jueves, 14 de enero de 2010

SU 15

Estes días os veciños de Sanxenxo volvemos a coñecer outra sentencia que anula o Plan parcial do SU 15, este SU é o parque empresarial de Sanxenxo. A demanda foi interposta por un propietario que pertence a Xunta de Compensación de dito SU xa que non estaba dacordo coa distribución feita.
No 2005 a Telmo Martín ocurreselle facer un lote de SU, PEIS e demáis instrumentos para aproblos nunha xunta de goberno do Partido Popular de Sanxenxo, pero entón a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galiza comunicalle que esta aprobación é nula xa que a xunta de goberno non é o órgano competente para adoptar tal acordo. Por iso a finais de ano convocase un pleno para retificar a aprobación deste lote a pesares de que a oposición avisou da inseguridade xudírica, e incluso BNG fai un recurso para que se revise a aprobación dos plans, reixatado polo equipo de Telmo Martín como se pode ler na información que aparece no Aturuxo
Cabe recordar que a actual Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta naquela época era a xerente de urbanismo do concello de Sanxenxo, no mesmo día do pleno autoriza o Proxecto de Compensación do parque empresarial onde se fai a distribucións de parcelas.Pero o máis parodoxo desto é que si se anula o plan parcial anulase o proxecto de compensación.
Nestes últimos meses estamos asistindo a númerosas sentenzas urbanisticas no concello de Sanxenxo, cada semana temos coñecemento dunha nova todas a consecuencia da aprobación dun PXOM especulativo baseado no urbanismo puro e duro.
E por iso a pregunta que me fago moitas veces é ¿si a xerencia de urbanismo de Sanxenxo presidida por Encarna Rivas acumula un sinfín de contenciosos que non pasara controlando o urbanismo de Galicia?
Esta non sera a última sentenza, inda quedan máis, pero o que esta claro é que como empecen a ser en contra do concello e entre indemnizacións e costas non van chegar os cartos nin para comprar tinta para imprimar as sentenzas. E claro mentras siguese sin asumir as responsabilidades porque a alcaldesa non lle vale dícir que nesa época estaba Telmo porque ela formaba parte do goberno sendo moitas veces Alcaldesa en funcións.
O final tocaramos pagar os erros aos veciños como sempre, so agardo que se coñezan canto antes as sentenzas para sair da incertidume a que nos esta a levar esta goberno.

No mesmo xornal sae un dato do que falarei máis adiante cando teña máis datos: a anulación do plan parcial do SU 19. Co cal so queda dicir que suma e sigue... a profesión con máis futuro en Sanxenxo é a de avogado.

miércoles, 13 de enero de 2010

Edificio Boavista

No Bop de hoxe podemos ler o seguinte:

"SANXENXO
A N U N C I O
Intentada a notificación do acto sinalado nesta notificación a Dª Irene Díaz Cabana, no lugar de Camiño das Gaivoteiras nº2 (Baltar) - Adina, e ó non resultar posible a súa práctica, segundo o previsto no artigo 59.5 de la Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, despois da modificación introducida pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, procedese a súa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo o que sigue:

Asunto: Aprobación do proxecto de demolición parcial de edificio de viviendas existente “Boa Vista”.
Expte.: 162/84.
Interesado: Concello de Sanxenxo."

Aparece o relatorio de datas e pasos seguidos dende a Xerencia de Urbanismo dende setembro do 2009 para proceder a demolición da obra ilegal. Esta información esta nas páxinas 32 e 33 bo BOP e podedes acceder a el premedo aqui.....

lunes, 11 de enero de 2010

O puzzle de Sanxenxo. Cap. I

Estes días estiven lendo unhas informacións no XORNAL sobre o Opus Dei en Galicia. Isto fixome pensar si este era o momento de compartir o que eu sei hai tempo ou ben esperar un tempo máis.

Hoxe moita xente se declara abertamente do Opus Dei e en Sanxenxo hai veciños que pertence a esta orde é quero deixar claro dende o principio que cada persoa é libre de pertencer ou non o que queira, cada un é dono dos seus actos, e pertencer o Opus Dei ou o clube de fans de Bustamente é unha elección persoal. Pero eu quero responder a seguinte pregunta: ¿como se move o Opus Dei en Sanxenxo?

