Espero que vos guste e aproveito para desexarvos BO NADAL E ANINOVO. Pasadeo ben nas festas e coidadiño cos excesos que en xaneiro toca apretar o cinturón e non precisamente para lucir cintura.
Para saber o que acontece arredor noso. O que sucede en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, Nantes, Dorrón,Bordóns...
sábado, 22 de diciembre de 2007
En Sanxenxo armouse o BELEN
Espero que vos guste e aproveito para desexarvos BO NADAL E ANINOVO. Pasadeo ben nas festas e coidadiño cos excesos que en xaneiro toca apretar o cinturón e non precisamente para lucir cintura.
sábado, 15 de diciembre de 2007
Tempos de lembranzas e reflexión
Achéganse unhas datas nas que botamos unha ollada cara atrás e empezamos a lembrarnos si fixemos todo aquelo que prometemos, se cumprimos cos nosos compromisos e incluso ata lle vemos a parte positiva de como transcorreu o ano, si a parte positiva.
Agora é cando toca revisar si as contas cadran ou temos que facer algún remendo de última hora así que me puxen a botalas e ata case me dan, non sei si sucedera o mesmo nas do Concello pois ultimamente seica cartos non hai e ata andan pensando en facer unha xira para pedir polas portas dos conselleiros da Xunta, polas da Deputación e incluso se hai que ir a Madrid vaise a Madrid que como ben lin nalgún lado “deséxannos que o vindeiro 2008 veña ben cargado de ilusión e felicidade, para que os proxectos, tanto particulares como os colectivos, vaian adiante e non traian maior benestar e confianza no futuro.”
Vou empezar a contar os días que faltan para ver como no 2008 vamos poder disfrutar dos nosos pisos de INSULA alí pretiño do Carrefour e do Día para que non perdamos tempo en facela compra e así poder facer horas extras para pagar a hipoteca pois de paso que sacudes as alfombras xa fas o pedido pola fiestra e os domingos dende as mesmas fiestras poderemos ver como o Sanxenxo FC xoga no novo campo de fútbol da Cidade Deportiva de Sanxenxo, iso si ¿onde haberá máis cola na taquilla para ver o partido ou na fonte de Fontoira a coller auga? Esperemos que non seque pois si algo temos en común a maioría dos veciños e que moitos imos collela auga alí e moitas veces tes a mesma conversa co que esta o lado enchendo a sua garrafa: Non creo que volvamos coincidir pois como van arranxar as fontes pois xa vou a que teño a 5 minutos da casa pero o peor e cando volves a por auga e che preguntan que fas alí e lle dis: é que inda estan arraxando as 2 primeiras e como hai sequia non topan o manancial para poñer o caño.
Pero o que agardo con emoción é ver como nos ratos de tempo libre vou poder ir os novos museos a ver as exposicións pois un día podo ir a Casa de D. Fernando de Portonovo a ver unha serie monográfica de como nos anos 20 os mariñeiros pescaban as xoubiñas, logo outro día pásome pola Casa do Priorato de Arra para ver si a parra que ten máis de 200 anos vai dar unha boa colleita para logo poder facer unha boa foleada. Logo tamén debo ir o Pazo de Quintáns a ver como os romanos salgaban as sardiñas que logo levaban para Roma. E non debo deixar de ir As Telleiras pois alí podo ver dende as exposicións ata contemplar os parrulos que hai na enseada e dar un longo paseo pola beira da ría que xa a teremos acondicionada co seu paseo de madeira, os seus banquiños, papeleiras e farolas ata chegar a Revolta e o mellor vai ser ver como podes deixar o cativo ir na sua bici polo carril bici, Ah perdón, o carril bici non vai hai senón que vano facer na PO-504 dende Sanxenxo ata Vilalonga pero como tamén teñen previsto por beirarrúas amplas, bancos, arbores e ata van deixar aparcar agás nas 2 rotondas que se van facer así os días nubrados quédanos esta nova ruta para pasear. E inda nos queda a visita o Monte do “Castro” de Dorrón pois seguro que daquela xa está comprado e acondicionado, Vicaño xa estara tamén acondicionado e tamén o borde do litoral que vai dende A Granxa a Areas pois xa que non hai nin eucaliptos, nin pinos, nin toxo, nin fento todo e por as zapatillas de deporte e veña a facer sendeirismo.
