sábado, 24 de octubre de 2009

Nós parimos, nós decidimos

Ante todo vou comenzar dicindo que son muller e polo tanto sei o que iso implica, implicou e implicará. Nestes anos conseguiuse avanzar nunha sociedade cualificada como machista pero inda que quedan moitas cousas por facer e dereitos por acadar, e por iso ver manifestacións como as do 17, non pode máis que deixarme perplexa. Refírome á manifestación contra a reforma da Lei do aborto.
Xa nesta sociedade ser muller non che é fácil como para que agora veñan uns iluminados a recortarnos o dereito de elección, o dereito a elexir sobre o noso corpo. Pero o máis curioso é logo ver a moitos que se opeñen a esta reforma levar as fillas a Londres ou Portugal a abortar porque eles se o poden permitir mentres que a outras só lles queda a opción de verse desangrar enriba dun catre. Ou ver como asisten un domingo á misa os avós, pais e netos todos en familia pero cando chega a noite non hai diferenzas todos somos humanos e todos pecamos ou gozamos dos placeres do mesmo xeito sen diferenza de clases só que algunhas terán os medios para correxir e outras estarán sinaladas como asasinas por non se poder ir a onde non a coñezan.

Para seguir lendo preme aqui ......

viernes, 23 de octubre de 2009

A limosna

Xa sabemos o que nos toca nos orzamentos de Xunta para Sanxenxo, tres partidas orzamentarias, unha das cales é un insulto o sistema educativo do noso concello.

100.000 euros para o colexio de Vilalonga e para a ampliación do de Dorrón 0€. Que dende o concello non fan caso das mocións que outros grupos presentan e que eles mesmos aproban xa non é nada novo, aprobannas por unanimidade cara a galería non se vaian encolerizar os pais e agora a baixada de pantalóns ante a Xunta xa é de risa.

En agosto o xefe territorial de Educación da Xunta en visita a Sanxenxo sucedía o seguinte:
“César Augusto Pérez dejaba así sin efecto un protocolo de colaboración firmado por la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, con la anterior titular del departamento autonómico. El acuerdo establecía que el coste del nuevo centro escolar, así como la ampliación del de Dorrón, se sufragaría entre ambas administraciones a partes iguales.
En este sentido, las buenas noticias recibidas ayer por la regidora y la concejala de Educación, Paz Lago, no acabaron ahí. El jefe territorial de Educación afirmó que pronto se desbloquearán los trámites para autorizar el inicio de las obras del nuevo centro de Vilalonga, que se levantará en una parcela de O Revel, cerca del nuevo ambulatorio, así como la ampliación de Dorrón. ” (A voz de Galicia)

Primeiro anulan un convenio do que xa estaba pactada a financiación e que incluia os dous colexios pero como estaba firmado co bipartito pois mellor anulalo non vai ser que si continuan nesa liña acabanselles os argumentos para arremeter contra a Xunta anterior. Pero claro agora so temos unha partida para o de Vilalonga e ¿o de Dorrón que?

¿Seguiran a alcadesa e Paz igual de contentas?, segurisimo que si, diran que estan encantadas de que a Xunta inclua o colexio de Vilalonga, claro pero non diran que eses cartos dan para o proxecto e que ainda non puxeron os terreos a disposición da Consellería de Educación. Agora non lles queda outra que estar caladas, unha escudase no Senado e a outra deixando a Salvador de sustituto. Claro que hai un dito que di “O que cala, otorga”

Pero tamén me sorprende a Anpa do Ceip de Vilalonga que cando estaba o bipartito ben que reclamaban o cole novo, o plan madruga e agora non se lles escoita. Cando sabían que podian conseguir cousas reclamaban e agora agardan sentados e sin inmutarse a que o conselleiro teña a ben presentarse por Sanxenxo, e claro, mellor calados non vaian ferir sensibilidades. Pero non se dan conta que o mal é para os nenos non para o que goberna, como pais deben esixir o mellor para os seu fillos. Pola contra sei que a Anpa de Dorrón si se pensa movilizarse e vai sendo hora de que o fagan, que reclamen o que lles levan anos prometendo pero sempre se olvidan deles.

