sábado, 30 de mayo de 2009

Virus orzamentario

A alarma social sobre a gripe porcina parece que se vai calmando pero en Sanxenxo temos outra clase de virus, e non precisamente o virus A, senón un virus orzamentario. Virus que se instalou no concello de Sanxenxo hai cousa de 3 anos, inda que cada ano que o grupo de goberno nos avisa da súa presenza sobre estas datas a súa afectación cada vez é menor. Sorprendeunos cun nivel de 114 millón de euros hai 3 anos para agora pasar a ser menos da metade.
En termos médicos estariamos ante unha boa nova xa que o virus perde forza pero en económicos queda comprobado que este virus cada ano coxea máis e a única vacina contra el pasa por un cambio da persoa encargada de controlalo, así como das persoas que creen que o virus cada ano que o fan son do mellorciño. Atopámonos neste orzamento con que as poucas inversións que aparecen escritas son as mesmas que hai 3 anos, iso si, quitando moitas que seguen sen executar e seguirán así mentres este equipo nos goberne.

Din que van pedir créditos para facer as obras (serán os mesmos créditos que pediron anos anteriores), e logo tendo en conta a crise que vivimos e que os bancos cada día poñen máis trabas e a débeda do concello aumenta, esas obras non serán empezadas este ano. Señores do goberno que estamos en maio e inda non moveron un dedo..... (preme aquí para ler o resto do artigo do Aturuxo)

jueves, 28 de mayo de 2009

Os delitos da Igrexa.

Sei que moitos estades esperando que colgue as cifras do orzamento deste ano, e non me estraña porque polo que sei dan para moito debido o pouco realismo e credibilidade que teñen. Pero iso vouno deixar para a semana pois debido a unha viaxe inda me estou poñendo o día dos últimos acontecementos.

Pero hoxe quero falar da Igrexa, ese empresa mercantil que tantos cartos xenera a conta dos incrédulos, so hai que visitar o Vaticano, e que tantas aberracións, delitos, xenocidios, crimes,.., esconden detrás de hábitos e do nome de Cristo. Cristo que si levantase a cabeza e tivese que ler declaración como a seguinte:

“El cardenal Cañizares insinúa que es peor abortar que abusar sexualmente de un niño” e para volver a pedir que o crucifiquen de novo.

“El cardeal prefecto de la Congregación por el Culto Divino y la Disciplina de los Sacramentos, Antonio Cañizares, considero que "no es comparable" el caso de los abusos a menores en escuelas católicas irlandesas entre los años 1950 y 1980 con el aborto, porque el primero afecta a "unos cuantos colegios" y el segundo supone que "más de 40 millones de seres humanos se han destruido legalmente".

Sin embargo, sobre lo sucedido en Irlanda, dijo que estas conductas son "totalmente condenables" y hay que pedir perdón.” (20minutos.es)

Xustificar os abusos sexuais infantís xa é o último que me podia esperar deste grupo e pensar que con pedir perdón xa esta ¿e o dano causado a eses nenos? Claro é máis delito abortar cando inda é un embrión, non un ser humano, é un conxunto de células.

Estes señores deberían preocuparse máis por mirar a quen teñen disfrazados de curas, baixo sotanas que non lle dan dereito a ter impunidade legal e moito menos deixarse de proclamarse defensores das boas costumes porque exemplos temos moitos.

Paréceme unha barbaridade comparar un suceso co outro, so faltaría que calquera día un pederasta diga que hai que perdoalo como se fai cos curas pederastas porque el non abortou. Señor cardeal deixe decidir as mulleres libremente e non teñan dobre moral, vostedes son os maiores encubridores de delitos hoxe en día, vostedes son dos que din fai o que lle digo pero non fagas o que eu fago. Vai sendo hora de que a xustiza os vaia condeando por cada crime e delito que se comete porque a excusa de que se fai en nome de Deus era da época das cruzadas e hoxe xa estamos no 2009.



martes, 19 de mayo de 2009

A austeridade da economista

Xa temos cuantía para este ano 2009: pouco máis que 55 millóns de euros. Si a este paso nos iremos acercando a cantidade real de orzamento que xestiona Sanxenxo e que roldan os 30 millóns de euros.

Pero o deste goberno a min faime gracia pois di que so teñen 11 millóns para investir e si descontamos os 3 millóns do plan ZP quedan 8 millóns e so teñen previsto facer: o centro social do Revel, a cidade deportiva de Sanxenxo e a gardería de Vilalonga. Pois si que se luciron, falan de obras que levan máis anos en proxecto que eles no goberno e ¿onde queda a gardería de Portonovo? ¿e a rede de museos? E non falemos da estrada de Nantes a Vilalonga.

