lunes, 15 de marzo de 2010

Reportaxe de Monte Faro no País.

O titular é o seguinte: "La Xunta excluye de la protección de costa un campo de golf vinculado al PP"

"De un plumazo, el Plan de Ordenación del Litoral (POL) que promueve la Xunta elimina la posibilidad de construir en 535 hectáreas de suelo urbanizable en Sanxenxo. El 42% del veto al ladrillo del proyecto de la Consellería de Medio Ambiente en la provincia de Pontevedra se concentra en este municipio gobernado por el PP, expuesto por el resto de partidos como ejemplo de la marbellización de Galicia. Pero la protección aplicada en Sanxenxo tiene una significativa excepción, al dejar fuera de su amparo el macroproyecto de campo de golf en Montefaro promovido por una empresa vinculada al PP de Valencia. El proyecto de Montefaro lleva asociado la construcción de 2.700 viviendas."

Para seguir lendo preme aqui... Monte Faro no País..
Tamén é moi interesante o articulo que se titula: Encontro con Rivas, que se pode ler na mesma folla é que di o seguinte: "

Reencuentro con Rivas

El vínculo entre el proyecto de Montefaro y el Plan de Ordenación del Litoral (POL) se llama Encarna Rivas. Cuando se gestionó el Plan General y el proyecto del club de golf, Rivas era la gerente de Urbanismo de Sanxenxo. Ahora es la máxima responsable de Urbanismo de la Xunta, desde su cargo de secretaria general, aunque ha sido Manuel Borobio, como director general de Sostenibilidad y Paisaje, quien ha dirigido la dirección del POL en la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

En Sanxenxo, Rivas trabajó a las órdenes de Telmo Martín. Fue destituida fulminantemente a los dos días de que el ahora presidente local del PP de Pontevedra fuese relevado en la alcaldía por Catalina González. Una de las últimas decisiones de Rivas y Martín fue la de sustituir la obligación de construir viviendas sociales en el club de golf por una cantidad económica. Lo que entonces era un ventajoso convenio se convirtió, tras el estallido de la burbuja inmobiliaria, en un grave lastre para las promotoras del club de golf.

Sedesa, propietaria del 70% del suelo del futuro club de golf, reclamó mediante un recurso de reposición la devolución de los casi 4,8 millones ingresados. Ante el rechazo del ayuntamiento, acudirá a la vía judicial.


E para rematar tamén vos deixo un enlace sobre a nova directora da APLU e a destitución do anterior director: Barra libre urbanística.

domingo, 14 de marzo de 2010

Rico versus pobres


Hoxe na prensa lemos o seguinte titular: “El BNG acusa a la alcaldesa de Sanxenxo de “encubrir” la realización de obras en el puerto de Portonovo sin que el Plan Especial número 1 esté aprobado. Se refiere concretamente a la nueva sede del Club Náutico por lo que creen que “non se poden executar legalmente as obras que se están realizando no porto, sendo máis grave o feito de que carecen de licencia municipal”.

Recuerda que en el año 2004 el Náutico de Sanxenxo, tras aprobarse el Plan Especial de este puerto, cursó la solicitud de su licencia, al igual que hizo Nauta para desarrollar las obras, por lo que “non se entende a permisividade de este grupo de goberno co Náutico de Portonovo” ( Diario de Arousa)

Esta denuncia esta dando moito que falar en Portonovo xa que se une a problemática que hai coas festas patronais.

Si o Clube Náutico non ten licenza debera ser paralizado inda que maña saira o concelleiro de urbanismo dicindo o de sempre que “os membros da oposición non coñecen o que pasa no concello e bla, bla , bla, bla” frase que usa a miúdo cando carece de argumentos. Pero a ver como explica si hai licenza ou non porque agardemos que non se faga diferenzas entre ricos e pobres, entre os que teñen unha gamela e os que teñen un iate.

Xa esta ben de facer a vista gorda cos de sempre mentres cos pequenos lle aplican o habido e o por haber, pero nada desto me vai estranar, ata cando os propios empregados da Xerencia non se solucionan nin o seu, verdade Angel.

viernes, 12 de marzo de 2010

Abreuse a veda


Vou empezar dicindo que calquer acción que se emprenda para apoiar os colectivos máis desfavorecidos: maratóns, recollida de alimentos, xoguetes, diversos materiais, concertos, eventos deportivas, galas, ...... sempre os apoiarei e estarei dacordo en que se faga, e quero que esto quede ben claro.