Por eso mesmo señores directivos das Anpas deixense de cores políticas e reclamen o necesario para os seus fillos, non se conformen coas migallas e fagan prevalecer os seus dereitos. E si a señorita concellala de Educación se cabrea ten que saber que o seu traballo é velar polos nenos do concello e non me vale que agora un veña dicindo que xa non cobra polo concello pois ata abril deste ano cobrou algo máis de 15.000 euros que así o reflicte os orzamentos do concello, si 15.000 euros por 4 meses para logo pasar a cobrar do Senado que pagan máis.
Fagan que se pronuncien o respeto, que se deixen de estar caladas e sinón non vaian firmando convenios que logo non pensan cumprir e os firman para que os pais dos nenos non protesten e conservar os votos.

Recordolles que os nenos son o futuro, si non os dotamos das infraestructuras necesarias e os criamos escoitando seguido promesas que nunca se cumplen que futuro lles estamos preprando.

martes, 20 de octubre de 2009

DORRÓN EXISTE, como Teruel

Hoxe vou colgar a información e as fotos que me chegaron por mail, grazas a persoa que más fixo chegar e copio literalmente o que se me relata en dito mail:

As primeiras fotos son do pasado sábado pola mañan e as últimas de hoxe pola tarde. Pódese ver o chan seco e mollado para que non digan que son do mismo día.
concellal de servicios = 3 mil e pico de euros ao mes.
concellal de dorrón = 3 mil e pico de euros ao mes.
concellal 1 + concellal 2= +- 7000 euros ao mes.
¡¡¡¡ E A BASURA DE DORRÓN E ALREDEDORES CATRO DÍAS SEN RECOLLER !!!!!!
que deixen de roubarlle ao pueblo ou é que DORRÓN NON EXISTE.

Fotos do sabado 17/10/09













A verdade é que unha vez vistas as fotos dos dous días podese comprobar que as papeleiras non foron vaciadas, claro pero logo subennos a basura aos veciños do rural e daselle o contrato de recollida de papeleras a URBASER sin haber salido ese contrato a concurso pùblico. Que máis da que o rural estea así, deben pensar que como a zona turística solo é Silgar o resto xa da igual que pasen algúns días en estado penoso.


Fotos do martes 20/10/09












E hai que lembrarlles o que nos custa este servizo:

- Servizo de mantemento, limpeza e baldeirado de papeleiras: 66.605,13 euros (outubro a xuño) e 42.783,51 euros (xullo, agosto e setembro).

Vai sendo hora de que si pagas se esixa, pero aqui non, agardo que cando volva pasar por esa zona se atope algo máis limpa.

Fotos do 22/10/09: as cousas seguen igual.




sábado, 17 de octubre de 2009

A estrada de Dorrón

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Primeiro dar as grazas a persoa que me enviou o video.
E segundo faltame algún dato e tan pronto o teña comentarei este tema.

viernes, 16 de octubre de 2009

Novo golpe para Vilalonga


Parece ser que últimamente Vilalonga non gaña para disgustos. Si onte foi que a estrada de unión coa autovía non se vai facer ata o 2015 agora topamonos como tampouco pensan mover nin un so dedo para o traslado de Fenosa.

“La respuesta del gobierno autonómico establece que la opción de llevar la subestación a Nantes “non é correcta dende o punto de vista técnico pois estaríanse alonxando os centros de transformación dos usuarios finais, é dicir, dos consumidores, polo que se estaría perxudicando a calidade do subministro, nunha zona cunha elevada densidade de poboación que á vez ten unha gran dispersión, polo que co translado á ubicación proposta estaríase prexudicando ao cidadán o darlle un servizo máis deficiente”. Recalca también que para llevar a cabo lo solicitado por Lobeira “requírese o acordo dos axentes involucrados, así como facer os estudos pertinentes e, por último, levar a cabo a actuación sen que a actividade normal dos suxeitos intervintes poida verse afectada ou comprometida”. ” (Diario de Arousa)

¿Non é correcta dende o punto de vista técnico? Acaso fixeron algun estudo. Porque logo din que habería que facer os estudos pertinentes. E din que estaria alonxado dos usuarios, pois para levar corrente o Grove ben que reforzaron a subestación e soterraron as liñas de alta tensión e suponse que o Grove queda máis lonxe de Vilalonga que Vilalonga do polígono.

