sábado, 5 de diciembre de 2009

Improvisación

Hoxe queda patente a improvisación que teñen os orzamentos 2010 do concello xa que se aprobaron o luns e hoxe xa topamos que os estan cambiando.

Tiñen previsto acometer as obras na cidade deportiva de Sanxenxo e agora saen anunciando que cambian dito investimento por dotar o campo de fútbol de Baltar de herba artificial, investimento que vai a correr a cargo da diputación para non variar.

Teñen que aforrar sexa como sexa é que mellor que anular un proxecto que tiñan orzamentado en 400.000 euros por outro que lles vai custar 125.000 euros xa que o importe restante o poria a diputación. Pero o máis significativo é o seguinte: "ya que ello permitirá su pronta ejecución, mientras que la misma cantidad en la Ciudad Deportiva sólo “alcanzaría para hacer los muros de contención”. Diario de Arousa" vamos que xa empezan a recoñecer que o unico que fan son obras a cachos e pagar proxecto xa que non dotan a ningun investimento coa cantidade suficiente para levalo a cabo.

"La alcaldesa de Sanxenxo dejó claro que se trata de una instalación municipal y que la reforma de la misma resulta urgente debido al “pésimo estado no que se encontra. É vergonzo que os rapaces teñan que estar xogando naquel terreno”. En este sentido animó a los clubs a que sigan realizando el mismo trabajo de motivación a los más pequeños para que practiquen deporte, “unha actividade moi positiva, sobre todo nos tempos que corren, e na que nos temos que implicar todos”" Por unha vez vou estar dacordo con estas declaracións, xa que o estado no que se atopa este campo é penoso pero que tivera que firmar un convenio coa diputación para darse conta é patético.

O que me queda claro é que este equipo de goberno non cree nin nos seus propios orzamentos.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Por un pobo unido.

Artigo desta semán no Aturuxo:

Hoxe podería estar escribindo sobre os orzamentos do 2010, sobre a escaseza de investimentos, os altos gastos e custes que ten o concello de Sanxenxo, pero tendo coñecemento da última nova non podo deixar de escribir sobre que Fenosa vai ampliar a Subestación de Vilalonga.
Pois si, como se pode ler na prensa Fenosa pensa ampliar dita subestación en vez de intentar sacala do centro da vila dánselle os permisos de ampliación. Así saíu publicado no DOGA e o comezo das obras é inminente; por iso como o pobo non se una vai ter subestación para outros 50 anos máis, pois ditas obras supoñen a consolidación de desta subestación.
O máis irónico disto é que Fenosa ten que facer unha nova no polígono de Nantes para subministrar ás empresas que alí se instalen e incluso dar servizo máis aló do propio polígono. Subestación que se vai facer en terreos municipais cedidos durante 100 anos. Mentres teremos en menos de 3 km dúas subestacións eléctricas.

Todos os grupos políticos aprobaron por unanimidade en pleno mocións para trasladar a subestación de Vilalonga pero o PP vota en Sanxenxo para non crear malestares en Vilalonga pero o mesmo grupo político na Xunta, o PP, di que non se vai facer nada para trasladar esa subestación, que non procede negociar.
Imos ver: os veciños de Vilalonga pagan o recibo da luz como calquera outro veciño, as liñas de alta tensión que van ao Grove foron soterradas porque, sobre todo na Lanzada, producían un gran impacto medioambiental. Sen embargo esas mesmas liñas son as que cruzan Vilalonga e non contemplan soterralas a pesares de estar pegadas a vivendas e por moito que digan causan malestar aos veciños. Pero claro, paguemos os recibos da luz, os impostos,etc....... preme aquí para seguir lendo

jueves, 3 de diciembre de 2009

TRASLADO XA

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG






Dende este blog tamén me sumo a petición de traslado da subestación de Vilalonga e de dar a coñecer a iniciativa de recollida de firmas que se esta levando a cabo sobretodo na vila de Vilalonga por onde se repartiron follas para poder firmar.

Hoxe podíamos ler na prensa que esa subestación se vai ampliar como se pode ler na Voz de Galicia e na web do BNG onde se fai referencia ao DOGA no que sae aprobada a ampliación de dita subestación.

O traslado vaise debater próximamente no parlamento galego polo tanto canta máis presión se faga mellor e si os veciños queren e se unen poden conseguilo pois noutras vilas xa se fixo e aquí tamén se debe.

Todo aquel que queira firmar pode acercarse aos distintos comercios de Vilalonga, aos membros da directiva da AA.VV de Vilalonga ou os integrantes do BNG e lles facilitaran un impreso.

Eu xa o fixen esta tarde, non vou dicir onde, pero vai sendo hora que se vexa o movemento colectivo porque xa se sabe que : A UNION FAI A FORZA.

Maña xa falarei máis detenidamente deste tema no artigo do Aturuxo, da necesidade do traslado e da oportunidade que se brinda para elo coa construcción da nova subestación no polígono de Nantes.

Por iso eu tamén se sumo o lema: SUBESTACION FORA XA!!!!

un contencioso máis


Moitos me preguntachedes polos datos do contencioso que saiu na prensa e aqui vos deixo os datos que hai o respeto:

“ Recibese escrito enviado pola Secretaría do Xulgado do Contencioso - Administrativo núm UN de Pontevedra indicando que , en cumprimento do acordado polo Xulgado, e admitido a trámite o recurso contencioso - administrativo interposto pola" Mercantil SUPERMERCADOS CHAMPIÓN, S.A." contra o concello de Sanxenxo, no xulgado Nº 1 de Pontevedra, contra unha falta de execución polo concello de Sanxenxo dunha resolución dictada pola Sra. Alcaldesa no 2008, en relación ás liquidacions polo concepto do Imposto sobre o incremento do Valor dos terreos de Naturaleza urbana, satisfeitos polo recurrente, e solicitando se ordene a execución da resolución anterior , e en consecuencia, procedase a devolver o importe de 100.312,02 € que resulta da combinación de catro acordos adoptados na mesma, así como os xuros de demora correspondentes; reclama o devandito expediente e emplazando a Corporación no proceso Contencioso; que se celebrará a vista o vindeiro 8 de febreiro de 2010 ás 13 horas.

