viernes, 12 de febrero de 2010

Máis enquisas

Xa que parece que tan de moda estan as enquisas vou colgar unha que me chamou a atención e da que falan no Xornal de Galicia:

Isto é parte do que se pode ler sobre a enquisa: "Unha enquisa organizada polas Novas Xeracións do PPdeG na súa páxina web co obxectivo, tendo en conta o ton do portal de NN.XX., de criticar a xestión do Goberno bipartito, rematou por convertese nunha loubanza ao Executivo de PSOE e BNG."

Eso si a estas horas apuraronse a eliminar a enquisa, pero os do Xornal de Galicia sacaronlle antes a foto que proba os datos.

Sinaturas

Máis de 1.470 persoas apoiaron a iniciativa para trasladar a subestación de Vilalonga, e estas xa foron entregadas na Conselleria de Industria e Economía, para que se teñan en conta unha vella petición dos veciños de Vilalonga.

Ahora toca esperar a ver que di o conselleiro na súa visita o día 22 a Vilalonga e ver si claramente vai desmentir o seu secretario xeral que na Comisión de Industria en decembro dixo que non se ia trasladar.Agora a pelota esta no tellado do conselleiro e agardaremos a coñecer a decisión.

Pero os veciños xa se pronunciaron, e os colectivos de Vilalonga? van a permanecer calados?

miércoles, 10 de febrero de 2010

O baile do PP

Hoxe en Galicia Confidencial podemos ver o seguinte video do PP. O máis significativo é que esta subtitulado como PP Sanjenjo.


martes, 9 de febrero de 2010

Enquisa

Algúns de vos me pedistedes que colgase a enquisa que saiu na voz para poder comentala.

Aqui vola deixo, e paciencia que irei colgando todo o que teño pendente. Poñoa completa e tamén as valoracións dos lideres para que se teñan máis datos.

Resumindo

Logo duns días de descanso e antes de volver a rutina diaría do que acontece en Sanxenxo, creo que primeiro debo facer un pequeno resumo dos que sucedeu estes días.

En primer lugar quero comentar o da reunión dos donos do parque empresarial coa alcaldesa, co representante de Gesai e a Xunta de Compensación. Moito dos detalles xa foron contados nos diversos periódicos pero eu voume centrar nas impresións dos asistentes a esa reunión que según me contan o compadreo que se traia a alcaldesa e o representante de Gesai era máis que notable, xa que en momentos da reunión el chegoulle a dicir "Cati eso ya lo hablamos en privado" o que un dos asistentes, moi coñecido por todos nos, saiu en defensa e dixo que "que era eso de chamarlle Cati que se dirixira a ela como Alcaldesa ou señora Catalina que estaba a falar cunha autoridade" pero esto non sería significativa si cando os asistentes lle empezaron a apretar as torcas ao representante de Gesai este optou por marcharse.
O que me destacaron varios dos asistentes foi a falta de autoridade da alcaldesa, xa vai sendo hora que se pete na mesa ou estre problema perpetuarase nos tempos, a execución do aval é ilegal, pero si a empresa cobrou xa por facer a urbanización, parte do pago feito mediante terreos, pois que lle demanden a empresa urbanizadora a devolución do pago feito, xa se sabe que "Gaiteiro pago por adiantado, non toca ben".
E todo isto baixo o temor do que pasara de que o TSXG anule a parcelación do polígono, co cal si esto sucede o lio que se vai formar vai ser tremendo. ""Lo que nos han dicho los servicios jurídicos es que si el polígono estuviese terminado sería más difícil que el tribunal se pronunciara en contra de nuestros intereses. Pero paralizado tal y como está, la cosa se complica", destacó uno de los propietarios." (Faro de Vigo)
Pero entre mentras o concelleiro de urbanismo sigue caladiña para que nada lle salpique e a alcaldesa sabe que lle queda mes e medio para rematar o prazo que lle dou a Xunta de Compensación, xa que dixo que lles daba o primer trimestre do 2010 para resolver os problemas que tiñan, e o tempo esgotase, agardaremso polo novo capítulo, e sen obviar que estamos falando dun desenvolvemento PRIVADO.

