso para garantizar a construcción das aceras ordeouse mediante unha orde por rexistro.

Supostamente cando se descubriu a xogada do concelleiro de urbanismo , houbo quen montou en cólera e foi cando as relacións se volveron tensas. O pulso foi tan evidente que supostamente se produciron ameazas verbais e dende ahí a construccións das aceras foi a gota que colmou o vaso chegando a tal punto que aceras ou dimisión.

A realidade é que a día de hoxe as aceras seguen sin facerse e a obligación de facer as aceras esta rexistrada co número correspondente de entrada.

O máis normal é que si se urbaniza unha zona se dote dos servizos, e neste caso non se trata dunha vivenda aillada senón de 12 vivendas pegadas a unha carretera con moito transito e na que os veciños levan reclamando moito tempo que se construan aceras polo que facer uns metros de acera non supón un coste tan grande como para montar semellante discusión, xa que a promotora pouco investimento lle supón e a zona queda acondicionada. Xa sei que urbanizar os exteriores das cesión depende da catalogación dos terreos pero podendo facer as cousas ben dun principio e avanzar na urbanización dunha estrada debe ser unha boa noticia e un paso para acadar algo que se leva demandando hai moito tempo.

O máis cruel de todo isto é que como si se tratase dunha sesión de marionetas, as marionetas expoñense o público e sometese o veredicto deste, veredicto que se pode traducir nun aplaudo ou recibir os tomatazos pero ¿que responsabilidade ten o que manexa os fios na oscuridade?

lunes, 25 de enero de 2010

O galiñeiro anda revolto

Parece ser que molesta un pouco que se conte o que pasa no concello, por iso vou empezar dicindo que todo o que pase dentro da casa do concello é asunto de tódolos veciños de Sanxenxo, xa que o grupo de goberno esta alí polos votos dos veciños porque a maioría non está polos seus meritos xa que non pasaron un exame de acceso.

Unha vez dito esto e para completar o artigo de onte vamos a contar algo máis porque agora parece que as decisións se toman según o resultado dos combates que se producen, inda que os protagonistas destas leas non son precisamente boxeadores sinón máis ben un par de “gallitos”, no que algún gaña os combates non pola destreza dos seus movementos senón polo seus cacarexos e unido a que ten apoio dun galiñeiro con moito afán de protagonismo. E claro logo paseamos polo concello coas alas abertas e as plumas brillantes que como bo “gallináceo” pavonease dos seus éxitos efímeros aos seus seguidores mentras o xefe do clan sigue movendo os fíos xa que “a Grande” nada lle nega, nin nada lle pode negar.

O último combate produxose na última sustitución da alcaldesa, o pouco de nomear o alcalde en funcións cambiaronno. Pero a estas alturas quen vai creer que Angel non podía quedar como alcalde en funcións porque tiña pedido un par de días, si eso fose así a alcaldía tería coñecemento deste feito e nomearía o que estaba previsto como plan B, Salvador. Ou acaso nos queren dícir que se toman as decisión sin consultar cos implicados.

O pulso que se están botando cada día é máis evidente, non vai tardar moito en que a próxima pelea de capóns se produzca, ambos combatentes afilaran os seus espolóns e non quedara máis remedio que decidirse por un. As sentenzas xa están enriba da mesa, as veces hai que por terra por medio e ver como o contricante que se cree gañador vaise afundindo nas áreas movidizas que el mesmo se encargou de remenxer.

Non é nada fácil ver como un galo sin lexitimación do pobo vaise apoderando do teu galiñeiro e van prantando carballos pequechos, carballiños e teña que dar a súa opinión de cada paso que se da, ou mesmo que sin obter o seu visto bo se poida avanzar e por iso non é nada fácil ver como che cortan as tuas propias ás o que antes considerabas compañeiro. Por iso botalle plumas e cresta ao asunto, deixa de darlle voltas a cabeza e toma a decisión que mellor che conveña pola saúde da túa propia existencia.

MORALEXA: Cada galo debe gobernar o seu propio galiñeiro, senón mellor adicarse a outra cousa.

domingo, 24 de enero de 2010

O alcalde en funcións

Estes días na prensa podiamos ler a lea que se armou por quedar o segundo tenente alcalde como alcalde en funcións en vez do primer tenente de alcalde.

Pero esta lea non é casual xa que, a circular anunciando quen quedaba como alcalde en funcións é moi distinta da realidade.
A alcaldesa antes de marchar para Fitur manda unha circular informando que o alcalde en funcións vai ser Angel Casal, pero a sorpresa da maioria foi que mediante unha retificación pasaba a ser alcalde en funcións Salvador Durán.

E ¿por que comento todo isto?, pois moi sinxelo, cada vez a discrepancias son maiores e os nervos polo congreso e polas eleccións cada vez son máis evidentes, e os codazos parecen máis que evidentes.

Pero si tomar unha decisión como quen vai quedar como alcalde en funcións fai que se designe a un e as poucas horas se cambie ¿que outras medidas non se estaran tomando que perxudiquen os veciños?

Este 2010 vai ser moi polémico e a partir de febreiro vamos empezar a ter datos moi interesantes do entramado do concello, si o ano 2009 foi o ano das sentenzas o 2010 vai ser moi interesante.

jueves, 21 de enero de 2010

Ultima hora: morreu a toupa que tiña no concello.

Pois si, apareceu en Portonovo e os especialistas din que a súa orixe debe ser rusa. Como podedes ver no vídeo a toupa é negra e amarela, unha especia rara, pero eficiente no traballo po que foi enviada dende terras lonxanas.

Un día triste, D.E.P. seña toupa. Grazas polas informacións atopadas, e xa no concello poden deixar de buscar o topo que me ofrecia a información que tanto molestaba que se supera.




agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG




P.D: buscase nova toupa para exercer labouras de espionaxe no concello. Mandar CV ao mail deste blog.