O problema chega cando o neno che diga: “Mamaiña lévame a practicar o swing” e xa me vexo cargada coa bolsa e os paus eses que inda pesan o seu e coller rumbo cara o campo de Golf de Monte Faro, hai o que non se fai por un cativo.
Agora que me decato teño que ir facela compra que xa estou desexando ver como será o novo mercado de abastos de Sanxenxo.
Así que despois de moitos anos de espera seguriño que no 2008 vamos ter espazos dabondo onde pasalo ben, pero que non se lle ocorra a ninguén ir facelas festas ai pois seguro que aparece a Poli Local con concelleiro de Seguridade Cidadá a identificar o persoal.
Así sen máis polo de agora déixovos para que poidades botar as vosas contas e fagades o inventario.
Xa vedes esta é a grandeza destas datas así que amiguiños, veciños, meus bos lectores, compañeiros blogueiros, os do traballo, comentaristas "ANONIMOS", comentaristas con "SINATURA", coñecidos, as miñas amigas do correo, os xornalistas, os novos, os que entran por primeira vez, os concelleiros que gobernan, os da oposición e a todos aqueles que entran a ver o que se coce por estes lares, portádevos ben que vos espero ver no vindeiro artigo e BOAS FESTAS.
jueves, 6 de diciembre de 2007
Agaias ou servilismo partidista
Agaias, gustaríame ver a todos aqueles que presumen de telas e critican os que según eles non as teñen porque firman como anónimos en diversos foros ou blogs que existen, cando as cousas cambien en Sanxenxo.
Si, como ben imaxinades vou escribir esto a raíz dun artigo que lin na Revista de Adina, que por certo é a primeira vez que a nomeo, porque parece que molesta a proliferación deste tipo de cadernos na rede falando do que pasa en Sanxenxo e vou puntualizar certas frases que resalto en negrita: “enfocados dende o punto de vista de quen os comenta ou redacta” será porque a maioría dos que escribimos somos persoas normais e correntes e non temos a nosa disposición a infraestrutura mediática do concello e polo menos neste blog hai liberdade de expresión sexan do partido que sexan e perdóenme que non houbese estudado periodismo nin teña un curso en redacción pero estou moi orgullosa de escribir como o sinto; “vistos dende detrás das cores de certos políticos” que queredes que vos diga que me encanta que se xogue a saber si son socialista, nacionalista, galeguista, liberalista,..., o que teño claro a día de hoxe e que son muller, iso si popular non son, sinto pero é o que hai, e non creo nos cabaleiros xusticeiros de causas perdidas que algúns intentan facernos ver apelando o respecto, a educación, os valores,....., e solo nos faltaría que nos puxesen como exemplo as últimas actuacións da representante do concello nalgunhas reunión veciñais, iso si é saber estar, así que “dime de que presumes e direiche de que careces”
“confúndese política con intereses persoais e sobre todo co traballo de persoas desinteresadas” e moi importante que se saiba esta diferencia pois algún/as non as teñen claras e con respecto as A.A.V.V. Teño que dicir que si moitas se deixasen de partidismo e realmente mirasen polas asociacións a xente teriamos outros conceptos delas porque máis que A.A. Veciñais son Herriko-tabernas do PP e síntoo pero eu si podo dicir que este espazo e altruísta, gratuíto e desinteresado e que a autora del non percibe nada e si lle dedica o tempo que cree convinte sen restarlle minutos o traballo ou a miña familia.
