lunes, 29 de junio de 2009

Orzamentos 2009. Capitulo I: subvencións: III

Hoxe tocalle o turno os equipos que o concello patrocina:



FICHA DE ESTIMACION PRESUPOSTARIA PARA 2009
PATROCINIO OS CLUBS DEPORTIVOS FEDERADOS

CONTIA
CLUB OU ENTIDADE 2009


A Lanzada Surf Club 2.145,00
A. X. Saraiba do Mar 1.566,00
C.C.D. Sanxenxo 4.939,00
C. Piragüismo Portonovo 2.500,00
Club Baloncesto Baltar 3.823,00
Club Natación Sanxenxo 1.335,00
Club Xuventude Sanxenxo 5.050,00
Dorron CF 2.863,00
Hnos Barbeito F.S. 12.500,00
Libertad Sporting Club 2.774,00
Noalla SD 7.636,00
Pc Salvamento Sanxenxo 6.225,00
Portonovo Futbol Sala 2.684,00
Portonovo SD 8.974,00
Sporting Club Portonovo 2.010,00
Vilalonga CF 5.171,00


TOTAL 72.195,00


Non teño claro que criterio se sigue para conceder ditas subvencións, pois o desfase entre uns clubes e outros dentro da mesma categoría é enorme.

sábado, 27 de junio de 2009

Orzamentos 2009. Capitulo I: subvencións II

Hoxe tocalle o turno as subvencións dadas a entidades relacionados co deporte.

FICHA DE ESTIMACION PRESUPOSTARIA PARA 2009
AXUDAS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS E XUVENIS

CONTIA CONTIA APROX
CLUB OU ENTIDADE 2008 2009
A.D. Val do Salnes 200,00 300,00
A. X. Os Raposos 900,00 900,00
A. X. Saraiba do Mar 250,00 300,00
Baloncesto Portonovo 400,00 0,00
C.C.D. Sanxenxo 17.400,00 17.400,00
C.C.D. Vilalonga 500,00 500,00
C. Piragüismo Portonovo 4.600,00 5.000,00
C. Policia Local Sanxenxo 250,00 250,00
C. Xuventude Sanxenxo 300,00 300,00
Club Ciclista Corbelo
400,00
Comisión Festas Vilalonga 500,00 500,00
Comisión Pro-mostra Cans 500,00 500,00
E. Congostra Team 600,00 600,00
Moto Club A. Moto 300,00 300,00
Pc Salvamento Sanxenxo 1.500,00 1.500,00
Portonovo S.D. 300,00 800,00
Real C. Naútico Sanxenxo 2.500,00 2.500,00
Sociedade de Caza A Lanzada 400,00 400,00
Veteranos P. Nieves 600,00 0,00
Veteranos Portonovo 150,00

Veteranos Sanxenxo 150,00

Veteranos Vilalonga 150,00

Deportistas Individuais 3.500,00 3.500,00




TOTAL 35.950,00 35.950,00




Faltan as de patrocionio os clubes que quedan para outro capítulo.

viernes, 26 de junio de 2009

Orzamentos 2009. Capitulo I: subvencións

A partir de hoxe irei colgando o orzamento do 2009 no blog, o primer capítulo que tiña pensado colgar era salarios e Nauta xa que eran os temas da semana, pero creo que empezarei polo Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo.



Esta información vouna dividir en dous apartados o orzamento desta entidade e as subvencións que esta entidade da a diversos colectivo e que se poden consultar no taboleiro do Pazo Emilia Pardo Bazan.





