jueves, 29 de octubre de 2009

As pagas

Hai moito tempo que sigo un blog chamado "Desvelando as mentiras de Feijoo" que do que puxen un enlace hai tempo.
Pois ben hoxe quero facer especial mención a un artigo que hai escrito e que me parece moi interesante do cal vos poño un extracto e para leelo enteiro premede no seguinte enlace:

O BAILE DA YENKA DE FEIJOO COS PENSIONISTAS:

"Izquierda, izquierda,

Derecha, derecha,

Adelante atrás

Un, dos, tres!"

A canción de verán do ano 1965 é a mellor metáfora da improvisación, a lixeireza e a demagoxia electoralista de Feijóo, demostrada máis unha vez, agora con estrépito, con motivo do famoso complemento autonómico de 200 euros anuais ás pensións non contributivas (máis de 50.000 perceptores): unha das medidas estrela da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar do Bipartito.

Tras anunciarse o pasado domingo a supresión orzamentaria do devandito complemento (que ascendía apenas a 10 millóns de euros; unha terceira parte do que se leva gastado no Plan Remóvete de axudas á adquisición de coches), e diante da falta de argumentos minimamente sólidos que a defenderan (Ruiz Rivas mesmo currouse un "eólico", ou sexa, dixo que a cousa era "ilegal"), o martes pola tarde Feijóo reúnese con Beatriz Mato, e supoñemos que coa Conselleira de Facenda, e acaba anunciando no Pleno do Parlamento de onte que...o complemento non se suprimiu, preme aqui para seguir lendo...

Primeiro suprimen, logo non, primeiro é ilegal agora xa non, que se vaian aclarando.

O que xa sabiamos

Vou analizar a noticia aparecida hoxe no Diario de Arousa que fala da reunión de CODESEVI coa alcaldesa:

  1. "La directiva de Codesevi no logró arrancar ni un sólo compromiso inversor a la regidora de Sanxenxo, que se limitó a decirles que dedicará 800.000 euros ­de los 1.200.000 que recibirá de la Diputación ­ a la urbanización de O Revel." hai que recordar que este 1.200.000 entra dentro dun plan bianual e que como xa comentamos no seu día partes destes cartos son a conta da débeda que o concello ten coa diputación que esta cifrada nuns 765.714 euros como se pode ler na noticia da Voz . Vamos que esperen sentados polos 800.000 euros, a min as contas non me dan.
  2. "Sin embargo logró la complicidad de Codesevi para buscar recursos económicos en otras administraciones. Así, la de la Diputación será la primera puerta que tocarán en busca de fondos para que alguno de los proyectos salga adelante." sempre se dixo que o problema era un problema de cartos, e iso sabiase antes do famoso ISA, agora topamonos con que a adxudicataria dou en suspensión de pagos pero a día de hoxe que eu teña coñecementos non se fixo nada o respeto, non se anulou esa adxudicación nin nada polo estilo.
  3. "“Pero a alcaldesa asegurou que o informe ISA está xa resolto”, con lo que la conclusión de la obra depende exclusivamente de la consecución de presupuesto." Si xa esta resolto como non sacaron nota de prensa.
  4. "referente a los 16.000 metros cuadrados para equipamiento reflejados en el PXOM en O Revel. Catalina González reconoció que el Concello compró 11.000 metros y que los 5.000 restantes están todavía en fase de negociación con los propietarios. “Pero dixo que hai unha finca no medio que non lle é fácil de adquirir e que igual xa o descartan. De todos modos asegurounos que hai terreno suficiente para facer o colexio”, " dende este blog sempre mantiven que faltaban terreos para tanto equipamento previsto pois estaban diseñados para 75.000m2 e inicialmente so había 55.000m2 aprox. Recordemos a reunión que mantiveron cos donos deses terreos onde despois de ofrecerlles a 50€/m2 os donos reclamaban o mesmo valor que Punta Vicaño que foi comprado por esas datas.
  5. "Para el inicio de la guardería no ofreció fecha y del colegio se limitó a decir, según los directivos de Codesevi, que la partida de 100.000 euros permitirán empezar con la redacción del proyecto." aqui teño que darlle a razón pois esa partida so chega para un proxecto, de ahí a que se construa pasara moito tempo.
O tempo é sabio e con el veremos a realidade.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Ultima hora