“Os que buscan o lucro, e do grande, son os políticos que publican estos blogs .... detrás de pseudónimos” xa non sei si chorar ou rir, eu política, jeje, vouno dicir por última vez: son unha persoa que sabe moi ben como se manexa o concello e o PP como xa dixen unha vez pero non son política inda que nalgún tempo si fun simpatizante - colaboradora de certo partido do cal estou desilusionada e souben abrir os ollos a tempo antes de que me cegasen e me comprasen de forma práctica, e agora volverei a ver como se fan as quinielas a ver quen son ou deixo de ser, que máis da quen sexa eu non obrigo a nadie a ler este blog nin a escribir fago como puro entretemento e seguirei aportando os datos que creo que debo amosar e vou seguir opinando do que crea convinte pese a quen lle pese e guste a quen lle guste pois o que escribo aquí dígoo moitas veces a hora do café e quedariades mudos de oír falar o que din os meus compañeiros sobre a situación na que se atopa o concello. E que as miñas opinións sexan tomadas por partidistas non me ofenden pois a dia de hoxe nadie é imparcial e menos os que levan esta palabra como bandeira da sua labor, e como ben digo sempre a hemeroteca esta hai para recordarnos a nosa parcialidade.
E si esto É UNHA CRITICA ABERTA A REVISTA DE ADINA firmada por min: Iris, nome ultimamente en boga e xa vos digo que non vaiades mirar o censo é perdelo tempo, e é máis a este paso vereime como van as cousas en Sanxenxo case que terei que mudar de concello porque aquí non hai quen poida mercar un piso e dame moita magoa ver como amigos se ven obrigados a mudarse de concello. Seguro que algunha máis abra firmada por ANONIMO e si quero animar a todos aqueles que teñan algo que dicir que o fagan con nome, cun mote, con anónimo ou como queiran pois niso consiste a LIBERDADE DE EXPRESION e este dereito queda moi clariño na Constitución Española que hoxe festexamos.
E claro que moitos de nos aportamos ideas outra cousa e que nos fagan caso que pode ser o mesmo caso co voso, reclamamos a limpeza e conservación do patrimonio, a coherencia na postura do concello, que velen polos veciños e non por eles, pedimos novas ofertas de ocio, servizos básicos en todo o concello,..... claro e logo de alí a uns días topámonos con declaracións como: “Non hai cartos para rehabilitación”(Alcaldesa) “É necesario contratar unha empresa externa para coñecer o patrimonio municipal”(Interventor),...,
So me queda dicir que si tanto molesta a existencia deste blog e de outros é por algo, porque se din cousas que non interesa que se lles estea a recordar, que os veciños insistamos en recordarlles as suas obrigas, ...e seguirei na miña liña e os que fan un drama polo que aquí se conta primeiro que analicen o que estan a facer e busquen as posibles solucións que tampouco llo vamos a dar todo feito pois a obriga deles e de solucionar os problemas veciñais e que os veciños disfruten dos servizos polos cales se lles cobra impostos. Animo a Jose por Cousas de Portonovo, animo a Salvemos Sanxenxo, animo os da Veiga, animo a aqueles que queren empezar o seu blog , animo a todos aqueles que escriben nalgúns destes e vou rematar dicindo ¿SE GOBERNASE OUTRO PARTIDO OS QUE PRESUMEN DE AGAIAS FIRMARIAN CO NOME? Non, non vos enganedes porque algúns dos que tanto falan deixan algún comentario detrás dun alias ou anonimamente ou non se atreven a escribir por medo a que os do PP os descubran e lles boten a bronca. Don Quixote confundia muiños de vento con xigantes pero en Sanxenxo confunden Agaias con Servilismo.
lunes, 3 de diciembre de 2007
Todo é toxo e por rozar
Hoxe vamos repasar as andainas de Angel Casal Moldes (565.712 pesetas/mes; 47.600 €/ano; dedicación exclusiva) antes concelleiro de Deportes e Xuventude na época de Telmo unha area que lle correspondía cos estudos feitos pero co cambio de cabeza de lista tivo un ascenso e pasou a ocuparse de Urbanismo inda que a maioría das veces non o pareza, ademais é o voceiro do grupo popular así como primer tenente de alcalde, función que xa tivo tempo de probar en máis de unha ocasión.