¿Servizo deficiente? JAJAJAJA, que llo pregunten os veciños como é o servizo.

¿Requirese acordo cos axentes involucrados?E dicir que sentarse a negociar con Union Fenosa suponlles un incordio, acaso ¿non se sinten capacitados para levar a cabo esta negociación?.

Haille que recordar a Xunta que noutros pobos de Galicia se fixo e ¿porque en Vilalonga non? E sobretodo que opina a alcaldesa de todo isto: ¿cos veciños ou coa Xunta?

E todo isto porque o 24 de xullo as concelleira de Vilalonga dicia o seguinte: “Os veciños de Vilalonga tiveron que esperar a que chegase o PP ao Goberno autonómico para comprobar como se traballa do lado dos cidadáns e empregando o sentido común”, comentó Susana Fernández” Agardaremos a escoitar as novas declaracións tanto da Alcaldesa e do seu equipo de goberno.


Para ler o artigo do 24 xullo preme aqui.

jueves, 15 de octubre de 2009

A estrada nova para o 2015

Hai uns días o grupo de goberno saia na prensa dicindo que as inversións en Vilalonga son prioritarias e que ian ter en conta as necesidades da vila ¿Vilalonga prioritaria para o concello? Permitideme que me ria: JAJAJAJA. Hoxe quedou demostrado o que lle importa Vilalonga o concello pois como din hoxe os do BNG na prensa: “El portavoz del BNG, David Otero Domínguez, manifestó ayer que este vial “é unha demanda histórica dos veciños e veciñas de Vilalonga, para que unha das tres vilas máis importantes do Concello de Sanxenxo poida estar comunicada coa Autovía do Salnés. É inexplicable que un vial de menos de dous quilómetros teña que esperar, desde a súa previsión no PXOM, en 2003, ata a súa suposta execución, en 2015, máis de 12 anos. Esto demostra unha vez máis a incapacidade de xestión da alcaldesa de Sanxenxo”. (Diario de Arousa) hoxe volvemos a asistir a un capítulo máis de ver como Vilalonga volve ser esquecida polo PP.

Esta estrada que esta prevista no plan MOVE para o 2015 cando a diputación saira anunciando que estaría prevista para o 2009 e agora atopamonos que o noso “amigo” Hernández ata o 2015 non se acorda de nos logo de ter asistido as suas promesas durante a campaña eleitoral diante dos veciños de Vilalonga. “desde el BNG “esiximos que deixe de enganar aso veciños de Vilalonga cos múltiples aplazamentos da execución de ese novo vial e adquira o compromiso escrito coa Xunta, onde os prazos de execución do devandito vial sexan inmediatos”. ”

Pero tamén non podo esquecerme de CODESEVI que tamén denunciaba hai un días o abandono de Vilalonga ¿estan dacordo con este prazo? Ou ¿pensan esixir que se faga antes?.
A verdade é que os proxectos para a vila de Vilalonga son de risa: Telleira sen funcionar, estrada para o 2015 se cadra, o Rebel paralizado, obras sen rematar, ….

Xa estou ansiosa para ver como xustifican este prazo, porque agora non é culpa do bipartito agora é que a Xunta do PP prioriza outras estradas mentras en Vilalonga seguen a esperar e logo moito preocuparse por que a Po-504 soporta demasiado tráfico.

Señores do PP poñanse a traballar e poñanse o lado dos veciños e reclamen que esa estrada se execute no 2010, senón haber collido a opción da diputación e agora xa estariamos en obras.