domingo, 27 de abril de 2008

Gool: Novas Xeracións 1 - Resto Poboación 0

Hoxe vou plantexar un debate o unha dúbida que onte falabamos un pequeno grupo de amigos, amigos que a maioría temos nenos que soñan con ser deportistas e por iso o noso deber como pais é axudalos no que poidamos, uns queren ser futbolistas, outros dedicarse a canastra, outros tenistas, algún decantase polos deportes naúticos, sen olvidarse dos deportes de motor .... e así un sin fin de deportes a cada cal con máis ou menos posibilidades. Os domingos aproveitamos para ir a ver como xogan os cativos, o noso equipo local, ver algún campionato que se fai na comarca ou sentarse a ver calquera retransmisión deportiva.
Todo isto ven porque o concello outorga subvencións as entidades deportivas así como a deportistas locais, ata aquí todo correcto e ademais é necesario apoiar este tipo de iniciativas pero o debate esta no criterio que se segue para conceder esas subvencións ¿que baremos se seguen? O pasado 28 de febreiro foron aprobadas e agora permanecen expostas no taboleiro de anuncios do concello. Deixando a un lado os clubs grandes como poden ser o Portonovo ou o Vilalonga centrémonos nos demais e a miña sorpresa ven dada o ver que a Asociación Cultural e Xuvenil “Os Raposos ”de Aios se lle concede 1.000€ e por exemplo o equipo de Baloncesto de Portonovo tan so 600€ e se temos en conta que Os Raposos organizan un marcha popular o día de San Antonio e ningunha outra actividade deportiva coñecida e os segundos teñen desprazamentos, gastos de material,gastos de equipamentos, pagos a federación,... ¿cal é o raseiro empregado? E este é un exemplo dos moitos que hai no listado, pois vendo entidades que teñen competicións case todo o ano e moven aficionados e teñen canteira eu non o vexo xusto a menos que se temos en conta quen son os presidentes de cada un dos clubs subvencionados e partindo de que a presidenta dos Raposos de Aios é Ana Jabois presidenta das Novas Xeracións do PP eu non quero ser mal pensada pero dáme o corpo que ou lle digo o neno que se me meta maratoniano ou en calquera outra actividade os pais seguiremos apoiando non so moralmente e fisicamente senón tamén economicamente para que os nenos non perdan a ilusión e dicirlles aquelo de “o importante non é gañar é participar”.

Por iso me pregunto: 1. ¿Debese primar o amiguismo ou o deporte? 2. ¿Débense primar os deportes con maior repercusión fora do concello ou os outros? 3. ¿Debese primar por número de participantes e continuidade ou por una evento nunha data concreta? 4.¿Debería haber unha comisión para debater a quen se lle dan as subvencións formada por políticos e por persoas relacionadas co deporte?

miércoles, 23 de abril de 2008

Vilas Mariñeiras en Barcelona ¿seguro?

Como ben todos sabemos onte celebrouse en Barcelona a presentación do Club “Vilas Mariñeiras” do cal Sanxenxo forma parte e lendo o Diario de Arousa ocorreuseme mirar na prensa catalana haber que se dicía deste evento e cal foi a miña sorpresa que o luns no Diario Montañes so nomean a Sanxenxo como integrante deste grupo e si publicitan a Cantabria e na edición de hoxe non se nomea a Sanxenxo e si as outras vilas falando dos seus productos e da gastronomía desas vilas cunha frase que define moi ben este feito "La Asociación Villas Marineras celebra dos encuentros gastronómicos: uno, anual, en Madrid, y otro, cada dos años, en Barcelona. Con ellos pretende dar a conocer, a través de su oferta culinaria, los destinos turísticos del Cantábrico" será porque Sanxenxo esta no Atlántico. Despois fixo na Vanguardia e no Periódico que non sae a noticia (o menos no edición dixital) e en 20minutos solo se fala deste evento na edición de Santander e desta vila. Pero entón díxenme si Sanxenxo foi nalgún lado ten que aparecer e fun mirar a algunha revista especializada en Turismo e na revista Viaxar apenas hai unha reseña do evento.

Co cal ¿esta é a fabulosa promoción que se fai de Sanxenxo? Porque promocionar o evento no diario de Arousa e no de Pontevedra non ten mérito pois de todos é coñecido Sanxenxo pero unha que vez que saímos fora da provincia ¿que imaxe proxectamos?¿como vendemos a oferta turística de Sanxenxo? E non olvidemos que Sanxenxo ten Excelencia Turística e xa estamos a porta do veran e seguimos sen ver os resultados de iniciativas de fomento do Turismo. O ensaista Hubbard dixo que "nadie necesita máis unhas vacacións que aquel que acaba de telas" o problema ben dado naqueles que viven de vacacións permanentemente.

lunes, 21 de abril de 2008

Equipo a espera dun campo

Hoxe vou a aproveitar e felicitar ó Sanxenxo Club de fútbol polo seu ascenso a Rexional Preferente, un ascenso que levan tempo loitando para acadalo e que esta fin de semana se acadou.