Podese estar dacordo co fin, como é o caso que quero relatar, pero non coas formas nin cos medios.

Hoxe visitando a web do concello atopome co seguinte: " A Asociación de Mulleres en Igualdade de Sanxenxo organiza este sábado, 13 de marzo de 2010, ás 21 horas e no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, un Concerto de Música, a cargo da Sociedade Musical Sanxenxo e a beneficio de Haití. [...]" Un concerto a favor de Haiti pareceme unha boa idea para axudar a ese pobo.

Pero o significativo desto é o seguinte: a utilización da web do concello por parte dunha asociación para promocionar un acto mentras que outras asociacións non contan con ese privilexio.
Si a xustificación é o concerto benéfico hai que recordarlles que outras asociacións levan emprendido outras campañas e para iso non gozaron dun espazo na web do concello, espazo de tódolos veciños.
Co cal abrese a veda:

*calquer asociación do concello podera facer uso da web do concello para publicitar os seus actos.
* o uso da banda municipal: calquer asociación podera solicitar que a banda de música municipal amenice os seus actos sen ánimo de lucro.

Inda que me acusen de populismo non podo deixar de dicir que o que realmente penso que sucede é que un acto que debería facer o concello como institución o organiza unha asociación enmascarando así un trato de favor e facilitando unha publicidade popular a conta de todos.

Porque claro logo dirán que os veciños non apoian este tipo de actos, que eu sepa onte paseando polo concello non vin un so cartel anunciando o acto e hoxe misteriosamente aparece na web do concello.

Pero por eso repito que o que se denuncia aquí son as formas, as maneiras NUNCA O FIN. Cada un é solidario na medida que cree oportuno: asistindo a este concerto, facendo entrega de xoguetes, donando alimentos ao banco de alimentos ou donando directamente o que crea convinte en calquera das numerosas contas que hai.

Por iso, hoxe creouse un precedente.

miércoles, 10 de marzo de 2010

As dornas no secano


Unha das imaxes máis fermosas que se pode contemplar nas nosas rías é ver como as dornas navegan a vela. Asistir os númerosos encontros de embarcacións tradicionais e poder gozar destas regatas como a do Sepelo que se fai en Portonovo pero non podo deixar de mencionar a que se fai en Ribeira, encontro o que me encanta acudir,

O labor que fan os colectivos por recuperar esta embarcación tradicional galega é impresionante e no noso concello temos unha: Asoc. Amigos da Dorna.

Esta asociación edita un voceiro chamado O CABESO de edición anual no que dan conta dos seus proxectos, dos seus eventos e demáis datos. No último número editado, na última folla, hai un artigo titulado: "Máis perto do noso Local Social" e deste artigo é do que quero falar hoxe e agradecer que me fixeran chegar este voceiro e algunhas reflexións por correo.

Nel detallase os problemas que teñen para acadar un local no que gardar as embarcacións e o material que teñen, e mesmo un local no que reunirse: "Logo de moitos intentos, sempre fallidos, ben por negativas ou ben porque os responsables do local da antiga oficina para a bomba do gasoil dos barcos, situado na Rúa Rafael Picó -antes de entrar no porto-, non se mollaban, na reunión da Xunta Directiva do mes de outubro decidiuse optar pola ocupación forzosa do local, planificada para o día 4 de decembro." Pois ben, enton deciden falar coa concelleira de cultura, coa Federación de vela, con Portos de Galicia tal como se pode ler na revista, onde lles din que unha vez tramitado todo o papeleo pertinente poderan gozar do local.

Pois ben, aqui parece que si non fas as cousa polas bravas parece que non te toman en serio (ocupación forzosa en decembro) xa que o problema de locais en Portonovo é xa historico. Os de piragüismo seguen esperando, xa que este ano non vai ser, o grupo de gaitas sigue ensaiando no porto en pésimas condicións, e os da Dorna ahi están.

