Para saber o que acontece arredor noso. O que sucede en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, Nantes, Dorrón,Bordóns...
jueves, 31 de diciembre de 2009
miércoles, 30 de diciembre de 2009
Resumo do feito en 2009
Falta un día para rematar o 2009 e por iso vamos ver dos investimentos que tiñan previsto para este ano cales foron executados e cales non:
Parte dos investimentos corresponden a pagos de anualidades como son os items: 2,27,28, 34.
O plan director non se comenzou a executar e sobre o plan director falarei nuns días xa que merece un capitulo aparte.
E en resumo as obras que se fixeron foron case todas do plan E.
| 1 | Subvención Igrexa Noalla | Si |
| 2 | Casa Concello | Si |
| 3 | Interruptores diferenciais | Suponse que si |
| 4 | Plan Director | NON |
| 5 | Investimentos varios | Suponse que si |
| 6 | Gardería Revel | NON |
| 7 | Plan Director | NON |
| 8 | Estudo Xeotécnico gardería | NON |
| 9 | Centro sociocultural Revel | NON |
| 10 | Estudo Xeotécnico centro sociocultural | ¿? |
| 11 | Terrenos PEI 17 | ¿? |
| 12 | Liñas de baixa tensión e alumeado Carabuxeira | SI |
| 13 | Instalación alumeado público parroquia de Nantes | SI |
| 14 | Praza da Adina | SI |
| 15 | Plan Director | NON |
| 16 | Mellora de áreas infantis | SI |
| 17 | Plan Director abastecemento e saneamento | NON |
| 18 | Aportación concello plan director | ¿? |
| 19 | Colector de pluviais en Salgueira – Vilalonga | SI |
| 20 | Recollida de pluviais en Carabuxeira – Padriñan | SI |
| 21 | Colector Pluviais en Vilar – Vilalonga | SI |
| 22 | Contenedores soterrados | ¿? |
| 23 | 32nichos funerarios cemiterio de Dorrón | SI |
| 24 | Mellora edificio sociocultural Vilalonga | SI |
| 25 | Rehabilitación casa cultura Bordóns | SI |
| 26 | Cidade deportiva | NON |
| 27 | Campo fútbol Noalla | SI |
| 28 | Campo fútbol Vilalonga | SI |
| 29 | Reforma pavillón Baltar | SI |
| 30 | Arranxos pazo de Quintáns | NON |
| 31 | Pavimentación de vial en Contumil | SI |
| 32 | Pavimentación da rúa Coruña | SI |
| 33 | Reposición firme e servizos rúa Rosalía de Castro/Vigo | SI |
| 34 | Humanización Portonovo | SI |
| 35 | Plan Director | NON |
| 36 | Pavimentación vial en Piñeiros – Vilalonga | SI |
| 37 | Pavimentación vial en Gondar- Vilalonga | SI |
| 38 | Pavimentación vial en Dadín – Vilalonga | SI |
| 39 | Pavimentación vial en Seixal – Padriñan | SI |
| 40 | Ensanche de vial en Lagarei – Vilalonga | SI |
| 41 | Pavimentación vial en Sear – Bordoóns | SI |
| 42 | Limpeza cunetas Nantes | Suponse que si |
| 43 | Plan Director | NON |
| 44 | Pavimentación Catadoiro – Paxariña e outros | ¿? |
| 45 | Colector pluviais e pavimentación en Lagarei | SI |
| 46 | Auga e pavimentación en Dadín- Nantes | SI |
| 47 | Pavimentación viais en A Granxa – Dorrón | SI |
| 48 | Pavimentación viais en Costa e Magaláns – Dorrón | SI |
| 49 | Acondicionamento acceso núcleo Nantes | SI |
| 50 | Pavimentación e canalización servizos núcleo Bordóns | SI |
| 51 | Paso de peóns elevados | SI |
| 52 | Ensanche e pavimentación vial en Barreiro – Dorrón | SI |
| 53 | Saneamento e pavimentación en Miraflores | SI |
| 54 | Acondicionamento estrada as canteiras – igrexa – Noalla | SI |
| 55 | Servizos urbanos e pavimentación en Baltar – Adina | SI |
| 56 | Diferencia enlace vía rápida | SI |
| 57 | Mellora estrada Bordóns – Nanín | ¿? |
| 58 | Marquesiñas para bus | SI |
| 59 | Reforma mercado abastos Vilalonga | SI |
| 60 | Abastecemento de auga e pavimentación en Aldariz – Bordons | SI |
|
|
| |
Investimentos en Azul: Feitos polo Concello
Investimentos en Vermello: Plan E
Investimentos en Verde: outras administracións
Agora habera que esperar a ver a liquidación do 2009 para poder saber si aquelas partidas na que non se sabe o seu estado foron executadas ou non.
