viernes, 6 de agosto de 2010

Avispeiro en Vilalonga

Hoxe envianme unhas fotos dun avispeiro que se atopa en Vilalonga na zona da Salgueira, debaixo dun parque infantil.

Os veciños queixanse de que cada vez que van tirar o lixo saen con picaduras e para que poidamos ver o tamaño das avespas envian estas fotos, dicen que son de tamaño considerable e que teñen a rabia, xa que as picaduras son moi dolorosas.Justificar a ambos lados



Pero a que é debido esto? pois sinxelamente a falta de limpeza dos contenedores, e o lixo que se acumulan neles é o campo idóneo para que se asenten as avespas.

Inda que o concello se adica agora a fumigar o contenedor con pouco éxito hai que limpar antes, porque as avespas non se crian nun día nin en dous, así que un pouco de auga e xabón non estaria nada mal nos contenedores do rural do concello.

E así relatan as queixas os veciños do lugar na TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG





Inda que este non é o único caso de bichos que atopamos no concello, e non me refiro precisamente ao circo que teñen alguns montado senón a invasión de formigas que hai por todo o paseo de Baltar, sobretodo na zona das casetas que hai montadas.

As plagas parecen que empezan a profilerar por todo o concello e os únicos que pagan as consecuencias son os veciños que sufren as picaduras destes bechos e todo por non esixir un mínimo de limpeza tanto dos contenedores como das rúas.

Os "críticos" non van a Cope

Onte como moitos xa sabedes a cadena Cope fixo o seu programa matinal dende Sanxenxo e según se pode ler na súa páxina: " El magacine de Cope Pontevedra se ha trasladado hoy hasta el municipio de Sanxenxo, para dar cuenta de la actividad estival que este municipio de las Rías Baixas y de su lugar de referencia en el sector turístico" e dixen eu seguro que falou Almudena como concelleira de turismo e Paz como a de cultura e naturalmente a alcaldesa, faltaba menos, pois non.

O que dou conta do que pasa en Sanxenxo a parte da alcaldesa foi SALVADOR, si, o concelleiro de persoal, pero claro falando de Nauta e da cantidade de xeados e refrescos que estan vendendo este ano.

Non sei si o resto de concelleiros xa pillaron vacacións porque vamos nin se lles ve nin se lles espera so están os omnipresentes de Salvador e Tino porque o resto non saen xa nin dando as famosas estadísticas que lles gusta dar a alcaldía cando son positivas para eles, xa o dícia Van Ghal: · sempre positivo, nunca negativo".

Esta máis que claro a ruptura dentro do grupo do partido popular que agora ata se pisan as competencias uns aos outros, non vaian falar algúns de máis e deixar aos outros en evidencia. Por iso cando un veciño vai falar con algún destes concelleiros sobre todo co do sector crítico a resposta máis habitual é: "Teño as mans atadas, non podo facer nada".

Non me estrana que cada día cobre máis forza o rumor de que despois do verán haberá reestructuración dentro do equipo de goberno, e si temos en conta de que se fala de cambiar o encargado de persoal para urbanismo, que cacho da tarta lles vai quedar os críticos?

jueves, 5 de agosto de 2010

Inoperancia ou pasotismo?


Hoxe volven a enviarme fotos para denunciar que sigue acumulandose o lixo sin que se faga nada para evitar esta situación.

Xuzgade vos mesmos.

miércoles, 4 de agosto de 2010

O custe das vidas das persoas.

Onte no Diario de Pontevedra podiamos ler como o presidente da Asociación de Veciños de Dorrón confirmaba que a asociación non foi invitada ao acto que se fixo na estrada de Dorrón a Bordóns e hoxe podemos ler máis información sobre o tema.

No Diario de Arousa podemos ler unha seria de taras que xa ten a nova carretera inda que se apresurasen a sacar a foto tendo os postes polo medio, tramos sen rematar, unións de calzadas perigosas, etcc...

"O BNG di que en Recarei tamén merece especial atención a baixada para Recarei de abaixo, onde un núcleo de 12 casas e máis de 40 veciños teñen que saír á estrada principal con grave problema de visibilidade, aumentando a pendente da subida e con un ancho na saída igual a que tiña antes, facendo de este punto en concreto moito máis perigoso por coincidir coa intersección do novo desvío. Rafael Louzán, a resposta por parte deste último foi clara dicindo que a Deputación non se responsabiliza da obra desta baixada, que era o concello de Sanxenxo quen tiña que facelo. A resposta da alcaldesa deixou entrever que a solución neste punto era excesivamente cara, mesmamente atrevéndose a cifralo en 26.000€. O certo é que a día de hoxe non teñen establecido conversas co propietario dos terreos necesarios para a mellora desta saída. A escusa do encarecemento vai ter que xustificala mellor xa que temos que recordarlle á señora González que fai uns meses a señora González inverteu case 70.000 euros no tramo dun camiño que non conduce a ningunha vivenda e asumindo os custes de asfaltado e de un muro de unha propiedade privada no lugar de Barreiro en Dorrón." (extracto sacado da web do BNG)


Agora resulta que arranxar un acceso duns veciños a unha carretara non se fai porque custa 26.000 euros.