O centro por referencia do Opus Dei en Sanxenxo é o novo templo de Sanxenxo, a nova igrexa de Sanxenxo. Nesta igrexa sobretodo en verán podese ver como numerosos agregados, numerarios e supernumerarios do Opus Dei acoden a escoitar a misa. Para esta congregación Sanxenxo é un dos sitios recomendables para que veraneen aos seus integrantes, nas excursión que a congregación fai por Galicia Sanxenxo incluese na maioria dos packs. E como anécdota teño contar que a igrexa de Sanxenxo ten varios confesionarios pero hai un que esta destinado para esta orde. No verán atoparas sempre un sacerdote foraneo disposto a confesarte. Pero o máis curioso desta igrexa é que é unha das poucas da comarca do Salnés onde hai misa a primeira hora a maña en días laborais.

Ata aquí podedes pensar que conto simples anécdotas e que o que contei esta ben como curiosidade, pero hoxe en día internet e as hemerotecas aportan datos moi interesantes, algúns coñecidos xa que volverei a recordar e outros novos.

Hai tempo SalvemosSanxenxo facía un extenso reportaxe sobre Monte Faro e os magnates do Golf e nun extracto podía ser o seguinte: “Un grupo de empresarios valencianos fíxose co 71% dun dos sectores do complexo residencial con campo de golf previsto en Monte Faro(Vicente Cotino Ferrer e Vicente Cotino Escribá, irmán e sobriño do Conseller popular de Agricultura da Generalitat Valenciana, Juan Cotino, escóndense detrás de Mirador de Sanxenxo S.L, empresa creada o pasado mes de maio para a promoción desta urbanización. [...] JUAN GABRIEL COTINO FERRER (Conseller de Agricultura Pesca e Alimentación) Empresario, Agregado do OPUS DEI e ex Delegado na Policía” . E para máis información vos deixo un par de enlaces: o primeiro fala dos Cotino Ferrer e neste segundo nomeanse unha serie de políticos, empresarios, .., pertencentes a dita orden.

Xa por moitos é coñecido que actualmente Mirador de Sanxenxo Sl reclamalle os cartos que pagou por non facer VPO en Monte Faro ao concello. Cartos que o concello xunto cos do outro SU invistiu na compra de Punta Vicaño. Tema que se ten comentado e explicado neste blog.

Esta compra foi acordada poucos días antes de deixar Telmo Martín a alcaldía de Sanxenxo e foi executada xa pola actual alcaldesa Catalina González Bea. E hai tempo que moitos vos preguntades ¿a quen pertencían os terreos de Punta Vicaño?.

Estes terreos eran da familia Pazó Jiménez de La Espada, asi reza no documento de compra-venta, onde aparecen os propietarios da finca. Entón agora so queda tirar un pouco de google para atopar o seguinte enlace: http://es.romana.org/print.php?n=36&s=7.0&ID=2. onde se di que unha irmá dos propietarios de Punta Vicaño pertencía ao Opus Dei. Faleceu antes de que se executase a venta.

¿Existe algunha relación? eu teño unha resposta pero é a miña opinión persoal. A día de hoxe a relación existente é que cos cartos dos Su 13 e 14 mercouse Punta Vicaño. O resto cada quen é libre de relacionar o que queira, pero hai veces que por un nome nalgún dos buscadores de internet poden levarte a descubrir datos interesantes que che fan ir completando o puzzle de Sanxenxo.

O final o mundo reducese nas catro esquinas dun pañuelo os cales estan unidos por un delgasimo fio, cada un é libre de sacar as súas conclusións e de seguir coñecendo máis datos. Punta Vicaño foi mercado con cartos públicos e así como se supo quenes eran os donos do Pazo Quintáns ou como o concello aumenta o patrimonio municipal a través dos convenios urbanísticos ou mesmo do litixio que houbo pola propiedade dos terreos de Baltar e por iso que tamén temos dereito a saber a quen se lle mercan terreos. Porque os veciños desa zona o poderan saber ou os máis vellos do lugar pero os do resto de parroquias o mellor non.