E logo falan de austeridade, para eles austeridade é dicir que Nauta e Insula se fan algo se pide un crédito e senon fan nada pois xa non incrementamos o endeudamento.

De verdade Susana para facer semellantes contas non che facía falta esperar a maio pois con pasarlle o tipex a algúns investimentos do ano pasado e facer un par de axustes xa o tiñas feito e en febreiro podíalo presentar, ou acaso esperabas a ver que podía caer da Xunta ou da Deputación para así intentar engaiolar os veciños cun orzamento claramente inflado. E logo inda dirá que cobra pouco po traballo que fai, si que é verdade que a dar ninguén se fixo rico.

E inda nos falta ver a liquidación do ano pasado, de verdade que moito presumir hai 3 anos daqueles 114 millóns para agora ter que rebaixalos a metade e que os mesmos investimentos que aparecían naquel orzamento continúen neste.

O que me parece é unha burla os veciños que moito falar de austeridade pero a única austeridade que vexo e a que afecta os veciños: menos inversión, os mesmos servizos que hai 6 anos pero onde a austeridade brilla pola sua ausencia e no apartado de salarios.

Agora acabouse a escusa de que a Xunta non colabora, de que a Xunta boicotea Sanxenxo así que a ver agora como tapades a mala xestión e a nula capacidade de investimento. Si xa veremos como dentro duns meses ata se van a subscribir o Consorcio de Benestar da Xunta agora que Feijoo o renovou e sigue adiante na liña que se viña mantendo.

Agardo que o menos teñan o sentidiño común de colgar este orzamento na web do concello para que así todos poidamos ter acceso a eles xa que debe estar exposto o público un mes para posibles alegacións, ou ¿non interesa?

E logo inda por riba nos falan que fan unha política social, sera social para eles, porque política de emprego nada pois polo visto partida para esa area nada, inversións no polígono para que a economía en Sanxenxo se recupere nada, políticas en materia de Turismo si: viaxes o Ritz, a Valladolid, a Xixón,.., calquera outra política beneficiaria para os veciños non existe para eles, non vaia ser que teñan que traballar e non che están moi acostumados.


lunes, 18 de mayo de 2009

Tarde, mal e arresto

“El gobierno dará prioridad de nuevo a la política social destinando a Terra de Sanxenxo 5,2 millones”

Si, si moitísima prioridade cando o orzamento e similar a estes anos pasados e a maior parte se vai en salarios e sen ningunha innovación.
Pero claro, primeiro preséntanse os orzamentos por capítulos e presentan os de Terra Sanxenxo pensando que así a xente se amose máis receptiva pero co lema de “prioridade a política social” queren tapar a nula capacidade de investimento que teñen, si no ano 2008 do que prometeron nada se viu este ano máis do mesmo.

“Esto permitirá reducir en 371.030,17 euros el presupuesto del O.A. Terra de Sanxenxo con respecto a 2007 “sen que afecte en modo algún aos programas que se desenvolven dende as concellerías de Benestar Social, Educación e Cultura, e Xuventude e Deportes”, añadió la concejala de Economía.” si esto lido queda moi bonito pero a realidade é outra, falta saber o orzamento liquidado do ano 2008, porque unha cousa e orzamentar e outra liquidar.

De que vale anunciar a bombo e a platillo que "O. A. Terra de Sanxenxo no será ajeno a las medidas de austeridad y contención de gasto implantadas en la Administración local, ya que el presupuesto de este organismo contempla un ajuste en las partidas incluidas en gastos corrientes y en todos los consumos, además de un recorte en las cuantías destinadas a fiestas y eventos. “Continuamos coa liña marcada que xa supuxo un aforro no alumeado de Nadal, os actos do Entroido, a festa da raia, entre outros”, comentó Fernández Trelles.“ si as medidas de austeridade de investimento hai moitos anos que as vimos sufrindo e non son novas.

Maña veremos outro capítulo desta serie na prensa, onde Susana F, deixaranos patente outra vez que neste concello os orzamentos son máis falsos que a morte da nai de Bambi, así que vai sendo hora que nos deixen de contar películas de fantasía e sexan consecuentes co cargo que ocupan.
Estamos a mediados de maio e seguimos sen saber en como se pechou o ano 2008, e Susana ou moito tes que cadrar ou as 20 horas mal as repartes, vamos que si hoxe non estivese todo informatizado inda podería entendelo pero que estamos a mediados de maio. E xa non falo de presentar o orzamento do 2009 senón de coñecer o liquidado do 2008.