E si non chega a ver o Plan E ¿que se houbera feito neste concello?
martes, 29 de diciembre de 2009
Outro canto ao Sol

Seguimos a voltas coa casa de cultura de Dorrón xa que agora a alcaldesa sorprendenos co seguinte: " El Gobierno local estudia ubicar la nueva Casa de Cultura de Dorrón en una parcela de titularidad pública situada en el Suelo Urbanizable nº 1, entre los lugares de Os Cotos y A Granxa. Así lo aseguró la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González.
“Pensando na posibilidade de que os terreos adquiridos no entorno do CEIP Magaláns sexan necesarios na súa totalidade para a ampliación do colexio, barallamos a posibilidade de construír a Casa de Cultura neste emprazamento”, señaló la regidora, quien destacó que esta parcela cuenta con unos accesos “inmejorables”, una panorámica “espectacular” y una amplia zona de aparcamiento." Así o dixo na visita que fixo hoxe a maña o SU1 como se pode ver na foto sacada da web do concello.
Unha vez queda demostrada a incapacidade e a improvisación deste goberno, xa que estes días Tino dícia que se ia facer xunto o colexio de Magaláns, nos terreos que sobrasen da ampliación do colexio e agora resulta que o mellor non sobran terreos e a facemos na Granxa e agora Catalina di que mellor no SU1.
O seguinte é saber a opinión dos veciños xa que habera zonas que queden un pouco alonxadas, dando a sensación de que se alonxan os servizos en vez de acercalos como poden ser Rexenxo, Freixeiro, Recarei, Barreiro, Outeiro ... e sin poder obviar que habera quen pense que se fai a casa de cultura nunha zona residencial de segunda vivenda, porque cos precios que se baraxan non creo que moitos veciños de Dorrón poidan mercar ali, e por moi espectaculares que sexan as vistas, o que esta claro e que aparcamento vai a ver de sobra no inverno, neso ten razón a alcaldesa, outra cousa sera no verán.
Este non vai ser o último capítulo a escribir sobre esta casa xa que se vai facer cos fondos ZP e para eso so hai un ano: recepcionar os terreos municipais, facer o proxecto, facer a obra, ... seguiremos agardando.
sábado, 26 de diciembre de 2009
Dorrón recibe o seu agasallo
Hai uns días Tino anunciaba a bombo e a platillo que " un estudo encargado pola Xunta De Galicia a unha empresa especializada e independente descarta que as condicións do pavimento sexan as causantes da siniestralidade da PO-308" entón agora agardan a que a xefatura de tráfico diga as posibles causas. Para logo vir Salvador anunciando que se van a tomar medidas nunha próxima reunión pero o que non contan é que xa é casualidade que proteccion civil, tráfico e unha brigada da Xunta estiveran limpando o asfalto e un dos motivos é porque o asfalto esta esbaradizo. Entón que me expliquen si o asfalto ¿ten que ver ou non?
Todos pasamos por esa carretera moitas veces e coñecemos como esta a curva dende o que esta "peraltada ao reves" ata os regos de auga que a cruzan cando chove ou o estado do asfalto.