Por outra banda tamén puidemos ler como o Consello de Contas vai fiscalizar as contas do 2008 de Sanxenxo, este é un organo consultivo, pena que non vamos saber o resultado desa fiscalización ata dentro dun ano minímo. Xa sei que moitos diredes que tamén van fiscalizar ao concello de Poio e o de Pontevedra, o normal é que fiscalicen aos concellos que teñan débedas sexan da cor que sexan, outra cousa son os resultados da fiscalización.
Que en Sanxenxo hai un problema económico ninguén a estas alturas o pode negar, e sinón so hai que ter en conta que o mes pasado en vez de pagar as nóminas dos traballadores o día correspondente retrasaron o pago entre 3 e 4 días e veremos en febreiro o que pasa.


martes, 2 de febrero de 2010

A entrevista: Paco González, presidente do CETS


O venres os que puidechedes ler o xornal gratuíto O Aturuxo poidechedes ler a entrevista que lle fixeron ao presidente do Cets, recén chegado de Fitur, e na que se fala do turismo de Sanxenxo.
Ata aquí todo normal pero o sorprendente é a contestación dalgunhas preguntas que vou reflexar aqui:

"P: -Ten Sanxenxo a capacidade par acoller unha gran cantidade de eventos deste tipo?
R: - Definitivamente, si. Una de las cosas sobre las que hai que quitarse la venda es que para acoger este tipo de eventos hai que tener un auditorio de gran capacidad, ya que el 60% de los congresos y convenciones que se celebraron en España en el 2008 no sobrepasa de las 150 personas. Ssto, aplicado a Sanxenxo, significa que el 90% de los establecementos hoteleros de aquí están capacitados.
P: -Pero non só se celebran en hoteis.
R: -No, pero tenemos múltiples ubicaciones: Pardo Bazán, Edifición de Usos Múltiples de Portonovo, Sala del Club Náutico, Salas de Nauta, etc.
P: -Tamén conleva moitos medios humanos. Dispoñen deles?
R: - Tenemos todos los servicios que hacen falta o en el propio concello (como en el caso de servicios de cátering) o, al menos, a 45 minutos de aquí. "

Empecemos fala de distintas ubicacións e entre elas o Usos Múltiples de Portonovo, pero estivo algunha vez dentro? sabe como estan as instalacións? Pois todo indica que non e Nauta so dispón dunha sala. E logo di que primeiro contamos con tódolos servizos e sinon os hai estan a 45 minutos de aqui, pero hainos ou non? aclarese.

"P: -Que lle diría aos que manteñen que en Sanxenxo cando chove non hai nada que facer.?
R: -Pues que están equivocados y que hay más que visitar que El Corte Inglés. Estamos a 15 minutos del que para mi es el casco histórico más bonito de Galicia, Pontevedra, y tenemos tesoros como ese por toda la comarca del Salnés. Y es que no hay que ver más que lo que hacemos nosotros mismos cuando vamos por ahí: que vamos a Madrid, pues visitaremos Toledo, Aranjuez..."

Jajajajaja, preguntanlle que ten Sanxenxo e fala do casco vello de Pontevedra e outros tesouros da comarca, seguro que estaba pensando en Combarro, Cambados, Vilanova, as rutas dos muiños de Lores e Ribadumía, ou de Samieira, os museos que hai espallados por todos os concellos do Salnés, o acuario do Grove, ... e así podería estar un bo cacho pero como pensan cambiar esa idea de que Sanxenxo so oferta sol e praia cando dende o cets nos animan a visitar outros lugares será porque en Sanxenxo todo esta abandonado, xa que temos moitas cousas que ofrecer pero parece que non conven para que non se vexan o seu estado.

Si houbesen arranxado o pazo Quintáns, o Priorato de Arra, a Casa de Don Fernando, recuperado roteiros de senderismo, acondicionado o litoral da ría de Arousa, se funcionase a Telleira, se houbese oferta de ocio, cultural e lúdica, pero claro temos Punta Vicaño e xa é suficiente.

Porque si eu no hotel onde me aloxo me recomendan ir a coñecer o casco vello de Pontevedra nun día que non esta de praia, seguro que quedo ali a pasar o día, co cal o gasto o farei en Pontevedra non en Sanxenxo.

"P: -Pero recoñecerá que si que hai tesouros naturais no concello que deberían estar máis coidados.
R: -Por suspuesto. Ya empezando por los miradores, a muchos de ellos no les venía nada mal un "arreglito"."

Aqui esta a clave da cuestión, en Sanxenxo hai moito que arranxar, non chegan simples "arreglitos".

Pois vaille transmitindo a concelleira de Turismo que vender en Fitur "Sanxenxo, turismo de natureza" non significa que todo estea a monte, que con ir as zoas altas de Dorrón e Bordóns e ver como crecen os toxos, as xestas e os eucaliptos non significa turismo de natureza.