martes, 30 de noviembre de 2010

Noalla según X. Ayán.

Este é o artigo que Xurxo Ayán no Galicia Confidencial escribiu sobre uns feitos que ocurriron en Noalla:

"A mesma xente que desbota e destrúe por inútil a arquitectura rural tradicional é a mesma que esbagoa escoitando o son da gaita nunha romaría ou os versos de Rosalía de boca de Amancio Prada. Os mesmos labregos e ex-labregos que fan turismo rural, que deixan caír a casa natal ou que decoran as paredes do baixo kitch do novo chalé cos trebellos da malla e a seitura, nesas paredes que súan grazas ao cemento do Oural. Dentro desta cosmovisión, botar unha placa e remover cunha pá mecánica son os dous símbolos do Progreso.
Esta realidade puidémola constatar, novamente, no noso traballo coa comunidade local na parroquia de Noalla (Sanxenxo, Pontevedra) durante as escavacións n’A Lanzada deste verán. Cómpre lembrar o impacto urbanístico producido nesta zona 0 do turismo estival galego a partir dos anos 70. A modificación da paisaxe  foi brutal para dar cabida a hoteis, hostais, apartamentos e chalets, conformando unha escenografía que nestes meses de outono semella un parque temático abandonado ou mesmo un decorado futurista de películas estilo Mad Max. Nesta paisaxe a paisanaxe, que dicía Unamuno, é moita e diversa.
De entre todo o anecdotario lanzadeiro, exporeivos o caso dun señor noallés entusiasmado polo pasado d’A Lanzada. O mesmo home que obrou nun pequeno pazo, destruíndo todo agás a fachada na que deixou o escudo nobiliario, ese brasón tan respectado pola arquitectura rural postmoderna galega. Fachendoso, este noallés iconoclasta presume de “que se chega a ser hoxe non mo deixan facer”. As vigas de castiñeiro e carballo centenarios, os solos de madeira e a sillería eran un estorbo para a habitabilidade do seu fogar. Tras contarnos unha manchea de lendas da parroquia, levounos á par da casa para contemplar un espectáculo indescriptible: o solar con rúas asfaltadas, farolas e aparcamentos da urbanización Estilo Sanxenxo, paralizada totalmente pola crise. No medio e medio da aba na que se emprazarán as casas resiste nunha vagoada un vello muíño de pedra comesto polas silvas, coma un recurso nemotécnico dos tempos pasados.
Eu, cando estudaba no colexio, representamos unha clásica obra de teatro de Cervantes titulada “El retablo de las maravillas”. Nesta brillante peza dramática, o manco de Lepanto denunciada a vaidade humana; un timador percorría os pobos e enganaba a políticos e ricachóns locais facéndolles mirar unha retablo baldeiro no que non había nada, pero que, segundo el, abranguía as marabillas do mundo. Para non quedar mal, os notables do pobo facían como que vían, cando realmente non existía nada tanxible. Por un instante vinme de novo representando a obra ao carón deste noallés que, fitando cara ao solar de Estilo Sanxenxo, me dicía: “non ves, isto é unha marabilla, isto está feito, xa está acabada”. Como volo conto, eu abría e pechaba os ollos, pero non vía nada porque alí non había casa algunha, unicamente o cartel publicitario coa infografía de turno. O meu interlocutor rematou o speech cunha frase lapidaria: “Telmo é o futuro de Pontevedra”. 
O seu convencemento era total, e non era para menos. O pelotazo urbanístico fóra de traca, e grande parte do solar era propiedade do noso home. Sen dúbida, Telmo foi importante para o seu futuro, diso non cabe dúbida. Armado de cartos, o noallés antipacego decidiu investir na construción dun hoteliño estiloso ao carón do Campo d’A Lanzada. Neste establecemento quere decorar parte das paredes coas fotografías antigas que se conservan no Museo de Pontevedra da ermida da Nosa Señora, da torre e das antigas escavacións arqueolóxicas dos anos 50 e 60. Segundo nos conta, “esas fotografías son preciosas, como o de antes non hai”. Quizabes esta actitude non reposte a ningún trastorno esquizofrénico, e cada vez os científicos sociais están a comprobar que é unha característica do ethnos galaico esta capacidade xenial de destruír o Patrimonio para despois botalo en falla."

Para ler o artigo completo preme aquí :  San Telmo.

Contra os eucaliptos chalets de luxo

Así era o monte da Granxa antes de comenzar a facer os SU 1 e 8. Un amplo espazo verde a beira do mar cun extensa masa forestal.

Masa forestal composta na maior parte por eucalipto, que como todos sabemos a procedencia dos mesmos e de Australia e como se intenta potenciar as especies autóctonas frente as invasoras en Sanxenxo non iamos ser menos.