SUBVENCIONS POR ACTIVIDADES CULTURAIS 2008-2009

ANO 2008 ANO 2009 ANO 2009
NOME DA ASOCIACIÓN POST-PAGABLE PRE-PAGABLE CONVENIO
Circulo Cultural e Deportivo Sanxenxo 1.000,00 1.000,00
Asoc. Amigos da Dorna 750,00 750,00
Coro Club de Pensionistas de Sanxenxo 400,00 400,00
Asoc. Cultural Lembranzas 800,00 800,00
Asoc. Veciños de Dorrón 900,00 900,00
Asoc. Club de Xubilados de Nantes 750,00 750,00
Asoc. Xubilados de Noalla 600,00 600,00
Asoc. Comisión de Festas Carme de Noalla 7.500,00 7.500,00 4.640,00
Asoc. Cultural Airiños da Lanzada 950,00 950,00
Asoc. MM.RR. Santa Catalina 600,00 600,00
Coro Parroquial S. Xines de Padriñan 900,00 900,00
Asoc. Comisión de Festas de Nantes 2.600,00 2.600,00
Asoc. Cultural Abiñadoira 1.500,00 1.500,00 1.000,00
Coral Polifónica Sta María Adina 885,00 885,00
Asoc. Cultural S. Juan e Sta Ana de O Santo 1.200,00
1.800,00
Coro Parroquial San Estevan de Noalla 600,00 600,00
Comisión de Festas de Vilalonga 13.000,00
13.000,00
Asoc. MM.RR. A Candelaria 750,00 750,00
Asoc. Veciños de San Cristobal 900,00 900,00
Asoc. Veciños San Miguel de Adina 900,00 900,00
Asoc. Folclorica Os Gatiños 850,00 850,00
Asoc. Veciños A Capilla de Gondar 600,00 600,00
Asoc. Cultural San Pedro de Bordóns

1.856,00
Asoc. Avante 1.500,00 1.500,00
Asoc. Cultural Artisitica de Dorrón 800,00 800,00
Asoc. Grupo de Teatro O Tarabelo 1.500,00 1.500,00
Asoc. Cultural San Cayetano de Arra

5.220,00
Asoc. Cultural Comisión de Festas de Adina

2.100,00
Asoc. Cultural Festa da Xiba

5.000,00
Asoc. Comisión de Festas de Dorrón

3.000,00
Asoc. Comisión de Festas San Cristobal

18.000,00
Asoc. Cultural e Folclórica Os Cruceiros 900,00 900,00 2.088,00
Centro Cultural de Nantes 600,00 600,00
Asoc. Comisión de Festas de Gondar 1.300,00 1.300,00
Asoc. Xuvenil e Cultural Os Raposos 3.300,00
3.300,00
Asoc. Teatro do Mar 900,00 900,00
Asoc. Club de Xubilados de Portonovo 750,00 750,00
Asoc. Veciños O Salnés 900,00 900,00
Asoc. MM.RR. Emilia Pardo Bazán 650,00 650,00
Asoc. Centro Cultural e Deport. De Vilalonga 900,00 900,00
TOTAL 52.935,00 35.435,00 61.004,00

Estas son as culturais, maña colgarei as deportivas.
Como podesdes observar as cantidades que aparecen como no 2008 foron embolsadas as asociacións no 2009. E logo aparecen os convenios con algunhas asociacións para este ano 2009.

De 52.935 € que tiñan aprobados para as subvencións do 2008 resulta que o final podemos ver que pagaron 35.435 euros deses 52.935 correspondentes ao 2008 e logo a máis negociaron convenios con algunhas asociacións un importe total de 61.004 euros.

A diferencia esta en que algunhas asociacións non cobraron o do 2008 pero negociaron un convenio para este ano sabendo que así co que poden contar, e outras inda estan esperando a que resolvan canto lle van a subvencionar.

As preguntas son: ¿as subvencións danse por número de actividades? ¿por actividade das asociacións? ¿por cultura? ¿por nº de usuarios deses actos?

jueves, 25 de junio de 2009

O botellón de Montalvo


“Sanxenxo intentó impedir sin éxito un botellón de 6.000 personas en Montalvo” pero o titular correcto sería "Sanxenxo impide unha festa pero deixa que se forme un macrobotellon"

Onte a noite, noite de fogueiras na praia, fogueiras que por certo nas praias non se poden facer porque se emporcalla todo, en Montalvo formouse un macrobotellón en toda regra.