Pero claro logo presumese cando unha asociación leva o nome de Sanxenxo ou Portonovo a outros países, recordemos o caso dos Amigos da Dorna no encontro de Brest, pero mentras seguimos agardando. Mentras uns agardan unha limosna en forma dun local en condicións ou mesmo calquer tipo de axuda outras institucións privadas gozan de axudas do concello, como por exemplo o centro cultural de Vilalonga que é unha asociación privada a cal entre todos lles pagamos o alquiler mentras outras que levan anos reclamando axudas e sin embargo desarrollan programas culturais ou de ocio que axudan a dinamizar a vida social do concello son claramente discriminadas. ¿Discriminación ou favoritismo? porque igualdade non hai. A uns pagamoslle locais e a outros mareamolos.

A Senador e concelleira de cultura pensaba que co sorriso eralle suficiente, pero cada vez hai máis xente que xa non cree nese sonriso. E logo non olvidemos que a alcaldesa sendo de Portonovo é coñecedora desta problematica pero sobrevaloramos os custes de humanización das rúas de Portonovo mentres os nenos seguen a cruzar as ruas coas piragüas ao lombo para poder practicar deporte. Inda que mentras teñamos campos de fútbol e si teñen herba sintética mellor e obviamos outras modalidades de deporte. E iase facer un museo do mar no que poder lembrar como Portonovo foi un porto pesqueiro importante e que mellor forma de disfrutalo que podendo gozar de embarcacións tradicionais, as dornas xeiteiras que chegaban cargadas da sardiña do xeito ao porto.

Sei que moitos cando lean esto sacaran todo tipo de conclusión e opinións pero cada pau que aguante a sua vela e sobretodo cando é moito barco para tan pouca vela e inda por riba se negan os medios necesarios para poder desempeñar unha función decente é mellor recoller bartulos e tirar cara outros mares máis sinxelos de navegar e algún día volveran ao mar as xeiteiras, as polbeiras, as tramalleiras, as mecas,...

Pero mentras non queda máis remedio que seguir pelexando e sinón tempo o tempo, as palabras surcan polo aire igual que as gaivotas o redor do mástil agardando que algunha sardiña salte fora da rede para poder engulila.



lunes, 8 de marzo de 2010

De novo a APLU

Empezamos a semana co seguinte titular na Voz: "Detectan infracciones muy graves en siete concellos de la provincia. La Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, dependiente de la Consellería de Medio Ambiente, está tramitando expedientes de infracción muy graves en siete municipios de la provincia de Pontevedra. La mayor parte de estos casos se refiere a construcciones en zonas costeras o de protección paisajística y suelo rústico, donde la calificación urbanística limita mucho la tipología de las construcciones permitidas."

Entre os concellos nos que se toparon casos atopase Sanxenxo, os expedientes abertos pola APLU siguen o seu curso.

Cabe recordar que a APLU esta dirixida pola que foi xerente de urbanismo en Sanxenxo na época de Telmo Martín: Encarna Rivas.

A APLU tamén vai ser a encargada de velar polo cumplimento do POL unha vez que sexa aprobado definitivamente, xa que todavía se encontra en fase de consultas para a súa posterior aprobación inicial.


Día da muller traballadora



Para todas as mulleres que traballan os 365 días do ano, moitas veces sin que se lle recoñeza o seu traballo, pasando calamidades e incluso en desigualdade.

jueves, 4 de marzo de 2010

Festas de Portonovo e hosteleiros

Estas son as queixas dos hostaleiros de Portonovo sobre as festas patronais: falta de aparcamento, moita duración, ruido, barracas moito tempo instaladas, ....



agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Estas queixas foron tratados nunha reunión do sector coa alcaldesa tal e como podemos ler hoxe no diario de arousa: "El Concello habilitará una parcela municipal de 3.000 metros en Seame para aparcamiento "
"los hosteleros mostraron su preocupación por el desarrollo de las fiestas de San Cristóbal y San Roque, pues consideran excesiva su duración y ocupación de los espacios por parte de los puestos de venta ambulante. Por ello, desde el Concello de Sanxenxo se transmitirá este sentir a la Comisión de Fiestas, así como las condiciones de ocupación de la vía pública durante las fiestas y los períodos de duración de las mismas.

Este tema había suscitado ya el malestar de otros colectivos, sin embargo la organización de la Feria de Artesanía es una importante fuente de ingresos para los organizadores de los festejos de Portonovo."