Enton dende o concello como tiñan claro que "«dado que las especies existentes, además de tener poco valor ornamental, resultan ser un peligro para la biodiversidad»." pois había que buscar a mellor forma de erradicar estas especies e sustituilas por outras de maior valor tanto ornamental e sobretodo buscando que fosen senlleiras e que fosen autóctonas.
Enton a empresa Interurbán fai un informe onde di que é necesario cambiar esa vexetación, "se sostiene que como consecuencia de la abundancia de pinos y eucaliptos «es raro encontrar otras especies que comparten suelo»." Entón esta empresa dou coa solución para este grave problema: " De ahí que uno de los objetivos para levantar cerca de un millar de viviendas sea el de «potenciar y recuperar un ámbito degradado y abandonado»." ( VOZ)

Vamos que o mellor para o concello foi cambiar os eucaliptos por árbores de formigón e de ladrillo e así con iso contribuímos a que o entorno natural non se degrade e de paso potenciamos as especies galegas.  Pero isto non remata aquí sinon que tamen din que: "«lo que podemos afirmar es que el elemento vulnerable más importante es el paisaje"

De paso tamén poden plantar algún que outro piorno e de paso un par de muiños e como non nos xardíns teran que botar herba de Vigo que o céspede non é autóctono e para ir coidar as zonas verdes os operarios terán que ir con fouciño, nada de máquinas modernas que vulneren o ecosistema.

Había tempo que nunha soa noticia non lia tanta necedade xunta, vaia maneira de xustificar a desfeita que fixeron

viernes, 26 de noviembre de 2010

Ficción ou realidade?


"La fastidiosa herencia de una vieja casa del rural para una familia que sólo ansía con mudarse a un piso más grande y pagarse unas vacaciones en una playa saturada de gente. Un alcalde y un constructor sin escrúpulos, compichados para llevar a cabo faraónicos negocios inmobiliarios en aras del supuesto progreso de su pequeño municipio. Inoportunos restos de un castro que desaparecen tan rápidamente como aparecieron porque preservar cuesta y no da dinero. No puede ser más demoledora, y a la vez realista, la historieta de La mansión dos Pampín que, con guión y dibujos de Miguelanxo Prado, conforma una de las herramientas del Proxecto Terra que ya manejan todos los institutos gallegos para enseñar los valores de la arquitectura, la identidad territorial y el patrimonio. Y aprender a cuestionar destrozos y conceptos erróneos del urbanismo que están tan interiorizados en Galicia." (PAIS)


Así é como comenza a noticia que hoxe sae publicada no Pais onde un comic galardonado co premio nacional de Urbanismo esta ensinando aos rapaces a valorar o noso país e que non todas as fincas serven para construir nin tódolos montes.

"Se trata también de educar para que varíen los comportamientos, que aprendan que es responsabilidad de todos el modo en que se ocupa un espacio público, que no vale eso de 'yo en mi finca hago lo que quiero", cuenta Rosales. En esas visitas para conocer "otras realidades", llevó a sus alumnos de Arteixo a Allariz para que descubrieran la preservación del patrimonio y la dotación de equipamientos de los que goza un municipio con muchos menos habitantes e ingresos que el suyo."

jueves, 25 de noviembre de 2010

Nin a Dakar nin a París

Non hai tantos anos a alcaldesa se amosaba feliz de que o nome de Sanxenxo estivese presente no rallie do Dakar.
Este ano esa presencia queda descartada xa que por falta de patrocinio o equipo non se vai a presentar a edicción deste ano:

"José López Rivas ha tomado la decisión de no acudir al Dakar tras cuatro años de presencia continuada. Y el motivo es único y contundente: la falta de dinero. El piloto de Sanxenxo denuncia que se ha visto obligado a renunciar al no haber percibido 'ni un solo euro' de las instituciones para cubrir los gastos de su participación en la edición de 2010.
Según López Rivas, la Xunta de Galicia, la Diputación de Pontevedra y el Concello de Sanxenxo se habían comprometido a colaborar en los gastos y, a día de hoy, no lo han hecho.
...
López Rivas considera que las instituciones pierden una gran oportunidad de publicitarse en Argentina y Chile, tierras hermanadas con Galicia. 'No cobramos nada de la participación de 2010. Es triste pero es la realidad." (Atlántico)

martes, 23 de noviembre de 2010

Un Nadal con cándeas.

Como sabedes levamos dous anos que a iluminación de Nadal cada vez é menos e o espíritu navideño non se deixa ver por Sanxenxo.