O tema era que uns DJ´s querían facer unha festa e como non había permiso vai a poli local e impide que se faga pero claro so prohibiron instalar unha carpa pero non disolveron a xente co cal ali formouse un macrobotellon.

Pero en Sanxenxo hai unha normativa anti-botellón, si de 5000 asistentes so puxeron unha decena de denuncias sobre protección da seguridade cidadá ¿onde quedaron as famosas identificacións anti-botellón?, ah claro o non tratarse de Silgar non pasa nada.

A festa durou ata as 8 da maña pois mira que tiñan tempiño dabondo para identificar, disolver e exisir o cumprimento da lei, pero claro onde vai a decena de poli locais que seguro que mandaron que dende as 8 da noite permitiron a concentración de xente, porque digo eu que baixar con bolsas de bebidas alcohólicas para a praia non seria para decorar a praia senón para consumir.

E si deixaron consumir os 100 primeiros claro que logo deberían deixar os restantes 4900.

Si pasa esto en Silgar chaman os antidisturbios e os geos para que disolvan o grupo, veñen os bombeiros e ata se fai falta o concelleiro de Seguridade Cidade ponse a confiscar a bebida, pero Montalvo é as aforas, e claro pensarían os rapaces mellor hai que polas rúas de
Portonovo, total queda as aforas.

Unha vez queda demostrado máis que hai zonas de primeira e zonas de segunda, zonas nas que a seguridade non falla e zonas nas que se pasan un pouco máis por alto as normativas.

Simplemente PATETICO, so podo dicir que todo isto paréceme PATETICO. Fan as normativas e logo non son capaces de levalas a cabo máis alo do quilómetro e pouco de Silgar e do Porto Deportivo.

domingo, 21 de junio de 2009

San Xoan

O día 23 son as fogueiras de San Xoan e para elo precisase sacar un permiso para facer a fogueira e que así estean todas localizadas por si pasa algo.
Na oficina de medioambiente en Vilalonga non os tramitan, para pedilo dinche que tes que ir a Policía Local, claro é que nesa oficina non teñen policía local medioambiental asociada, non sei que fai alí o coche aparcado tódalas mañas pero bueno, si hai que ir a local pois vaise, non van quedar os cativos sen fogueira e menos sen sardiñas e churrasco.
A miña sorpresa foi que o solicitar o permiso atópome con isto que hai que debuxar un plano de situación e cubrir un formulario en perfecto español. NON TEÑEN AS SOLICITUDES EN GALEGO a pesares de que a lei os obriga a telos nos dous idiomas, pois ambas linguas son oficiais.
Estranar non me estrana vendo todo o que esta ocorrendo coa famosa enquisa sobre o galego, para anular un decreto que eles mesmos aprobaron, e pregúntome eu si lle poño o nome de onde eu vivo en galego ¿saberán chegar? Porque a verdade e que me nego a traducir o nome de onde eu vivo tan soio porque queren todo en castelán.
Por iso lle recordo ao concello e a policía local que o seu deber é ter esa instancia tamén en galego, así que vaian tomando nota.

jueves, 18 de junio de 2009

Outra cafrada máis


¿Sabedes que obra vai custar 191.371,29€ sen IVE? Pois nada menos que os arranxos do aparcadoiro do porto de Sanxenxo.
Unhas reparacións dunha obra que foi inaugura en novembro do 2005 e que xa empeza a pedir reparacións.
O porto deportivo foi construído por Sercoysa e agora 4 anos despois necesita arranxos que vai custear o concello a través da sociedade Nauta Sanxenxo SL pero o que me parece máis grave é que se pague por algo que esta dentro do prazo da Garantía de Obra ou ¿acaso eximiron a esta empresa de dita garantía? Porque senón a única explicación é que o grupo de goberno non ten capacidade para esixir dita Garantía.
Pois con tanto viaxe a Santiago a alcaldes ben lle podería pedir ao Conselleiro Hernández que lle solventase o problema pois mellor conexión entre Sercoysa e concello creo que non a vai atopar. Claro que así volve deixar patente a sua falta de capacidade para xestionar os recursos do concello como para facer valer as garantías e os dereitos que ten o concello.

