viernes, 18 de diciembre de 2009

Época de Nadal

Estamos a 18 de decembro e suponse que é Nadal, pero debe selo en tódolos concellos menos en Sanxenxo, xa que ata hoxe a noite non pensan encender o alumeado navideño mentras dende a semana pasada ías a Meaño, ao Grove, Poio, Cambados, … e si respirabas ese ambiente, as rúas iluminadas, as panxoliñas soando nos comercios ou mesmo na rúa e nas tendas xente mercando.
Pero vas por Sanxenxo e ves a mesma tristeza de hai un mes polas rúas, as tendas vacias e as rúas solitarias e tristes. O Nadal é unha época consumista e hai estudos que confirman que a xente compra máis en Nadal cando o ambiente invita a gozar do Nadal. En Sanxenxo moito estudo de marketing pero pouca inversión no resto, xa que moito falar de austeridade e contención do gasto no alumeado do Nadal pero noutros sectores seguen mantendo os gastos.

Tamén hai que dicir que por outra banda nin a asociación de comerciantes e a de hoteleiros mostran a súa disconformidade co que esta sucedendo, non se pronuncian. Polo tanto seguiremos sendo o concello da comarca máis triste do Nadal,......

Para seguir lendo o resto do artigo do Aturuxo preme aquí....

jueves, 17 de diciembre de 2009

DIMISION: exclusiva

Maña as 9 celebrarase unha reunión de CODESEVI coa seguinte orde do día:


1 * DIMISION da actual XUNTA DIRECTIVA

2 * Lectura e aprobación da acta anterior.

3 * Estado actual da asociación

4 * Elección da nova directiva.


Esta dimisión debeuse producir antes, xa que cando se antepoñen intereses persoais aos intereses dun pobo non poden representar a unha colectividade.

Nos últimos días vense comentando o silencio de CODESEVI ante a petición dos veciños do traslado da subestación, algo que pedían hai tempo ata que se empezaron a dar os primeiros pasos e retiraronse as cavernas para non ter que dar a cara ante o pobo.

Esto non signifique que os que están o deixen porque sempre cabe a posibilidade de que se volvan a presentar e asi poder dicir que o resto das asociacións os avalan.

Polo que a min me transmiten a renovación total non esta garantida porque hai que recordar que a prioridade desta asociación é o centro sociocultural do Revel, vamos ter onde poder bailar e o Centro Cultural onde facer as suas cousiñas a pesares de ser un centro privado.

Por eso mesmo Vilalonga agora ten unha oportunidade para ter un representantes que a defenda como se merece e sin involucrar intereses persoais. E polo tanto unha das súas primeiras batallas debería ser loitar polo traslado da subestación que así o estan demandando os veciños.

Abrense as apostas ¿RENOVACION ou PERMANENCIA?

martes, 15 de diciembre de 2009

Fenosa

Estes días estiveron saindo na prensa diversas informacións sobre a situación da subestación de Fenosa en Vilalonga e o seu traslado.
Pero o que máis me abraia de todo é o mutismo que estan tendo os colectivos de Vilalonga, sobre todo CODESEVI, parece que o tema non vai con eles, cando hai meses tamén dician en prensa que querian dito traslado.
Pero para escandalo é ter que ler na prensa que nunha comisión de industria o secretario xeral de Industria di que non pensan trasladala, vamos que nin se preocupan en mirar a viabilidade do tema,vamos nin que negociar con Fenosa, agora Gas Natural, fose como mandalos a guerra de Irak.

Pero tamén hai algo que me preocupa e que escotei varias veces estes días e por fontes distintas, moitos se preguntan porque a Xunta de Compensación do parque empresarial están calados, pois sabendo que para que o parque funcione necesita corrente ou ¿non será que si a subestación de Vilalonga se amplia igual non se fai a do poligono? Explicome, ampliar a de Vilalonga significa consolidar dita subestación.
Fenosa ten todos os permisos para empezar a facer unha no polígono que debe ser pagada pola Xunta de Compensación e o concello cedelle os terreos durante 100 anos. Pero si xa no tema do enlace coa autovía os da Xunta de Compensación pagaron unha mínima parte ¿quen pode dicir que ampliando a de Vilalonga non sexa suficiente e así aforrar ese custe? xa se sabe que "Cando o río sona, auga leva"

O traslado da de Vilalonga suporía que a de Nantes se comenzase canto antes, inda que o traslado se fixese nun prazo de 2 -4 anos pero o menos dotariase dunha subestación moderna e non se teria unha obsoleta e con perigo de incendiarse cada vez que hai un pouco de temporal, que para mostra o que aconteceu hai 10 días, por moito que algúns o intentasen ocultar.

Por outra banda o mutismo das concelleiras do PP da parroquia da Vilalonga é sorprendente xa que hai uns meses sain arremetendo na prensa que eso xa o tiñan en estudo e agora demostrase que o seu propio partido lles deu de lado xa que no pleno de Sanxenxo din unha cousa e en Santiago o mesmo partido di outra. Pero xa terei outro momento para comentar algún detalliño máis.

Pero sigo pensando o mesmo que moita xente: TRASLADO XA.

Galicia Confidencial


O xornal dixital Galicia Confidencial estrea nova imaxe e novas colaboracións entre elas a de Cousas de Sanxenxo, dentro do apartado de noticias locais do Salnes e no top dos blogs.