Coñecemos a historia do Aviador Piñeiro, da vinculación de Emilia Pardo Bazán con Sanxenxo, que a illa que hai na Lanzada pertencia ao médico de Noalla, as aventuras do navegante Suso Leiro ou do Goya do actor Celso Bugallo pero en Sanxenxo quedan moitas persoas inda por descubrir e un deles foi o propietario de Punta Vicaño. ¿ Temos dereito a coñecer historia de Sanxenxo? ¿temos dereito a saber onde e como se invirten os cartos públicos dos veciños de Sanxenxo? Pois vamos a seguir completando o puzzle.

domingo, 10 de enero de 2010

Nova opción de ocio en Sanxenxo.


Dende hai uns días dende a web do concello de Sanxenxo estannos propoñendo unha nova opción de ocio no concello: GOLF.

Si, si, na foto da cabeceira da web podese ver unha pelota de golf co logo de Sanxenxo e un dos buracos do campo. Non sei si se estan adiantando no tempo, ou estan promocianado o campo de golf de Meis ou abriu algún establecemento con minigolf onde poder pasar a tarde.

Dende esa cabeceira tense que publicitar o existente no concello: praias, turismo patrimonial, festas, paisaxes, ocio, ... pero non algo que non existe. Temos suficiente cousas que pratocinar e vender como para inventar recursos. Hai fotos de sobra para por , so fai falta dar unha volta por tódolos rincons do concello non so por Silgar, pola capela da Lanzada ou do Mirador da Granxa.


jueves, 7 de enero de 2010

O polígono e a subestación

Despois destes días de festas volvemos a comentar e a informar do que acontece en Sanxenxo e por iso non podo deixar pasar por alto o que lin estes días sobre o polígono de Nantes, as declaracións de tanto da alcaldesa como de Barbeito así como as últimas novas sobre a subestación.

No Diario de Arousa o día 2 aparecia o seguinte: “El Concello de Sanxenxo no recepcionará el polígono industrial de Nantes hasta que los empresarios obtengan todos los permisos necesarios para la conexión del saneamiento a la EDAR de Dena y hasta que haya garantías de construcción de la subestación de Fenosa. Así lo confirmó la alcaldesa de Sanxenxo quien indicó también que si los empresarios no agilizan sus gestiones el Concello se valdrá del aval, de más de dos millones de euros, depositados por los promotores y ejecutará directamente las obras […]Catalina González advierte que el Concello será “muy estricto” y los plazos se están agotando. Si en el primer trimestre de 2010 la junta de compensación no ha resuelto el problema y conseguido las autorizaciones de Augas de Galicia, será la administración local quien realizará los trabajos. ”

O concello non pode recepcionar un SU sin que se remate a súa urbanización e no caso do polígono de Nantes inclue o saneamento e a subestación de Fenosa. Ou ¿os do polígono van ter un trato de privilexio frente a outros SU? Xa o concello ten bastante co mantemento posterior do polígono como para que co pretexto da crise aumentar máis as cargas. A alcaldesa di que o prazo é o primer trimeste do 2010 e sinon executa o aval, pero ¿o aval chega para esas obras? Agora chegan as presas porque recordemos que o anuncio ía ser que no 2007 este polígono ia estar funcionando e creando máis de 3000 empregos e o único que xera son malas herbas.

E dous días despois Barbeito no mesmo diairo di o seguinte: “el integrante de la junta de compensación destacó que actualmente hay dos líneas de media tensión y una de alta tensión que permitirían dotar de suministro al 40% de las naves que se instalasen en el lugar.

Así, afirma que podrían empezar a construirse naves y recepcionarse el polígono antes de que la subestación esté finalizada, ya que el suministro estaría garantizado. Lo mismo ocurre con el tema de la EDAR. Barbeito destacó que la junta de compensación quiere que se realice esa obra y que el Concello recepcione el polígono y pidió colaboración de todas las partes implicadas.” Vamos é dícir, que os da xunta de compensación atopanse sin un peso e intentan presionar para que se execute o aval e así non ter que por un peso máis nun polígono que creian que ían facer monte e valos e o final moitos dos propietarios non estan dispostos a por máis cartos. Pero neste caso temos unha data ABRIL 2010 para saber o desenlace desta situación.