O que esta claro é que os orzamentos volveran a ser a baixa e que Sanxenxo e o segundo concello da comarca en endeudamento, e non todo é por culpa da crise senón pola mala xestión e a falta de capacidade para facer que os proxectos non so sexan simples debuxos en papel.

Pero descifremos un pouco os datos que nos dan:

735.197, 95€ para actividades educativas
2.735.169,93€ para cultura, turismo e xuventude e deportes
1.295.445,52€ para servicios sociales
4.765.813,40€ Total

5.222.000 – 4.765.813, 40 = 456.186,60€ para servizos de administración e seguros sociais.


sábado, 16 de mayo de 2009

O desemprego en Sanxenxo

Que estamos a vivir unha época de crise ninguén o pon en dúbida, que a economía sufriu un retroceso é evidente, pero quen sufre as maiores consecuencias son sempre os mesmos: o traballador medio, as clases medias e baixas. Quen ten que por medidas para frear o retroceso desta situación son os nosos gobernantes e inda que a crise é algo global deberíase empezar polos estamentos que están máis cerca dos veciños.

Por iso eu pregúntome qué se esta a facer en Sanxenxo. A resposta é sinxela: NADA. Seguimos cun polígono parado sen visos de ter utilidade nun curto prazo, e todo porque aquí non contamos cunha política de emprego real. Intentan facer pequenas operacións de maquillaxe para que a xente os crea pero ó final é pan para hoxe e fame para maña.

[...]

Preme aquí para seguir lendo o artigo desta semán no Aturuxo.

lunes, 11 de mayo de 2009

A voltas con Monte Faro

Estaba lendo a nova sobre Monte Faro e de que a empresa Mirador de Sanxenxo S.L. Abandona o SU14 “porque esta todo parado”. O final parece que os valencianos Cotino deixan Sanxenxo.

Sigue adiante o SU-13 no que se vai facer o famoso campo de golf e as vivendas de luxo. Este SU o desenvolven empresarios locais e de concellos dos arredores mediante as empresas: Emprosa16 SL, Llave del Año SL e Lanzagolf SL.

A consellería de Medio Ambiente hai uns días informou desfavorablemente sobre os informes ISA destes SU e agora o concello a través dos seu equipo xurídico estase plantexando recurrir dito informe.

Por elo a miña pregunta é ¿si é un SU privado ten que recurrir o concello? ¿ese gasto correspóndelle o concello? ¿cal vai ser a posición das empresas, porque si recurre o concello elas vanno facer tamén?

Agora que dúbido que Catalina se sente con Encarna Rivas, Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para falar dos problemas urbanísticos de Sanxenxo, pois a segunda inda lle debe doer o cese fulminante do seu cargo como xerente de Urbanismo, pois por moi cargo de confianza que fose e a pesares da marcha de Telmo puído haber continuado.

Inda que lle queda o conselleiro Hernández, como moitos sabemos que a empresa da que foi Director de Contrucción despois de ter que deixar o seu cargo na Xunta no 2005 é a adxudicataria da maioría das obras de Sanxenxo. Pode acudir a este conselleiro de Medio Ambiente para que lle bote unha man, para ver si o campo de golf vai adiante ou non, porque a verdade é que o grupo de goberno tanto lle da as construcións das vivendas eles queren ver o campo de golf para dicirlles os veciños: prometémolo e hai o tendes. Custe o que custe.


jueves, 7 de mayo de 2009

Elección feita

Hoxe xa temos a confirmación de que Paz Lago o final renuncia o seu soldo como concelleira de cultura e quedase co de Senadora.
Esto debese a que non pode compatibilizar ambos soldos e tiña que escoller un, é escolleu o que mellor lle conviña e por suposto ese é o de Senadora, que ten pensión vitalicia.

Agora que o concello vai aforrar 47.600 euros o ano ven pode adicarlle estes cartiños a facer algo pola cultura e non destinalos a chapapote: arranxar unha fonte, colocar algún cartel, adecentar o castro de Dorrón ou o de Nantes, adecentar as rutas de sendeirismo,...., por ideas non sera, eu xa puxen algunhas o que se lle ocorran algunha máis vámolas dicir para ver si copian algunha.
Porque 47.600 euros poden parecer poucos pero si se xestionan ben inda dan para un par de cousiñas.

Sorte no Senado.