Por iso darlle os meus parabéns e que esta nova andaina sexa do máis satisfatoria.

NORABOA

lunes, 14 de diciembre de 2009

DORRON UNITED CLUB DE FUTBOL

Dende un correo recibido onde me pedian que mirase o blog do Dorrón United Club de Fútbol e me fixara nos comentarios e unha vez visitado vou por o enlace ao blog e a carta que escribiron ao concello:

"En Dorrón a, 09 de Diciembre del 2009.-


Ayuntamiento de Sanxenxo.
c/ Consistorio,1

A/A de la Alcaldesa, Concejal de Dorrón y Concejal de Deportes.

ASUNTO: COMPROMISO ADQUIRIDO CON EL C.F. DORRON DE AYUDA PARA OBRAS EN SUS INSTALACIONES.

Muy Sres. Mios:

Este tema ya empieza a ser un poco cansino, al parecer para Vds., no, pero para nosotros esto ya pasa de castaño oscuro, y hasta para el más inocente esto parece una verdadera tomadura de pelo. ¡Que pasa!, que ya no se puede confiar en la palabra de los dirigentes de un Ayuntamiento, pues si es así, apaga y vamos. Que credibilidad pueden tener ustedes ante los vecinos que representan, si en asuntos como este, pierden toda la credibilidad. Este asunto para nosotros ya ha tocado su fin, en las distintas reuniones que hemos mantenido por dicho tema, les recuerdo en febrero 2008 la primera, luego en julio del mismo año nos confirman el pago, y ahora hace un mes nos dicen que tenemos que perdonar que todo se ha retrasado, pero que en Noviembre sin falta nos ingresarían la cantidad acordada mas el Patrocinio. Les recordamos que ya estamos en Diciembre y ¿ahora que más nos van a decir?. También les recordamos que dichas obras están totalmente rematadas y comprobadas por sus cuerpos técnicos.

Bueno, sin querer enrollarnos más, les enviamos este escrito para que reflexionen y tomen las medidas oportunas, la pelota ahora está en su tejado, esperemos que nos la devuelvan, pero en forma de €€€€€ que es lo que necesitamos ¡YA!.

Atentamente;
La Junta Directiva."

A diferenza entre clubes dentro da mesma categoria é visible tanJustificar a ambos ladosto en equipamentos, infraestructuras e económicamente. Pero todo parte da mala coordinación que existe entre os distintos clubes do concello e onde se priman a uns máis que outros dependendo a directiva.

Moitos vos preguntades que pasa con concellal de Deportes, pois fácil, esta moi ocupado coas tarefas de directivo do Noalla Club de Fútbol, porque noutros eidos anda desaparecido e o concellal do Dorrón non ten autoridade para que o pago da débeda se faga efectiva.

Dende que levan prometendo o pago da débeda xa deberian pagar xuros, porque non olvidemos que os directivos puxeron cartos do seu bolsillo pero a discriminación chega a tal punto que vai ser o ùnico campo de fútbol que siga sendo de terra.

Esta claro que "consolo de moitos, consolo de tolos" porque como di un coñecido meu: poñedevos a cola.

sábado, 12 de diciembre de 2009

Foto denuncia. Nanín.



Traslado esta queixa que recibin por correo.

Unha obra que estan a facer en Nanín e os conos atopábanse no medio da rúa e a sinalización avisando os coches é nula.
A foto foi sacada este venres as 10 da noite tal e como conta o denunciante.

domingo, 6 de diciembre de 2009

Falando pola rúa

Hoxe quero facerme eco dalgúns temas de conversa que se falan en todo o concello:

* O primeiro é sobre que últimamente as repostas que que deberían facer os concelleiros do PP e a alcaldesa estan sendo feitas pola gestora do partido.
Cada día son máis as persoas que comentan a división que hai dentro do partido e así como que cuestionan a posición de Catalina tanto como alcaldesa e como membro de dita gestora. Estanse movendo as cadeiras e os codazos empezan a ser visibles pero os veciños non temos porque pagar as consecuencias como facer un orzamento e os 8 días andar a cambialo, iso non é seriedade.

* Por outra banda a pasividade que estan tendo CODESEVI cos problemas que afectan a parroquia de Vilalonga, formouse para loitar para acadar un pabillón pero agora andan agochados baixo as ás da alcaldesa. Sobre a subestación de Fenosa dicir que no concello tiñan coñecemento das obras que se pensaban facer alo polo mes de maio, pois "supostamente" xa Tino lle comentou a algunhas persoas que se ian facer obras, polo tanto agora non é de recibo que pidan máis paciencia aos veciños de Vilalonga cando esas obras podían ser paralizadas como se fixeron noutros concellos. Por iso vou deixar parte das declaracións feitas por esta organización no mes de marzo deste ano: "la federación vecinal Codesevi (Comisión para o desenvolvemento socio-económico de Vilalonga) llevará a cabo una reunión para solicitar el apoyo de todas las asociaciones y formalizar la propuesta a la compañía eléctrica. «
Primeiro queremos o apoio de todos os veciños e logo pediremos a Fenosa que elimine a subestación do casco de Vilalonga», señalaron fuentes del colectivo." ¿onde andan agora? Con esta pasividade o concello asegurase que non nazca un movemento como RONDA NON ou a PLATAFORMA PO-504 que coa unión de afectos acadaron resultados ou siguen loitando por eles con resultados.