O Sanxenxo un club que espera poder disfrutar dunhas instalacións e dun campo en condicións e que lles foi prometido hai tempo, campo que ia estar situado na Cidade Deportiva de Sanxenxo sita xunta a rotonda da entrada da futura autovía no Vinquiño parada entre outras cousas por falta de liquidez. Tamén hai que dicir que aparecía previsto na AXENDA 2.015 cun orzamento de 3.000.000€ e inda estamos no 2.008 e non se fixaba data de acabado de obra.

Pero rapaces non desesperedes que un ano destes poderedes disfrutar de dito campo pero falando de campos de fútbol tamén sufriu danos o de Noalla por causa do temporal que levantou as gradas entre outros danos, gradas que nunca foron estreadas co cal espero que agora revisen ben os anclaxes e a seguridade das instalacións antes da recepción das obras as veces é mellor inauguralo 3 meses despois e non ter tantas presas en que vexamos obras que logo sufren desperfectos.

viernes, 18 de abril de 2008

Xuro por Deus que xa non volverei a pasar fame voume autoabastecer

As veces tópome con ideas moi interesantes e ata novidosas senón fora pola contradición coas que son presentadas e tendo en conta a particularidade na que esta envolta Sanxenxo. Reenvíanme un correo da OMIX que lle foi enviado a un usuario e que sen pensalo dúas veces mo enviou e no que aparece o seguinte:

“Sabiades que, segundo un estudo realizado pola Escola Médica de Tokio con maiores, quenes viven en zonas con árbores e vexetación, amplos espazos verdes e casas con abundante luz natural, viven ata cinco anos máis, que os/as residentes en núcleos urbanos conxestionados ou en zonas có entorno moi degradado??

É dicir, que se queremos desfrutar máis plenamente da vida e vivir máis anos, temos que contemplar verde e vivir en áreas con vexetación, de xeito cotiá!!

Se xa vivides nun lugar destas características estupendo, pero se non dispoñedes dun entorno así, podedes crealo, se contades cun pequeno balcón ou unhas desaproveitadas ventás, terraza ou patio, a semellanza do que se están a crear nalgunhas cidades norteamericanas coma Nova Iork, Chicago, San Francisco ou noutras moitas centroeuropeas e incluso asiáticas.”

Pois si, tratase do Taller de Horta Ecolóxica que van facer no concello a idea é boa senón fora que en Sanxenxo non hai espazos con protección agrícola e aparece o seguinte: “Dita iniciativa vai dirixida, tanto aos/ás mozos/as de 14 a 35 anos, que sexades afeccionados/as e esteades interesados/as nun manexo ecolóxico do voso xardín, balcón, etc., así como aos/ás novos/as profesionais do medio agrario, que queirades achegarvos a modelos produtivos máis sustentables e mellor valorados que os convencionais. “ ¿novos profesionais do medio agrario? Sera para os mozos do concello de Meaño ou Ribadumia, ah non, será para o dono que está acondicionando o terreo na Granxa e así en vez de eucaliptos vai plantar leitugas ou mellor chales baseados na bioconstrución que estan moi demandados.

Pero bueno por recomendárvolo que non sexa: “Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Sanxenxo propoñémosvos por vez primeira e a través dun OBRADOIRO DE HORTA ECOLÓXICA, converter estes espazos domésticos, en lugares saudables e de recuperación do contacto coa natureza, cultivando hortalizas, plantas aromáticas ou condimentarias, que vos permitirá, por unha banda, proveeros de produtos sans e de máxima calidade para o voso autoconsumo e por outra, colaborar nun desenvolvemento sostible do noso medio. “ e sobretodo cando nos invitan a colaborar nun desenvolvemento sostible do noso medio xa que parece que eles non son capaces fagamolo nos, enchamos os balcóns de leitugas, as ventanas de testos con plantas de pementos, as rotondas de Sanxenxo con cebolas para que a festa non desaparezca, e como non usar a Telleira como invernadero para semilleros de tomates, alloporros, cenouras, ....., e inda nos queda un espazo na guantera do coche no que en vez de por o típico San Pancracio coa moeda e a rama de perexil que mellor que poñer unha macetiña chea de perexil así de paso tamén temos nos serve de ambientador. Así que sexamos modernos e preparémonos para autoabastecernos e nunca se vos ocorra plantar na horta nada non vos vaia caer unha multa por plantación ilegal nun espazo clasificado como espazo rústico ou urbanizable.


Rabindranath Tagore dicía que: "Convertide unha árbore en leña e podrá arder para vos; pero xa non producirá frores nin froitos".

martes, 15 de abril de 2008

¿O novo ou o de sempre?