A xunta de goberno local, por unanimidade, á vista dos antecedentes obxecto da reclamación, considera que o máis razoable e non persoarse no procedemento, e pola contra satisfacer a parte demandada as cantidades reclamadas antes da data de celebración do xuízo."


Este son os datos que hai sobre o contencioso interposto por esa empresa ao concello e o cal acepta que a empresa leva razón na súa demanda e polo tanto antes de ir a xuízo mellor pagar que igual logo hai que pagar as costas do procedemento.

En total máis de 100.000 euros.


miércoles, 2 de diciembre de 2009

Ata que haxa unha desgraza

Hai tempo que se fala da perigosidade da estrada que transcurre por Dorrón e neste blog incluso se colgou un vídeo da Tvg onde os veciños se queixaban pola alta cifra de accidentes que se producen nela.

Pois ben a día de hoxe non se fixo nada para mellorar esa situación a pesares do anuncio de facer un informe, a cruda realidade e que día si día tamén se producen algún accidente, saidas de vía, etc...

No que vai de semana xa se produciron máis de 6 incidentes, sendo o último hoxe a tarde e por sorte sin consecuencias graves. O concello non pode facer a vista gorda pois moitos destes casos foron denunciados no concello.

Non agardemos a que se produzca unha morte para darse conta da necesidade do arranxo desa estrada. A responsabilidade do grupo de goberno é velar pola seguridade dos veciños e polo estado das súas infraestructuras e axilizar, reparar e poñer os medios necesarios para correxir esta situación.

Por eso mesmo: NON MAIS MORTES NA CARRETERA. SEGURIDADE VIAL XA.

Os investimentos para o 2010

Hoxe vou falar dos investimentos previstos para o ano 2010:

Plan director abastecemento e saneamento ----6.000.000,00€

Plan director 1/6-------------------------------------111.043,86€

Complemento plan director 1/6 ------------------ 100.000,00€

Plan director 3/6 ------------------------------------ 111.043,86€

Complemento plan director 3/6------------------ 100.000,00€

Gardería do Revel ---------------------------------300.000,00€

Centro socio cultural do Revel ------------------ 300.000,00€

Cidade deportiva de Sanxenxo ------------------ 400.000,00€

Plan director 4/6 ----------------------------------- 111.043,06€

Complemento plan director 4/6 ----------------- 100.000,00€

Mellora estrada Bordóns – Nanín ---------------- 412.590,77€

Subvención comisión cultural local social Contumil – Nantes ----- 36.000,00€

Total investimentos para o 2010: 8.081.722,34€ .


Como se pode comprabar a dismunición de investimentos é brutal, desaparecen proxectos como o clube de piragüismo de Portonovo, rehabilitación do Pazo Quintáns, Casa do Priorato e a Casa de Don Fernando, a gardería de Baltar, non aparece a última presentación estrella da casa de cultura de Dorrón,... e así moitos investimentos.

Si recordamos os do 2009 que se poden consultar premendo aquí: 2009, e descontando os investimentos do plan E ¿que se fixo? Rematar obras de anos anteriores.

Por outra banda volvese a olvidar as parroquias menos favorecidas, claro pero eso xa o salvaran cando presenten as obras do plan E do 2010 e cun par de paladas de chapapote, duas farolas e algunha que outra ocurrencia, xa se dan por cumplidos.


martes, 1 de diciembre de 2009

INSULA

Os orzamentos de Insula Sanxenxo:



2009 2010




Retribucións básicas
64.500,00
Seguridade social
22.000,00
Aluguer
8.500,00
Enerxia eléctrica
600,00
Comunicacións telefónicas
3.100,00
Primas de seguros
500,00
Tributos
400,00
Otros gastos sin cabida especifica
100,00
Traballos realizados outras empresas
25.300,00
Inversión nova en infraestructura
3.179.550,00
Inversión nova A.F. O servizos edificios
7.690.351,74 4.959.877,91
Outros investimentos en edificios

4.459.039,43
Tramitación parking Sanxenxo

500.000,00
Tramitación parking Portonovo

500.000,00

Total presuposto 10.994.901,74 10.418.917,34








Transferencia da entidade local
125.000,00
Prestamos recibidos fora do SP
10.869.901,74 10.418.917,34

Total presuposto 10.994.901,74 10.418.917,34


Como se pode observar solo se eliminan os gastos ordinarios de persoal, corrente, telefono, etc.. que ascenden a 125.000 euros.
Este ano con novidade incluen os aparcadoiros de Sanxenxo e Portonovo pero sin embargo hai partidas por valor de 9.418.917,34€ que fan referencia a inversions nova e de edificios ¿ VAISE FACER VIVENDA OU NON? e si non se fai para que sigue aparecendo esas partidas, ah claro, sera para facer crer que INSULA ten capacidade de algo e non ter que darlle a estocada final a unha empresa que nunca sirveu para nada máis que para crear gastos.
Por outra banda destacar que o orzamento do 2009 pouco difire do 2010 co cal copia e pega e fai un par de retoques.