Pero para colmo inda queda o seguinte: “4.1.- O prazo de execución das obras será o que resulte da oferta do adxudicatario, sen que en ningún caso poida exceder de tres meses (3).
4.2.- O prazo de execución das obras contarase a partir do día seguinte á data de
formalización da acta de comprobación de replanteo, feito éste que se producirá dentro
dos dez días naturais seguintes ao de formalización do contrato administrativo.” é dicir que as obras comezaran en tempada alta de turistas, claro como xa hai tantas prazas de aparcadoiro non hai problema en anular algunhas para poñer os andamios e demais apeiros de traballo. Non pasa nada, así os turistas poderán ver que en Sanxenxo mellóranse os servizos, claro o que non saben é en que condicións.
Xa me gustaría saber a min si os 4 anos de ter os seus fogares o grupo de goberno e teñen problemas de obra estarían dispostos a pagar os amaños do seu bolsillo ou ben chamarían o construtor para que llos amañase a través da garantía, pero claro neste caso os cartos saldrían dos seus petos e hai doe pero no caso do aparcadoiro como son cartos de tódolos veciños pois pagan os desperfectos e así poden vender que grazas a súa xestión o aparcadoiro volve locer unha cara como a do primer día que se usou.
E Intervención ¿que di?

miércoles, 17 de junio de 2009

A precariedade e a axuda de Meaño

Hoxe tiveron lugar as entrevistas das persoas que foron seleccionadas para acceder a entrevista para optar a un dos 40 postos ofertados para a limpeza de praias. As probas tiveron lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán, as preguntas que lle facían eran relativas a onde habían traballo antes outros o entrar so lle debía dar tempo a dicir ola e pouco máis pois non che tardaban nadiña en saír, e que claro malo seria que algúns dos 6 que conformaban as veces os tribunal de selección non os coñecera.

Pero ata aquí sería o normal neste tipo de procesos, pero unha vez que os seleccionen para eses postos han de saber que o soldo a percibir rolda os 400 € mensuais.

Claro que logo sae na prensa Salvador a dicir que o concello percibira 288.782,24 € para contratar a 15 peóns por 4 meses (100.818€); 12 persoas para o grumir: 3 capataces e 9 peóns durante 6 meses e medio (134.241,89€) e 15 socorristas durante 3 meses (72.525,15€) dentro do plan de Cooperación, plan no cal si vai haber un salario digno.

Pero logo atopámonos coa circunstancia que vai haber persoas contratadas para o mesmo servizo cunha diferencia salarial importante, porque aos 15 socorristas de dito plan sumaránselle os 59 que contrata o concello. ¿traballadores de primeira e de segunda?

Inda de que nos imos a estranar si agora ten que ir o alcalde de Meaño a solicitarlle a Hernández a depuradora para o polígono de Sanxenxo, xa sei que moitos diran que é porque Meaño ten previsto facer un polígono a continuación do de Sanxenxo, pero a realidade é que a depuradora mancomunada de Meaño non ten capacidade para os verquidos do polígono e o polígono precisa unha Edar para a sua posta en funcionamento ou ¿quererán usar o rio da Chanca como aliviadoiro?.

Sera que tanto paseo a Santiago da señora Alcaldesa, agora que aprendeu o camiño, se lle esqueceu pedir esto ou o mellor tiña pensado ir para a semana a consellería outra vez e darse unha volta pola capital.

Si o final terán que vir os alcaldes da comarca a recordarlle a alcaldesa as necesidades de Sanxenxo, debe ser que non se lle repiten a míudo.