O urbanismo en Sanxenxo dirixise dende a Xerencia de Urbanismo a través do xerente quen é o que supervisa o desenvolvemente do plan urbanístico e revisa as licenzas e o papel de Angel queda relegado a firmar, como todos ben sabemos esta area é a máis polémica pois sobre o deseño do PXOM do concello recaen as sospeitas de especulación e dun urbanismo feito a medida duns poucos e case tódalas semanas vemos como un novo contencioso cae sobre un SU ou asoman os problemas dunha mala redacción e xestiona por parte dos responsables. Onte domingo saia na Voz de Galicia esta comparativa de Sanxenxo e Zarauz: "O Sanxenxo vasco conserva a sua identidade; Zarauz é o País Vasco o que Sanxenxo a Galicia. Pero con diferencias. No paseo que bordea a praia non hai edificios de mais de tres alturas. O concello crece ordenado cara ó interior e nas dúas faldras que caen cara a praia non hai máis que catro casas antigas moi anteriores a Lei de Costas de 1988 ” e o turismo segue a ser a fonte principal de ingresos para esta localidade sen ter un urbanismo desaforado e centrado nuns poucos metros de costas cun paseo sobreurbanizado. ¿Queremos masificación ou espazos amplos?¿O novo Sanxenxo que estamos a ver e o que realmente queremos?
miércoles, 28 de noviembre de 2007
Os eucaliptos non deixaban ver o mar


Empezáronse a desenvolver os SU1 e SU8 que están un a continuación do outro, entre os dous faranse o redor das 900 vivendas tanto colectivas como individuais. O máis grave de isto è que estes plans estan en primeira liña do mar e agora cando paremos no mirador da Granxa a contemplar a paisaxe vamos ver un urbanismo desaforado en vez de contemplar un paisaxe verde en consonancia co entorno, inda que as arbores fosen eucaliptos pois o menos axudaban a atraer a choiva que sitios onde obrar no concello inda hai sen ser en espazos que deberían gozar de algún tipo de protección.
* O SU 1 ten unha superficie de 102.050 m2 e ten un 0,506% de edificabilidade resultando 51.636m2 para construír cunha altura de B+2. 562 VIVENDAS
* O SU 8 ten unha superficie de 81.537m2 e ten un 0,50% de edificabilidade resultando 40.768m2 para construír cunha altura de B+2. 407 VIVENDAS
Non debemos esquecer que un destes SU foi denunciado ante o TSXG por Salvemos Pontevedra e a día de hoxe inda non saeu a sentenza.
lunes, 26 de noviembre de 2007
Nota de última hora
Pois agora teño a obriga de informar que se SUSPENDE a emisión deste debate e o motivo polo que non se vai emitir é que dos 5 asistentes hoxe so aseguraron a súa presenza dous.
Os que finalmente dixeron que non ian acudir son: Manuel BARBEITO, CATALINA González e Isabel DOMINGUEZ.
Tras está nota so me queda dicir que: non creo os motivos polos cales se ausentan pero si me parece unha total falta de respeto hacia os veciños de Sanxenxo que non se dignen a explicarnos a situación na que se atopa o polígono porque saben que o pleno so van uns poucos e a prensa somos poucos a que a leemos pero a Telesalnés chega a máis fogares e quedarían en evidencia e sobretodo cando nalgúns medios (como este blog por exemplo) foi publicitado ese debate.
Saben que non teñen argumentos legais para apoiar a súa postura e con este feito dannos a entender a súa incapacidade para manter a súa postura e asi non quedar en evidencia ante toda a comarca do Salnés.
Feitos como este deixan claro que eles soio fan declaracións nos medios afins e que poden controlar pero nos que so salen as súas palabras.
¿A qué teñen medo?¿Qué ocultan?¿Por qué non queren que a maioría dos veciños de Sanxenxo nos enteremos do que realmente pasa na tele?¿Saben que non teñen razón e non queren quedar co cu o aire?ou será por ¿qué como a lei non os respalda incitar a que se cometan ilegalidades pode ser causa de delito? ¿Non teñen argumentos legais para defender a súa postura? ou será ¿Señora Alcaldesa qué os promotores do poligono (que non os propietarios das parcelas) non a deixan falar sin estar eles presentes?