Pero claro ampliamos a de Vilalonga e así de momento vamos safando o tema, mentras os veciños de Vilalonga siguen coa subestación alí. Si “cando o rio sona auga leva” porque hai ben tempo que se ven comentando que cunha ampliación da de Vilalonga o polígono teria o suministro garantizado e agora queda clarisimo coas verbas que se poden ler no diario.

A realidade é que dentro duns poucos meses comenza a precampaña e o que ía ser a gran obra faraonica do PP de Sanxenxo no 2007 estase convertendo nun campo de malvas con rúas asfaltadas e a paciencia dos propietarios estase acabando.

Por outra banda quero deixar o enlace que me fixeron chegar da comisión de Industria do Parlamento onde se debatiu o traslado da Subestación e onde o Secretario Xeral de Industría di claramente que non se vai facer o traslado e que as licenzas son competencia da administración local.

E digo esto último porque nun artigo anterior se me pregunta quen deu a licenza da ampliación, pois ben si o DOGA e do 30 de novembro do 2009 onde se di: "Resolución do 27 de outubro de 2009, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Sanxenxo. (Expediente IN407A 09/214-4)." e nesa época xa gobernaba o PP na xunta, pero tamén quero aclarar un par de conceptos cos que esta a xogar a alcaldesa para confundir os veciños: TRAMITACION e RESOLUCION. A tramitación do expediente da ampliación hai que facelo por lei, e para iso se publica no DOGA o 4 de maio onde se di: "Resolución do 10 de marzo de 2009, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación
eléctrica que se cita. (Expediente IN407A09/214-4).". e firmado por: "Por vacante do delegado provincial Ramón Barreiro García Secretario provincial de Pontevedra" 10 de marzo e as eleccións a Xunta foron o día 1 de marzo, ui ui, Catalina que o Doga non minte e non te escudes no descoñecemento porque non cola, e mira ti que casualida que se di o seguinte: "Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións,
nesta delegación provincial, avda. Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de vinte
días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación" e como tiñades coñecemento de esto, porque para iso este tipo de resolucións hainas que colocar no taboleiro de concello, ¿como non llo dixestedes aos veciños de Vilalonga e aos colectivos?, é mellor calar pero botamos a favor do traslado na moción presentada polo PSOE nun pleno pero logo non facemos nada, non vaiamos por a Xunta nun compromiso.

Pero deste tema non vai ser o último capitulo xa que pronto habera outro máis pero mentras aquí esta o enlace: comision de industria

E que cada un saque as súas propias conclusións.

NOTA: deixovos os enlaces do vídeo:

http://www.parlamentodegalicia.es/axenda/grabacion.aspx?wmv=0000006804L-002-100kb.wmv&timecode=01:21:32&duration=00:23:35

e este é o enlace da comisión: comisión

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/ContenidoGal/pargal_HoxeNoParGal.aspx?codses=08030600013&day=11/12/2009&desc=Comisi%C3%B3n+6.%C2%AA%2c+Industria%2c+Enerx%C3%ADa%2c+Comercio+e+Turismo&tipo=0

e no punto 3.1 atopase o enlace do video.


Babelfeeds

Comenzamos un ano novo que seguro vira cargado de novas sobre Sanxenxo e antes de comentar as que se produciron estes días quero compartir convosco unha nova colaboración.

Tratase da web de noticias www.babelfeeds.com na versión castelán e na sección de Pontevedra habera un enlace a este blog onde apareceran todos os artigos.

Babelfeeds, é un sistema de información que rastrexa, almacena e clasifica por temas os miles de feeds de cada día. Entro os feeds da base de datos atopase Cousas de Sanxenxo.

martes, 5 de enero de 2010

A panxoliña de XAN

XAN co teu permiso copio aqui a panxoliña para que todos a poidan ler. A verdade é que voltar de vacacións e descubrila foi unha boa sorpresa e noraboa xa que fai un bo resumo do acontecido no 2009 en Sanxenxo.