 A adxudicación do alumeado deste ano sae por 25.800 €+ IVE = 30.444€.

E según o prego de condicións este é o reparto das luces:
( PREME NA FOTO PARA VELA EN GRANDE)

Triste nadal nos espera, si o consumo cada vez é menos, con semellante panorama xa non dan nin gañas de ir polas rúas a mercar.
Vanse pronunciar ao respeto os comerciantes? e Entretendas?
A iluminación din que funcionara dende o 11 de decembro ata o 6 de xaneiro.

A parte positiva é que podemos alumear o concello con cándeas dandolle un toque de "FHEN SHUI" que chame a concordia e a amabilidade, a humildade e sobretodo a dar sin esperar recibir a cambio, a perdoar aos compañeiros e a tender a man.

lunes, 22 de noviembre de 2010

O viño e Sanxenxo.

Esta noite pasada estabache eu algo desvelada e douseme por ollar o panfleto municipal inda que nada novo me ia atopar si me puxen a ler o artigo escrito polo dono dunha bodega e fixome gracia un par de puntos que non podo deixar de comentar.

O primeiro é no que di o seguinte: "Unhas campañas turísticas ben deseñadas, cuns principios básicos de actuación e promoción, permiten ós sectores da hostalería e a restauración coexistir con outros como a pesca, o agro ou a horta. E non só iso, senón que calquera destas outras fontes de riqueza pode verse beneficiada polo empuxe do turismo e da clientela potencial que se localiza no noso entorno." Pois cun chisco de sorte cando lean esto os de turismo tomaran nota xa que como todos sabemos aquí a única campaña que se promociona é a de Villas Marineras porque do resto na de na e para ter fontes de riqueza hai que traballalas ao longo do ano, non so 4 meses ao ano.

O segundo é no que di o seguinte: "As adegas de Sanxenxo carecen de grandes explotacións, pola contra teñen un marcado carácter familiar e minifundista que caracteriza á sociedade na que vivimos"  pero vamos a ver non se trata de carácter da sociedade senón de que Sanxenxo quedou sen ningunha área de protección agrícola no PXOM, onde antes había leiras de cultivo agora hai SUs paralizados, onde antes había terreo para ampliar esas explotacións nos últimos anos houbo especulación urbanística. Mira que pronto se soluciona o minifundismo cando a túa leira quedou dentro dun SU ou dun PEI, xa podias tela a albariño e  dicir que che fai falta para o cupo da bodega que é o teu medio de vida que o final expropiancha sin máis. Esa é a realidade.

En Sanxenxo hai tempo que se lle dou a espalda ao agro, hai tempo que so se primou a área e o ladrillo en vez de fomentar os piares que os nosos antergos nos deixaron, perdeuse tanto que non temos nin un elemento etnográfico do rural en condicións, porque levar a xente a unha adega para que vexa como se fai o viño coa única intención de que logo merque a botella do viño non é suficiente, a xente hai que transmitirlle valores, sentimento e traballo e non so miralos como posibles euros.

Porque organizar un par de visitas guiadas durante a vendima e facer que os turistas sexan participes non é tan difícil pero claro logo disertamos de que hai que facer, de que hai que promover pero a hora de mover o cu e implicarse recuamos, non vaia ser que veñan 20 turistas a andar pola viña, coman un par de kilos de uvas e inda por riba perdamos o día de vendima. 
Non moi lonxe de Sanxenxo, no concello veciño, si se levan iniciativas a cabo deste tipo, despois da visita a bodega teñen un museo da muller labrega que visitar, unha ruta da auga, ...........

Agora que estamos en tempos de vacas fracas máis dun seguro que quedou sen os bos pastos nos que poder rumiar a gusto en vez de facelo no cemento que quedou apilado sen poder rematar de levantalo. 

domingo, 21 de noviembre de 2010

Pintadas

O venres varios lugares de Sanxenxo amenceron cheos de pintadas, había pintadas na casa do concello e polo paseo de Silgar, frente a Urbanismo, na rúa Castelao, na Progreso, .....
O máis significativo das pintadas é que as 8:30 da maña xa había persoal do concello limpando as da casa do concello, verdade Salvador? Pois foi o concelleiro de Persoal quen dixo cal era urxentes limpar.

Mentras a casa do concello apareceu chea de pintadas alusivas a xestión da alcadesa como:




No resto de rúas había lemas tales:



 




Esta é unha pequena mostra das fotos que me achegaron durante  o fin de semana para que as colgase no blog como mostra de como amenceu a vila de Sanxenxo.
Todo isto indica un ambiente crispado que moitos concelleiros do grupo de goberna axudan coas súas dotes arrogantes coa veciñanza de Sanxenxo.