Pero o que se olvidaron de contarnos foi que o día 22 a aa. vv. de Dorrón tivo a visita de Touris durante hora e media, ah claro, como ian sabelo se ningún do grupo municipal estaba convidado. Antes cando viña alguén do goberno a calquer evento era acompañado por alguén do goberno pero agora ven o superdelegado e non vai ninguén, vamos agora puntease o concello e a alcaldesa descaradamente, si primeiro foi CODESEVI agora son os de Dorrón. E para iso que a alcaldesa e o superdelegado son do mesmo partido. E agora xa non é a culpa do Bipartito, acabaronse as excusas.
A consecuencia de todo isto é que dende o concello se apuran a adiantar as conclusións dun estudo para non revelar nada nin que os veciños vexan solución a un tema tan grave como son os numerosos accidentes que se producen nese treito.
Eso si, deixan claro que por velocidade non é xa que dende o concello se encargan de ter o radar a miúdo ¿seguridade ou recaudación? Oxala que os "Reis " se porten mellor e as solucións sexan reais e non simples deduccións para encher un trozo dos xornais.
jueves, 24 de diciembre de 2009
Sanxenxo en Nadal
Felicitar especialmente ao meu equipo gráfico de humor iGa e ñeZ por sacarnos un sorriso coas suas viñetas. Dar as gracias aos que cos seus comentarios e correos dan a coñecer o que pasa en Sanxenxo e outro punto de vista.
E como non aos medios cos que este blog colabora. E a tódolos lectores do blog desexarvos unhas BOAS FESTAS
miércoles, 23 de diciembre de 2009
GC anticorrupión
Para abrir esta sección faise un pequeno resumo do acontecido en Monte Faro e a devolución dos cartos solicitada polas promotoras dos SU 13 e SU 14.
Para ler máis preme aqui.....
A visita de Touris
a) Si a na Xunta goberna o PP e no concello goberna o PP ¿porque ten que mediar o delegado? acaso deixan ver que Catalina non conta co suficiente peso na Xunta para ese papel.
b) Que CODESEVI non confia en Catalina e por iso recurren a axuda de Tourís para desbloquear os proxectos de Vilalonga.
Pero hai que dicir que CODESEVI se atopa nestes momentos a expensas de continuar ou desaparecer, todo depende o que pase na asamblea do día 15 xa que a anterior asamblea para a elección da nova directiva resultou ser un fracaso.
c) Revel: "Cores Tourís explicó a los vecinos que se trata de obras dependientes del “impulso local” aunque les indicó que estará abierto a “apoiar aqueles conovenios que o Concello propoña ante as Consellerías”." é dicir, que ata Touris di que si a alcaldesa non se move o Revel seguira igual, e agora xa non é culpa do bipartiro senón do "impulso local".
d) Subestación: "“Mostrouse totalmente de acordo con Codesevi, ainda que recoñeceu que a tarea entraña dificultades, xa que hai que negociar con Fenosa, que non é moi receptiva a estas cousas a non ser que os costes os asuma a administación pública”." Aquí non se aclaran nin entre eles, o secretarío de Industria di que o lugar é o ideoneo e o resto ante os veciños din que hai que trasladala. Pero dame que lle teñen medo a Fenosa xa que din que negociar é moi duro, pois máis duro é ver o recibo a fin de mes e non ter o suministro axeitado.
En conclusión, CODESEVI recurre a Tourís porque xa non confia en Catalina, agora os veciños saltanse a administración local gobernada polo PP porque saben que as peticións e as promesas caen en saco roto.
E de paso, Tourís tamén se pudo pasar por Dorrón e darlle unha solución ao tramo da estrada de Areas aos Cotos, pudo pasar pola Lanzada en dirección Portonovo e darse conta da necesidade de seguridade vial que ten ese tramo pero tamén pudo pasarse polo polígono e comprobar como a maleza o esta invadindo.
A partir de agora si un colectivo quere solucións mellor ir a xunto o Super-Delegado, outra cousa é que sexa bo mediador.