
Para saber o que acontece arredor noso. O que sucede en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, Nantes, Dorrón,Bordóns...
sábado, 25 de septiembre de 2010
A quen lle fai falta clases?

viernes, 24 de septiembre de 2010
carta aberta
OPINIÓN
GERARDO FERNÁNDEZ
Despois de ler as súas atrevidas e desafortunadas declaracións acerca da miña xestión como presidente da Asociación de Veciños de Adina, dispóñome a aclararlle certas cuestións que vostede demostra ignorar e que confirma o dito de que “a ignorancia é moi atrevida” , mais isto non o fago por cuestións persoais, moito menos por darlle protagonismo que é o que realmente persigue, senón porque vostede cando critica as miñas actuacións coma presidente está criticando as decisión tomadas en asamblea de directivos e veciños, e non podemos permitir que descalifique de ningún xeito ós veciños da parroquia de Adina por moito que a vostede lle fastidie a construcción do Centro Cultural.
Para empezar, teño que facerlle saber que hai máis de dous meses que nin vexo nin falo coa alcaldesa, a pesar de que vostede afirma que así o fixen a semana pasada na visita ás obras de Casa de Cultura de Adina. Este feito, plantexa dúas teorías, ou ben vostede minte, sen saber con que fin pois ser mentireiro non é cualidade apropiada para un representante público, ou ben, non se entera do que pasa en Sanxenxo, nin en Adina, o que demostra unha incompetencia preocupante a estas alturas da súa vida política. Vostede dirá cal das dúas opcións é a correcta, ou si ámbalas dúas o son.
É evidente que vostede intenta mesturar a problemática da acampada ilegal coa construción da Casa de Cultura coa única finalidade de obter rendabilidade política, pero os veciños decidiron en asamblea que as dúas cuestión se tratarían por separado, e os veciños son os que mandan, dándolle tamén a vostede a oportunidade de que fixera algo polos veciños afectados de A Vichona e polos que non fixo nada, lembrándolle tamén que vostede é tan responsable desta ilegalidade coma calquera outro concelleiro de Sanxenxo, pois “o que cala otorga”, e vostede leva máis de tres anos calando e otorgando unha ilegalidade. Non podemos dicir o mesmo do BNG, o único grupo municipal que tivo a decencia de denunciar esta problemática. Para rematar quero que nos aclare certas dúbidas se o cre oportuno:
Que intereses ocultos ten para non denunciar unha ilegalidade recoñecida por vostede mesmo en reunión veciñal como fixeron outros compañeiros da Coorporación?
Por que non fixo nada durante os máis de tres anos que leva na Coorporación para evitar esta ilegalidade?
Por que non denunciou nunca o tema entre apabullante cantidade de notas de prensa publicadas nestes tres anos?
Só me queda darlle as gracias polo seu tempo dedicado ós veciños de Adina, especialmente ós da Vichona"
Texto extraido do Diario de Arousa, sección Opinión.
jueves, 23 de septiembre de 2010
Vergoñento
Pois ben esto indica tal e como denuncia o BNG na prensa que a alcaldesa e o concelleiro de mediambiente que ia vixiar os verquidos e acabar con eles permiten este tipo de actuacións nunha propiedade pública.
Xa todos coñecemos os trexemanexes do concello, pero unha cousa e gardar as apariencias e outra tolerar semellante actuación, si a empresa non ten onde botar os refugallos que os leve para a súa nave de Cambados.
Xa este verán demos unha imaxe de concello sucio, pero é que vaias por onde vaias atopaste con vertedoiros ilegais pero neste caso podemos considerar este vertedoiro legal?
Onde raios esta a policía medioambiental?
Agora que tampouco poden alegar que non atopan o dono da empresa para notificarlle que retire os refugallos porque seguro que a alcaldesa e os da Xerencia de Urbanismo o teñen o longo do día a menos de 2m en máis dunha ocasión.
Pero claro a metade dos veciños desa parcela non votan, xa que por moito lixo que lle boten detras da súa última morada non se enteran pero teñen familiares que gozan da liberdade de sufraxio.
miércoles, 22 de septiembre de 2010
En busca da Senadora perdida


Pero tamén cabe destacar a ausencia do presidente da AA VV de Dorrón na visita das obras da casa desta parroquia.
martes, 21 de septiembre de 2010
Mobilidade?
As propostas son moitas:
1. Potenciar o transporte público.
2. compartir coches nos desplazamentos comúns.
3. Usar bicis.
4. restrinxir zonas ao tránsito de vehiculos.
En Sanxenxo todos coñecemos o tráfico que hai, sendo moitas veces insufrible e inda por riba eliminan un bus escolar que evitaba o traslado en coches de moitos nenos e que agora si queren asistir as clases pois dependeran dos coches particulares.