XAN DAS XANEIRAS dijo...

Oh, Blanca Navidad
xa non me chegaba a hora
de ver o novo portal
estaba ingresado en Montecelo
por culpa da gripe A.

E mira ti neste Belén
a oposición de protagonista
será que o goberno non fai nada ben
nin tan sequera unha chisca.

Vexo moi ghuapa a Catalina
e que ben lle luce o pelo
xa semella o espantallo
do teatro Tarabelo.

O outro día facendo zapping
xa non sei nin a que hora,
confundin na televisión
a Catalina con Amadora.

A cousa non é tan rara
e non odigo con despecho,
si Calina é Amadora
Salvador e Illa son os Tonechos.

Ai Catalina
a ver os cartos onde van
ghastáronse moitos ó parvo
e aghora non queda un can.

Cartos, cartos... faltan moitos
non sei como os van recaudar,
pa min que teñen pensado
jodernoslo co rádar.

E coidado co albariño
cando pases por diante do aghro
que te collen no control
e te joden de carajo,
polo menos caenche
catro puntos e retirada
e aínda que fales con Salvador
el diche que non pode facer
"nada de nada".

No agro de Sanxenxo
non se pode comprar nada,
nin pienso pos pitos
nin un cacharro de cuchol
non viai a ser o carallo
que un chisco máis adiante
te jodan nun control.

Que lle faría Salvador
a esta policía local,
estan ahí sempre parados
ata parece que lle queren mal.

Salvador está jodido
ó parecer co señor Expósito
pero el niegha rotundamente
que os controles
llos estén facendo a propósito.

Para control o que hai en Noalla
abriron unha "casa de cultura
chea de camas",
os homes saen da casa coa escopeta cargada,
e as mulleres asexando na ventana.

O outro día vin na plaza,
duas chavalas de Extremadura,
seica viñan a traballar a Noalla
na nova casa da cultura.

Está moi ben ubicada
a todos lles queda á man
chegas en coche, tamén en moto
non falta nin Pepiño Tintán.

Os veciños de Dorrón
van descubrir unha cousa nova
que a reciclaxe e a cultura
estan de moda,
a casa da cultura no primeiro piso
e na azotea a súa querida depuradora.

No portal está Martín
apoiando os de Dorrón,
o que tiña que facer
e darlle a sua remuneración.

No pobo de Noalla
en fútbol hai gran aficción
para eles os cartos todos
e as deudas para Dorrón.

Cando se piden explicacións
din que son horas flacas
pero a uns párenlle os bois
e a outros non lle empreñan as vacas.

O noso concejal Ángel
ben se ve que non fai nada,
será que en urbanismo
non se move unha palada?

Fun a Vigo por ver Cangas
vin a Sanxenxo por ver Marbella
fun a Vigo con niebla
vin a Sanxenxo e vin merda.

Que verjuenza neste concello
que poucos recursos temos,
jodeuse o urbanismo,
a vivir da pensión dos vellos.

Que ghuapo está Tinito
cando anda nas obras
coas mans detrás do cú
non sabe facer outra cousa.

No pobo de Vilalonga
hai un rebumbio de medo,
como non quiten a Fenosa
a algún vaille cair o pelo.

Eu xa estou ata o carallo
porque sempre é a mesma macana
a estación de aquí non sae
mentres os caciquillos
non lles de a gana.

O meu amigho Roberto
hai moito tempo que non o vexo
debe andar polo monte
agachado como un conexo.

Por eso vexo no portal
a San Xosé tan contento,
que non se lle move un pelo
nin cunha racha de vento.

E que ben luce Dulcinea
alegre e desenfadada,
pero xa sabemos que cando abre a boca,
tanto di que non di nada.

E para colmo de males
pensaron os inoperantes:
"aquí hai que recortar gastos,
desfajamonos de Nantes".

E con esto me despido
que teñades bo nadal,
e coidado na curva de Areas
non vaiades escorrejar.

FELIZ ANO 2010!!!