Porque inda que non fose Barbeito, vostede señora Alcaldesa ou no seu sitio o concelleiro Angel que para iso leva a área de Urbanismo deberían explicar os veciños porque adoptaron esa postura.
Espero que nos dean unha boa excusa.
viernes, 23 de noviembre de 2007
Máis vale un toma que dous che darei

Hai uns días adicámoslle un artigo a Punta Vicaño e hoxe vaille tocar o Pazo de Quintáns en Noalla, un pazo que data o redor do 1606 e que consta de dúas edificacións e unha finca de 10.000m2 e que foi adquirido polo concello o 12 de maio do 2006 por 1.200.000€ e que se ía adicar a un museo da Sal, a residencia de visitas oficias e incluso a un lugar onde celebrar as vodas civís, uns días antes salia nos medios de comunicación a nova desta compra e o que se ía facer: “ Nos presupostos deste ano resérvanse unha partida de 1.350.000 euros, procedentes dos ingresos da Xerencia de Urbanismo, dos cales un millón douscentos mil euros irán destinados a compra do inmoble, mentres que os outros cento cincuenta mil dedicaranse a unha primeira actuación de acondicionam
ento da finca. O Concello dará prioridade a rehabilitación dos xardíns do Pazo para que poidan ser disfrutados como lugar de encontro polos veciños da parroquia de Noalla.” (La Voz de Galicia. 28/4/06)
Actualmente os únicos traballos que se fixeron ata o de agora foi a limpeza e a restauración dos muros do inmoble así como o pintado das rexas e dos portalóns e o peche dos mesmos pois calquera persoa accedía o Pazo sen ningún problema destinouse unha partida de 47.000€ e foi realizada pola empresa Atlas, S.L (a mesma que fixo a rehabilitación do muiño de Bordóns e no que che
puxeron un paredón). Obras que se realizaron en Agosto. Pero os cables seguen pegados no muro e por toda a fachada principal que se cabe e ainda máis aberrante mentres as hedras e as malas herbas campan polo muro e a terra o seu libre albedrío. Xa se sabe que “casa sen dono, casa de todos”.
Entón agora non me queda máis que preguntar ¿Onde esta a rehab
ilitación dos xardíns?¿En que usaron os cartos desa partida? O máis triste disto e que o Pazo posúe unha Camelia de gran valor botánico cunha idade entre os 80 ou 90 anos e que é a única na sua especie que florece plenamente en Agosto e que ten moita fama entre os coñecedores deste mundo, e mentras os veciños do concello so vemos unha simple camelia e non disfrutamos dos xardíns que tanto íamos percorrer xa que 10.000 m2 dan pa moito. E despois saen na prensa que os xardíns do concello van a ser respetuosos co medio ambiente ¿Entón protexer as especies con valor non ten cabida ou non interesa? ¿Cando poderemos pasear por este xardín?

Do que é o Pazo en cuestión é incrible imaxinar que inda non hai 2 anos os antigos donos vivían nel, pois o aspecto de abandono é evidente así como o perigo de derrubo o que esta ameazado e seria unha pena que o día que se rehabilitase o único que se atoparía no sitio seria un
montón de pedras. A balconada presidida polo escudo semella que cando azoute o norte da Lanzada vai ir po chan. Mirar esa capela presidida por un cruceiro como se atopa no esquecemento.
Estes días o concello está a sinalizar os monumentos do concello, entre eles este Pazo e cando te paras enfronte del o primeiro que destaca e a imaxe dos contedores de lixo amarelo e verde que tan ben fan xogo co entorno ¿Non os poderían poñer enfronte, ou movelos uns metros?
Un pazo que moitos concellos desexarían poder ter no seu inventario e que aquí o único que se fixo foi compralo para que quedase no olvido pois sempre din que o van a rehabilitar pero non nos enganemos son simples escusas de mal pagador, palabras para convencer o pobo pero que nunca se ve a execución desa partida. É seguro que nos presupostos do 2.008 veremos como esta previsto o seu arranxo, pero so iso pois as miñas dúbidas teño de que se vaia a arranxar.