Esta maña tivo lugar unha rolda de prensa no concello de Sanxenxo, según un correo que me enviaron comentanme o seguinte:

Que na Xerencia de Urbanismo se produciron supostamente os seguintes cambios no organigrama:

* Despido do actual Arquitecto Municipal

* Cese do xerente, o cal volve a ocupar a súa praza de Arquitecto Municipal

* O novo xerente de urbanismo pasa a ser o actual coordinador da xerencia, o avogado J. Lorenzo Ramírez, supostamente o fillo do alcalde de Mondariz-Balneario, contratado como coordinador dende octubre do 2008.

Tan pronto teña máis datos do sucedido nesa rolda de prensa os irei publicando e grazas a persoa que me fixo chegar os datos.


ACTUALIZACION:

Alegan estes cambios a crise económica.

Según din tamén se produce o cesamento do xerente de Insula e dos dous empregados, esta empresa vai quedar supostamente integrada no organigrama da Xerencia de Urbanismo.

ACTUALIZACION 29/10:

Vouvos deixar os enlaces da noticia dos distintos xornais asi como tamén o video da noticia que onte a tarde se pudo ver en Telesalnés.

Información TeleSalnés: preme aqui

A Voz de Galicia: preme aqui

Diario de Pontevedra: preme aqui


sábado, 24 de octubre de 2009

Nós parimos, nós decidimos

Ante todo vou comenzar dicindo que son muller e polo tanto sei o que iso implica, implicou e implicará. Nestes anos conseguiuse avanzar nunha sociedade cualificada como machista pero inda que quedan moitas cousas por facer e dereitos por acadar, e por iso ver manifestacións como as do 17, non pode máis que deixarme perplexa. Refírome á manifestación contra a reforma da Lei do aborto.
Xa nesta sociedade ser muller non che é fácil como para que agora veñan uns iluminados a recortarnos o dereito de elección, o dereito a elexir sobre o noso corpo. Pero o máis curioso é logo ver a moitos que se opeñen a esta reforma levar as fillas a Londres ou Portugal a abortar porque eles se o poden permitir mentres que a outras só lles queda a opción de verse desangrar enriba dun catre. Ou ver como asisten un domingo á misa os avós, pais e netos todos en familia pero cando chega a noite non hai diferenzas todos somos humanos e todos pecamos ou gozamos dos placeres do mesmo xeito sen diferenza de clases só que algunhas terán os medios para correxir e outras estarán sinaladas como asasinas por non se poder ir a onde non a coñezan.

Para seguir lendo preme aqui ......

viernes, 23 de octubre de 2009

A limosna

Xa sabemos o que nos toca nos orzamentos de Xunta para Sanxenxo, tres partidas orzamentarias, unha das cales é un insulto o sistema educativo do noso concello.

100.000 euros para o colexio de Vilalonga e para a ampliación do de Dorrón 0€. Que dende o concello non fan caso das mocións que outros grupos presentan e que eles mesmos aproban xa non é nada novo, aprobannas por unanimidade cara a galería non se vaian encolerizar os pais e agora a baixada de pantalóns ante a Xunta xa é de risa.

En agosto o xefe territorial de Educación da Xunta en visita a Sanxenxo sucedía o seguinte:
“César Augusto Pérez dejaba así sin efecto un protocolo de colaboración firmado por la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, con la anterior titular del departamento autonómico. El acuerdo establecía que el coste del nuevo centro escolar, así como la ampliación del de Dorrón, se sufragaría entre ambas administraciones a partes iguales.
En este sentido, las buenas noticias recibidas ayer por la regidora y la concejala de Educación, Paz Lago, no acabaron ahí. El jefe territorial de Educación afirmó que pronto se desbloquearán los trámites para autorizar el inicio de las obras del nuevo centro de Vilalonga, que se levantará en una parcela de O Revel, cerca del nuevo ambulatorio, así como la ampliación de Dorrón. ” (A voz de Galicia)

Primeiro anulan un convenio do que xa estaba pactada a financiación e que incluia os dous colexios pero como estaba firmado co bipartito pois mellor anulalo non vai ser que si continuan nesa liña acabanselles os argumentos para arremeter contra a Xunta anterior. Pero claro agora so temos unha partida para o de Vilalonga e ¿o de Dorrón que?

