viernes, 19 de febrero de 2010

"Limpeza na Lanzada"


Cartel da campaña de "Limpemos a Lanzada" que me fixeron chegar por correo, esta actividade sera maña sabado a partires das dez da maña.

Nova resposta sobre a subestación.

Hoxe saia na prensa a última resposta da Xunta sobre o traslado da subestación, a cal me fixeron chegar por correo e aquí vola deixo para quenes lle queiran botar unha ollada.

FEBREIRO 2010. 2º RESPOSTA


























OUTUBRO 2009 - 1 RESPOSTA


















Preme nas imaxes para velas en grande.

Crisis para todos menos para a Igrexa

Estes días coñeciamos a seguinte noticia: "Los 252,6 millones de euros, 11 más que en el ejercicio anterior, ingresados por la Iglesia gracias a la famosa “X” en la declaración de la renta de 2009,"

Según se pode ler en El Plural : "Nueva financiación
Pero, ¿cuánto es “poco” para los obispos? Al parecer, el nuevo sistema de financiación implantado en 2007 sólo ha traído ventajas. Aunque Martínez Camino explicó que el clero pierde 30 millones de euros al año porque ya no está exento de IVA, Público cifra en 133 millones, descontando este ajuste, las ganancias de la Iglesia con el nuevo método. Los obispos pagan IVA, pero la asignación del IRPF subió del 0,52% en 2007 al 0,7% actual. Una verdadera bendición que no ha impedido la beligerancia de la cúpula católica con el actual Ejecutivo. "

Din que fan moito con poucos cartos pero non vexo eu que en Sanxenxo a Igrexa invirta moito na conservación dos seu patrimonio senón que inda o concello en forma de subvencións ten colaborado en distintas obras de restauración a parte de facerse cargo de manter os atrios coidados en moitas das parroquias e inda se queixan de que pagan IVA. O terán que pagar como todos.

Por iso a pregunta que quero propoñer para debater é ¿a igrexa debería manterse cos seus propios fondos ou debe seguir recibindo as cuantías do Estado?

A miña resposta é que si vivimos nun estado laico debe manterse por si soa ou sinón o resto de relixións tamén teñen dereito a un cacho do pastel e habería que por unha casilla para un X na renta.

jueves, 18 de febrero de 2010

Nova sentenza. SU 18

Onte podiase ler na Voz de Galicia o seguinte: " El Tribunal Supremo da la razón a la Xunta al paralizar un complejo de chalés en Montalvo"El fallo es tajante. «El interés público que ha de primar es el tutelado por la Xunta que se refiere a la protección del medio ambiente». Además, la sentencia de seis folios del 29 de enero subraya que «es imprescindible que la evaluación ambiental integrada debe realizarse con carácter previo a la aprobación del programa y plan».

Agora falta saber que vai dicir Angel ou a alcaldesa o respeto, xa que hai que recordar que no seu día enzarzaronse nunha batalla contra a consellería de Mediambiente o cal interpuxo o correspondente recurso ante o Tribunal Supremo que ven a darlle a razón a Xunta.

¿Que consecuencias pode traer esto? ¿que medidas van a adoptar os propietarios dese SU? ¿reclamaran danos e perxucios ?

"El alto órgano judicial, con sede en Madrid, con este fallo prima los intereses ambientales sobre los urbanísticos, y recoge que el complejo «trata de edificar un reducido número de viviendas que en su mayoría, según el recurrente, se destinarán para un uso veraniego»."

sábado, 13 de febrero de 2010

Asociacións Veciñais (I)

Como cada 15 días aquí vos deixo o artigo do Aturuxo:


Estamos acostumados a ver na prensa peticións de distintos colectivos veciñais, uns solicitando o arranxo dunha estrada, outros pedindo un espazo onde poder desenvolver as súas actividades, tamén solicitando melloras para a parroquia,..., pero tamén estamos acostumados a ver como sempre aparecen as frases: polo ben do pobo, porque o demandan os veciños, etc…
Calquera reivindicación que se faga para mellorar un colectivo, unha vila, o benestar dos veciños sempre será benvida e debe ser escoitada por aqueles que teñen o poder de que esa mellora sexa unha realidade. Pero a triste realidade é moi diferente.

A miúdo pregúntome cal é o papel das Asociacións de Veciños (AAVV)? Ultimamente podemos atopar un sinfín de papeis que adoptan as aa vv en Sanxenxo. O máis habitual é que sexan un apéndice máis do grupo do goberno dependendo o tema a tratar. Prodúcese comunicación directa entre presidente e alcaldía que pode ser ben intencionada, ben pode ser inocente ou ben ser utilitaria. Pero cando a comunicación se ten que dar á inversa a manipulación queda claramente manifesta.

A golpe de pancarta e carteis moitas veces conseguiuse que as parroquias sexan mellores, que poñan uns metros de beirarrúas, un par de farolas ou se faga un aparcadoiro....

Para seguir lendo preme aqui ......

Os postes da luz

Hoxe fixeronme chegar unhas fotos para que as publicase xa que van a dar moito que falar.

Parece ser que o goberno do PP sentoulle moi mal que o BNG denunciase o estado no que se atopa a subida o cementerio de Vilalonga, que un mes despois do temporal que causou os estragos inda estea sen arranxar os desperfectos.

Ata aqui todo correcto, pero polas informacións que teño, sentoulles tan mal porque segun eles estes estragos estan arranxados, e como din que a mellor mostra é unha foto, inda que neste caso van ser 5, fotos que foron sacadas as 6:30 da tarde do venres 12 de febreiro, e nas cales se ve que foron colocados dous postes de cemento pero o cableado sigue no mesmo estado, e calquera pode tocalo coas mans perfectamente. Postes os cales son de reciente colocación, xa que hai tres días non estaban colocados, o que non sei e si foron colocados para o foto ou douse a casualidade que se colocaron un día antes da denuncia, nestre intre calquer cousa é posible.











Como se pode observar o cableado esta a poucos cm do chan, pero o máis simpático é o poste boca abaixo, ahi non se sustituiu pero si no anterior o no posterior. E o formigón fresco.