
Para saber o que acontece arredor noso. O que sucede en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, Nantes, Dorrón,Bordóns...
jueves, 26 de febrero de 2009
miércoles, 25 de febrero de 2009
viernes, 20 de febrero de 2009
Noitebus non, pero mazo de copas gratis SI
Hai tempo que as declaracións do concelleiro de Seguridade Cidadá de Sanxenxo sobre o Noitebús foron indignantes pois segun el dícia que este servizo fomentaba o consumo de alcol. Pois estes días vendo unhas pancartas colgadas na que se anunciaba unha festa entrei na páxina web desta discoteca e cal foi a miña sorpresa que me atopo que esta festa esta organizada polas Novas Xuventudes do PP de Sanxenxo (en letras moi pequenas, pero aparece) ata aquí non pasa nada pois cada un organiza o que lle pete ou teña a ben facer pero a miña sorpresa foi cando me chaman para dicir que si quero invitacións para a festa con consumicións gratis de copas, e o digo en plural porque non dan unha invitación por persoa senón que dan varias ou incluso un taco delas entón ¿esto non é fomentar o consumo de alcol? Claro que o mellor será que o saír se toparan con varios controis de alcol da policía local ou ¿acaso van poñer un servizo de autobús ou taxis para que os rapaces que fagan uso desa invitación de copa gratis teñan en que volver seguros a casa? O problema e que o Noitebús non lle gusta nin ao concelleiro de Seguridade nin a alcaldesa pero ¿que as “Nuevas Generaciones” regalen copas gratis non é fomentar o consumo de alcol? Claro que si non hai transportes alternativos ¿como volveran a maioría dos rapaces para as casas?
Claro que o mellor hoxe o alcolímetro colle o día libre non vaia ser que empece a multar a diestro e siniestro e algún cargo que outro do PP teñan que soprar porque a hora de soprar somos todos iguais, ¿non si?
sábado, 14 de febrero de 2009
Propaganda e máis multas
A campaña electoral xa comezou e por iso me preguntaba canto tardaría en escoitar ou ler a primeira proposta irreal para Sanxenxo e a miña dúbida xa foi resolta onte na páxina web do concello: “Sanxenxo promoverá una modificación puntual del PXOM para ubicar el club de piragüismo, nuevo local encima de la playa de Portonovo, a la altura de la conocida como rotonda del arenal, entendiendo que, de este modo, “facilítase o acceso directo dos piragüistas á praia ao tempo que se evita o impacto visual que provocaría construílo noutra zona cercana. Desde la Xerencia Municipal de Urbanismo ya se ha remitido el documento previo a la aprobación inicial de esta modificación puntual al Consello de la Xunta, así como a la Consellería de Medio Ambiente, departamento al que se ha solicitado que se exima de superar el procedimiento de Avaliación Ambiental Estratéxica.” Que o clube de piragüismo necesita unha sede en condicións iso é unha necesidade, que o clube necesita ubicarse cerca da praia para así evitar desprazamentos e por en perigo os rapaces iso é unha necesidade pero que casualidade que en plena campaña se acorden diso. O resultado desa proposta xa a sei: “A Xunta denega a modificación, Medio Ambiente esixe informe ambiental,...,” ¿e Costas non ten nada que dicir? E senón tempo o tempo.
Pero tamén non podo deixar pasar por alto outra nova inda que non aparece na web do concello “O TSXG desestima o recurso de Sanxenxo contra a multa de Portos por ampliar o porto” o concello cando comprou o porto deportivo asumiu a multa que portos lle impuxo a Construcciones Dávila por prolongar en exceso o espigón de abrigo do múelle. Este feito ven dende os tempos no que o grupo socialista gobernaba Sanxenxo sendo alcalde Jose Luis Rodriguez actual concelleiro do VIPS.
A multa ascende a 851.000 euros, nas alegacións de Nauta diciase que “de facerse efectiva a multa sería un dano e perxuicio imposible ou de difícil reparación” e que neste concello o de BEN INMOBLE LIBRE DE CARGAS debían descoñecelo porque o máis lóxico e que se mercara libre de todo tipo de cargas e si as había que se fixera cargo o anterior propietario ou ben que se restase no prezo, pero o problema ben cando no seu día houbo ingresos millonarios o legalizarse os locais do porto deportivo que supuxeron uns ingresos de 3,7 millóns de euros aprox. E o porto custou 15 millóns de euros sen contar os custos de finalización do porto e do aparcamento, pois haberlle pagado 14 millóns en vez dos 15 porque cos cartiños da multa ben poderían ser invertidos nunha gardería ou noutra obra necesaria ou mesmo na construción do clube de piragüismo e máis sabendo que a economía do concello non esta en crise senón que esta en total recesión. E non me vale que se fagan as vítimas pois a alcaldesa sempre foi consciente de todo o relacionado coa compra do porto pois formada parte do goberno e o VIPS coñecía esa irregularidade pero ¿por que a parte da multa non se esixe a reposición da ilegalidade, que o construído a máis se devolva o seu estado orixinal? Porque si eu obro de máis esixiranme a demolición do que teño construído de máis e nas administracións debería ser ir igual pois ¿non somos todos iguais ante a lei?
viernes, 13 de febrero de 2009
martes, 10 de febrero de 2009
¿Casualidade ?
Hai unha canción que di: “ Sorpresas che da a vida, a vida sorpresas che da ” e iso parece que é o que sucede no concello pois inda non nos recuperamos da arroutada da alcaldesa contra os funcionarios polo erro do censo e hoxe lemos que 4 empresas optan o mantemento dos equipos informáticos do concello por valor de 25.862,07 euros anuais.