Cada vez que pasamos pola rotonda do Vinquiño as colas de xente na fonte de Fontoira pero poucas veces nos fixamos na fonte que esta detrás, eu recoñezo que a auga a vou a buscar a fonte orixinaria por costume, porque asi o fixen dende cativa e dame mágoa ver como esta o entorno estes días pois a herba so é cortada o redor da fonte nova do resto medra o seu antollo, logo temos un banco de ferro todo oxidado, un par de montons de terra dalgunha obra, as pedras do muiño amontonadas de calquer forma.
Esto tan so é un claro reflexo de Sanxenxo: coidase máis unhas zonas que outras, ¿hai cidadáns de primeira e segunda?, primase o novo mentres o de toda a vida agoniza.





lunes, 14 de abril de 2008

¿Salvador ou culpable da situación?

Maña martes ven a Sanxenxo o “Salvador” para os problemas que pasan en Sanxenxo ou a lo menos iso é o que pensa Catalina e cía. Pois tratase da visita de Nuñez Feijoo o concello para coñecer como gobernan os seus compañeiros de partido. ¿ A que ven? ¿Ven botarlle unha man a Catalina, a tirarlle das orellas ou botarlle as dúas o pescozo? E sobretodo se recordamos que algúns problemas son herdados da súa xestión cando foi conselleiro de Política Territorial: no Polígono Industrial olvidouse firmar o documento da cesión dos 22.000m2, inverteu cartos nunha praza privada que a día de hoxe segue sen ser pública. Pero o home esta tranquilo pois os seus compañeiros fan pifias máis grandes para ocultarlles os erros como enviar a policía local a parar as obras da Autovía, gardar os informes ISA no caixón e olvidarse de mandalos, subirse o soldo inda que dende o partido o critiquen para logo telo que baixar, dar licenzas para logo revocalas,......... Hai que bonito é poder chamar o primo de Zumosol para que veña o teu rescate sabendo que o primo de Ribadumia xa non lle pasa o brazo por riba nin rompe lanzas por ela senón miremos o estado da Avenida L. Rocafort ou a estrada de Nantes, pois haiche pistas no Castrove mellor asfaltadas.

Maña sairemos de dúbidas e saberemos as solucións que pensan aplicar ¿con que nos sorprenderá? ¿que nova gran idea sacaran da manga? ¿ quen acompañara o lider do PP Galego? Seguro que Telmo non.

viernes, 11 de abril de 2008

A utilidade da Xerencia de Urbanismo

A maioría dos problemas que temos no concello é a causa do urbanismo e logo séguenlle a carencia de servizos seguida do incremento da inseguridade que se ven producindo nos últimos meses.

Unha vez me topo na prensa con declaracións do concelleiro de urbanismo: “estamos velando pola legalidade urbanística e defendendo os intereses municipais” si velar pola legalidade primeiro e dar licenzas e logo retiralas, si velar pola legalidade é omitir informes, si velar pola legalidade é non ter presente o Pxom a hora de aprobar os plans parciais, si velar pola legalidade é poñer recursos que logo se perden,.... entonces si velan pola legalidade.

A miña pregunta é a seguinte ¿de que nos vale ter unha xerencia de urbanismo?¿estamos mellor agora coa xerencia ou antes de tela? E así un sin fin de preguntas porque quen pagamos as consecuencias somos os veciños e non os responsables que as cometeron, quizais por iso este órgano debería estar máis controlado porque non podemos permitir que cada semana nos topemos cun novo escándalo e inda os que estan por vir e que nas próximas semanas nos iremos enterando. Se facemos unha quiniela anunciando cal vai ser o novo escándalo seguro que a maioría de nos acertamos pois ata a cousa máis sinxela parece que se lles resiste.

¿Como controlan as infraccións urbanísticas? Temos unha persoa encargada de disciplina urbanística, uns policías locais de urbanismo, un xerente, un arquitecto, técnicos,.... e case sempre se dan conta polas queixas dos veciños ou porque unha administración superior os chama a filas ¿que falla? ¿pasarían unha auditoría de rendemento? Todos sabemos que non porque en ningunha empresa privada permitirían cometer tantos erros en tan pouco tempo e menos perder tantos cartos en procesos xudiciais pero no caso que nos ocupa como xogan cos cartos dos veciños non pasa nada e sobretodo cando algúns viven fora do concello e non teñen que pagar impostos.

¿Canto máis podemos aguantar? E non quero pensar como van a controlar as novas normas da Lei do Hábitat Galego onde é obrigatorio a instalación de paneis solares así como o aproveitamento da auga da choiva ¿está a xerencia preparada para controlar estas novas normas?

So fai falta poñer un pouco de sentido común que tan olvidado teñen e como ben di Jorge Bucay “O verdadeiro buscador crece e aprende, e descubre que sempre é o principal responsable do que sucede” por elo antes de varrer as casa alleas deberíanse varrer as propias porque mirar a palla no ollo do outro é moi fácil.