¿Seguiran a alcadesa e Paz igual de contentas?, segurisimo que si, diran que estan encantadas de que a Xunta inclua o colexio de Vilalonga, claro pero non diran que eses cartos dan para o proxecto e que ainda non puxeron os terreos a disposición da Consellería de Educación. Agora non lles queda outra que estar caladas, unha escudase no Senado e a outra deixando a Salvador de sustituto. Claro que hai un dito que di “O que cala, otorga”

Pero tamén me sorprende a Anpa do Ceip de Vilalonga que cando estaba o bipartito ben que reclamaban o cole novo, o plan madruga e agora non se lles escoita. Cando sabían que podian conseguir cousas reclamaban e agora agardan sentados e sin inmutarse a que o conselleiro teña a ben presentarse por Sanxenxo, e claro, mellor calados non vaian ferir sensibilidades. Pero non se dan conta que o mal é para os nenos non para o que goberna, como pais deben esixir o mellor para os seu fillos. Pola contra sei que a Anpa de Dorrón si se pensa movilizarse e vai sendo hora de que o fagan, que reclamen o que lles levan anos prometendo pero sempre se olvidan deles.

Por eso mesmo señores directivos das Anpas deixense de cores políticas e reclamen o necesario para os seus fillos, non se conformen coas migallas e fagan prevalecer os seus dereitos. E si a señorita concellala de Educación se cabrea ten que saber que o seu traballo é velar polos nenos do concello e non me vale que agora un veña dicindo que xa non cobra polo concello pois ata abril deste ano cobrou algo máis de 15.000 euros que así o reflicte os orzamentos do concello, si 15.000 euros por 4 meses para logo pasar a cobrar do Senado que pagan máis.
Fagan que se pronuncien o respeto, que se deixen de estar caladas e sinón non vaian firmando convenios que logo non pensan cumprir e os firman para que os pais dos nenos non protesten e conservar os votos.

Recordolles que os nenos son o futuro, si non os dotamos das infraestructuras necesarias e os criamos escoitando seguido promesas que nunca se cumplen que futuro lles estamos preprando.

martes, 20 de octubre de 2009

DORRÓN EXISTE, como Teruel

Hoxe vou colgar a información e as fotos que me chegaron por mail, grazas a persoa que más fixo chegar e copio literalmente o que se me relata en dito mail:

As primeiras fotos son do pasado sábado pola mañan e as últimas de hoxe pola tarde. Pódese ver o chan seco e mollado para que non digan que son do mismo día.
concellal de servicios = 3 mil e pico de euros ao mes.
concellal de dorrón = 3 mil e pico de euros ao mes.
concellal 1 + concellal 2= +- 7000 euros ao mes.
¡¡¡¡ E A BASURA DE DORRÓN E ALREDEDORES CATRO DÍAS SEN RECOLLER !!!!!!
que deixen de roubarlle ao pueblo ou é que DORRÓN NON EXISTE.

Fotos do sabado 17/10/09













A verdade é que unha vez vistas as fotos dos dous días podese comprobar que as papeleiras non foron vaciadas, claro pero logo subennos a basura aos veciños do rural e daselle o contrato de recollida de papeleras a URBASER sin haber salido ese contrato a concurso pùblico. Que máis da que o rural estea así, deben pensar que como a zona turística solo é Silgar o resto xa da igual que pasen algúns días en estado penoso.


Fotos do martes 20/10/09












E hai que lembrarlles o que nos custa este servizo:

- Servizo de mantemento, limpeza e baldeirado de papeleiras: 66.605,13 euros (outubro a xuño) e 42.783,51 euros (xullo, agosto e setembro).

Vai sendo hora de que si pagas se esixa, pero aqui non, agardo que cando volva pasar por esa zona se atope algo máis limpa.

Fotos do 22/10/09: as cousas seguen igual.