O tráfico en Sanxenxo ten solución?
Como funciona o servizo de bus municipal urbano?
viernes, 17 de septiembre de 2010
Os de Portonovo a piscina, os de Sanxenxo a vela e os do rural a onde?
Agora sorprendennos coa eliminación do autobús escolar para as actividades extraescolares incidindo no alto custe que supón este servizo. E despois de ler os argumentos dados por Paz queda máis que evidente que non ten xa nin voz nin voto dentro do grupo de goberno para poder dirixir o seu departamento.
Vamos a ver, unha vez máis os rapaces do rural serán os grandes perxudicados porque moitos so poderán optar as actividades que se realicen no seu colexio xa que si non teñen quen os leven por exemplo a piscina quedaran sin esta actividade. ou a clases de vela , actividades que non se poden facer nas parroquias onde viven. Claro que logo ven Catalina como abandeirada da conciliación laboral e familiar, pois aquí queda demostrado que pouco lles importa a realidade que viven os rapaces das parroquias rural porque non todas as nais dispoñemos de coche ou dun horario laboral para poder levar os nenos as actividades noutras parroquias. Hai días anunciaba que ian promover o voluntariado nas persoas maiores para acompañar outras pois ben o que esta a fomentar agora e que moitos abos se queden cos netos.
O BNG calificaba a situación como "unha situación de EXCLUSIÓN e SEGREGACIÓN por motivos económicos ou en función das dispoñibilidade familiar para poder trasladalos a estas actividades, e en moitos casos interrompendo así un proceso de aprendizaxe continuado.Dende o Partido Popular son conscientes que a eliminación do transporte provocaría que nalgunha actividade se reducira o número de nenos e nenas asistentes, o que lles daría pe á eliminación de dita actividade enmascarado detrás de un perverso argumento de austeridade " E que o máis grave é que van a discriminar os rapaces non tan so polo poder económico dos pais ou da dispoñibilidade da familia senón discriminación polo lugar de residencia xa que os rapaces de Sanxenxo teñen máis facilidades para ir a vela e os de Portonovo a piscina mentras que os de Nantes, Vilalonga, Aios, Noalla, Dorrón e Bordóns que non teñen posibilidade de movilidade por conta propia que se lles ofrece exceptuando as actividades da súa escola?
Aquí hai quen esquece moi pronto pero grazas a Deus existen as hemerotecas e recordarlle a alcaldesa que hai un bus rural e o día da presentación decía o seguinte :" La prestación costará anualmente unos 280.000 euros, y el Concello prevé unos ingresos de 140.000 euros. «El déficit lo asumirá el Ayuntamiento», manifestó Catalina González, alcaldesa de Sanxenxo, mientras viajaba ayer en uno de los microbuses que ya cubre una de las tres líneas en funcionamiento. «Es una apuesta muy importante».«Pretendemos promocionar así el transporte público, y también servirá para eliminar coches de las carreteras y aliviar el tránsito», señaló al mandataria municipal." Vai a eliminar este servizo tamén porque é deficitario? Fala de eliminar coches da carretera e agora dinnos que usemos todos os coches para levar os crios as actividades, aclarese Catalina.
Pois ben hai que decirlle a alcaldesa e a Paz que ese servizo moitas veces compatibilizase co transporte escolar de nenos do rural, non hai moito tempo que escoitaba falar a unhas señoras de Aios en Baltar dicindo que o autobús chegaba media hora tarde porque antes ia levar os rapaces a escola.
Pero claro ao non haber comunicación entre Paz e Catalina como se van a poñer a buscar unha solución a este tema ou compatibilizar estes dous servizos, porque poder podese, outra cousa é querer. E máis fácil dicir que non se presta o servizo porque sale moi caro que buscar solucións, para que perder o tempo traballando.
Pero non todo queda aquí xa que hai unha actividade da que presumen moito que é a banda de música municipal, as escolas de música, que tantas veces promocionaron na revista municipal e que os nenos para ir ensaiar ao Pazo Pardo Bazán ian nestes autobuses, como van facer agora si os pais non os poden levar? Van perder alumnos por non haber autobús? ou vanse respetar algúns privilexios respeto a outros?
A este paso vamos aforrar en soldos de persoal en Terra Sanxenxo, xa que si non hai alumnos suficientes para as actividades extraescolares non farán falta monitores, si as alumnos de arte non os poden achegar ao pazo xa non fara falta persoal para impartir esas clases.
Porque claro tampouco é rentable manter unha actividade cun número escaso de nenos, verdade Paz? e si non hai nenos suficientes por actividade non quedará outra solución que a eliminación da mesma.