Queda clara que para Catalina que a vida dos veciños de esa zona non custa nin 26.000 euros, en cambio si hai para pagar asfaltados en pistas que non dan a ningún nucleo de poboación como pode ser o de Barreiro por 70.000 euros ou a pavimentación do camiño que hai enfronte do Mesón o Vento por valor de 28.000 euros + ive.

Claro é mellor invertir eses cartos en pregóns e en sardiñas para os turistas que en medidas de seguridade vial para os veciños.

Tan so por dignidade e xa non digo por sentido común, esperemos que atopen eses 26.000 euros para garantir a seguridade viaria dos conductores, porque agardemos que non pase unha desgraza porque entón sobre a cabeza da Alcaldesa e de Tino pesaran eses 26.000 euros , porque aqui parece que nos acordamos de Santa Barbara cando trona non antes a pesares das advertencias que lles fixeron en varias ocasións.

Sigamos asfaltando pistas que van so a leiras e facendo muros privados sin ter porque, sigamos facendo gastos superfluos e sigamos sendo un concello que o único problema que ten agora é que este ano pican menos as fanecas co cal debe aforrarse moito en amoniaco e haber si así euro a euro acadamos os 26.000 euros.

martes, 3 de agosto de 2010

Verde que temos verde de sobra

Hoxe vou volver darlle un par de traballiños a Mario, que non me esquecin del, so que inda que saques hoxe unha foto na semana seguinte sigue todo igual.

A primeira foto tratase do novo tratamento para mellorar a circulación sanguinea mentras paseas polas aceras de Sanxenxo. Nada mellor para activar dita circulación que unhas fregas de silvas nas pernas, os efectos que produce dito tratamento son tan beneficiosos que ata fai baixar a media de tempo que che leva a camiñata diaria.


A segunda tamén é outra medida sobre circulación, pero neste caso de circulación viaira e o maravilloso plan de señalización do rural.

Como se pode comprobar non se sabe moi ben a que velocidade camiñas, pero o máis curioso é que as cunetas estean limpas pero esqueceron limpar a maleza que cubre a sinal, si é que non levantan cabeza últimamente e así quedan as cousas.

PD.: a fragoneta segue co cartel de venta, ou menos o cartel inda o ten pegado, sinal que inda non foi sancionada, faise a vista gorda?

lunes, 2 de agosto de 2010

Vamos a peor.



Estas fotos están sacadas hoxe a maña e como se pode comprobar a día 2 de agosto dedicanse a pintar o murallón do paseo de Silgar.

Si en xullo se adicaron a pintar os bancos e os pasos de peóns suponse que en setembro pintaran as farolas?

Pero como se pode estar facendo este tipo de chapuzas en plena tempada alta de turismo? Simplemente PATETICO.
Esto debia estar feito hai moito tempo, non a última hora a presa e correndo.

Pero non so iba a ser Silgar, xa que hoxe tamén pintaron os bancos de Caneliñas como se pode ver nas seguintes fotos:




domingo, 1 de agosto de 2010

A burbulla inflada da política.

Hoxe vou recomendar a lectura de dous artigos publicados hoxe no País. O primeiro baixo o título: " A burbulla inflada da política" no que se pode ler o seguinte:
"La desmesura alcanzada por la construcción en Sanxenxo recibió el empujón definitivo con la redacción de un documento que, paradójicamente, ofreció una buena oportunidad de poner orden y sensatez al desarrollo urbanístico de una localidad plagada de segundas residencias, donde el número de viviendas vacías duplica al de ocupadas en cuanto agosto termina y los turistas hacen la maleta hasta el verano siguiente. A principios de 2003 el Ayuntamiento aprobó su Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). El plan, redactado a toda prisa para llegar a punto a los tiempos de la burbuja, terminó por convertirse en la legitimación de la marbellización de la localidad."
Para ler o artigo completa preme aqui ........... a burbulla

O segundo artigo leva o título de "Sanxenxo e os seus escombros" e comenza co seguinte parágrafo:

"Ante el mirador de Palacios, poco antes de entrar al centro urbano de Sanxenxo, se despliega una bonita panorámica de la ría de Pontevedra que no tarda en perderse de vista tras los primeros edificios. No hace mucho, mirando desde allí hacia el interior, resultaba difícil llevar la cuenta de las grúas de obra que atestaban el perfil costero de la localidad. Hoy pueden contarse con los dedos de una mano. Son las luces que se van apagando con el fin de fiesta del bum inmobiliario, un fenómeno que el Ayuntamiento pontevedrés llevó al límite en la última década y que ha dejado tras de sí un rastro de desempleo y persianas bajadas en el sector local de la construcción, acompañado de la práctica desaparición de los últimos restos de actividad pesquera y agrícola."

E no cal vou facer mención a unha frase que se di no artigo é que resume moi ben a realidade de Sanxenxo: "Algunos venden verduras cultivadas en Sanxenxo. Una pequeña heroicidad donde el valor de la tierra se mide en alturas permitidas"

Para ler o artigo completo preme aqui .......... Sanxenxo e os seus escombros