As empresas son:
Informática Mapa.com S.C., de Sanxenxo;
Mydic Galicia S.L. N.E., de Sanxenxo;
DGA Instalaciones Informáticas, de Vilalonga;
Fornecementos Galegos S.L., de Santiago de Compostela.
Descartando a empresa de Santiago inda que é a que máis solvencia ten tanto por tempo que leva traballado como por balances económicos vámonos centrar nas de Sanxenxo, posto que o máis lóxico sería darlla a unha empresa do concello.
Mydic Galicia é unha empresa do 2007 de dous rapaces de Sanxenxo. Informática Mapa xa todos a coñecemos e é a encargada de dar os cursos de infórmatica da OMIX e o seu dono é o presidente de Entretendas. E por último temos DGA Instalaciones Informáticas de Vilalonga que é a que máis me desconcerta pois é unha empresa de recente creación e que as siglas DGA coinciden co nome do informático do concello a parte de que din que é de Vilalonga ¿casualidade? Ou ¿colóuselle o dato de Vilalonga?.
De aí a casualidade de que hai uns días se formase unha boa bronca no concello entre un funcionario e o informático polo erro do censo e certo sector quixo evitar que esto se coñecese.
Na web do concello sae o seguinte: “La firma que resulte adjudicataria se ocupará del mantenimiento de los equipos informáticos tanto del hardware como del software de los equipos informáticos de la Entidad Local y de los Organismos Autónomos. También se encargará del asesoramiento sobre el funcionamiento de los equipos y de la asistencia técnica con el fin de solventar las deficiencias, así como del control de la página web municipal y del perfil del contratante. ” entón si a firma se encarga de todo esto ¿cal vai ser a función do informático ? ¿avisarlle das incidencias a concesionaria? Pero claro como son unha mal pensada (e pensa mal e acertaras) a que máis opcións ten é a DGA polo seu coñecemento do estado informático do concello e como pode entrar a calquer hora no concello pode ter todo o día e así ter toda a información na web do concello en tempo real.
A verdade é que a elección esta difícil MAPA fronte a DGA, Sanxenxo versus Vilalonga,..., pero inda me queda outra dúbida ¿a hora de escoller o informático do concello emite un informe valorando as propostas? Porque en teoría el sería a persoa que esta o tanto da situación inda que claro pode producirse un conflito de intereses.
domingo, 8 de febrero de 2009
A culpa foi do Chachacha
Calquera que sexa elixido para ir a unha mesa pode presentar alegacións nos seguintes 7 días ao recibir a notificación, estas alegacións deben ser causas xustificadas e documentadas (enfermidade, ingreso hospitalario, coidado de persoas dependentes..etc), parece ser que en Sanxenxo, o feito de estar morto, non é causa xustificada.
Pero iremos ao "quid" da cuestión. Para saber o que pasou en ámbolos dous plenos, fíxenlle unha visita ao Blog de Lores, onde expón claramente o que pasou en ámbolos dous plenos. Por certo, desde aquí darlle o meu parabén ao BNG pola decisión de non cobrar ese segundo pleno. Rexeitar ese diñeiro público demostra unha gran responsabilidade pola súa banda, de acorde cos tempos de crises que nos toca vivir A Todos. A ver se os concelleiros de PP toman exemplo, entre outros.
O simpático foi ler que a alcaldesa acusou a este grupo de tomar esta medida para saír na prensa, cal foi a miña sorpresa que non lein nada na prensa sobre este tema, en cambio so se puido ler en todos os xornais as declaracións da alcaldesa con acusacións cara aos funcionarios.
E aí quero chegar eu: a señora alcaldesa debería explicarse mellor e diferenciar o persoal funcionario do persoal laboral.
O funcionario é o traballador encargado de darlle ao botón para que o computador, no que o servizo informático (persoal laboral) ten que descargar o programa do censo, saque os nomes dos veciños/as de Sanxenxo que teñen que acudir ás mesas electorais.
Se hai un erro no programa, digo eu que algunha responsabilidade terá o "responsable" da informática. Teremos que recordar que esta persoa non é funcionaria, é persoal laboral, que antes de dedicarse a estes mesteres dedicábase a pegar carteis pola Salgueira (Vilalonga) do PP en campaña.
Esta persoa, supoño que será de toda confianza da señora alcaldesa, xa que non creo (ou espero!) que non moitos traballadores do concello de Sanxenxo teñan chaves da porta principal do Concello, para poder entrar ás 10 da noite (cousa que viron estes olliños que, segundo din, deixoume o meu pai en herdanza).
E mentres tanto, a nosa alcaldesa, inicia un proceso de "investigación" cal caza de bruxas, "seica" que para esclarecer o tema.
Primeiro tería que esclarecerse ela, xa que aproveitar en plena campaña electoral, que vén a competencia a gañar votos grazas ao futuro centro médico de Vilalonga, para pedirlle un novo centro para Sanxenxo. Isto desde logo só ten unha lectura: A Catalina púidolle o subconsciente e nun acto de sinceridade con ela mesma, escapóuselle" a súa quiniela sobre estas eleccións: O PP non vai gobernar!.
É algo que todos sabemos, pero de aí a que unha alcaldesa do PP, no feudo do señor Louzán, chegue a esa mesma conclusión e a faga pública, hai un abismo.
Entre espías, corruptos en Madrid, Salvadores da economía que se esquecen de "xustificar" ingresos en Ourense, e agora unha alcaldesa con maioría absoluta que non confía nel....Feijoo, crécenche os ananos, máis non se preocupe, seguro que segue confiando en vostede algún "veciño de Sanxenxo".

