martes, 6 de octubre de 2009

Foto denuncia

Hoxe vou colgar as fotos que me achegaron por mail o día 3 de outubro co seguinte texto:

estas fotos fueron tomadas a última hora de la tarde de hoy. mando una en la que se ve a un buen número de turistas caminando, para que no digan que no había gente. Una vergüenza, bolsas de basura, gaviotas comiendo los desperdicios orgánicos, restos de marisco. Alguien tendría que irse a la calle y dejar su concejalía. Á lo mejor también habría que tirar a algún hostelero al mar.






Grazas M.O.O. polo envio das fotos. Esta situación non é nova e xa non so as bolsas de basura senon o cheiro que hai nesa zona e a suciedade que queda, pois podese comprobar nas fotos como estan as lousas do chan.

OS DATOS:
No pleno do 26/08/09 levouse a modificación do contrato da recollida de lixos e limpeza viaria por parte da empresa "URBASER" na cal se contempla o seguinte:

"“Co obxecto de mellorar o servizo de recollida de lixo analizouse coa empresa adxudicataria “Urbaser, S.A.” unha serie de medidas de ampliación e reforzo do mesmo.
Estas medidas son a recollida de lixo polas tardes en zonas de alta utilización e recollida do contorno do porto deportivo de Sanxenxo, o servizo de limpeza viaria nas zonas de alta utilización e un servizo de mantemento, limpeza e baldeirado de papeleiras.
A recollida de lixo polas tardes en zonas de alta utilización e no contorno do porto deportivo de Sanxenxo tería un custo de
7.651,75 euros/mes (IVE incluído) durante os meses de xullo, agosto e setembro.
O servizo de limpeza viaria nas zonas de alta utilización, polas tardes, tería un custo de 3.664,93 euros/mes (IVE incluído) durante
os meses de xullo, agosto e setembro.
O servizo de mantemento, limpeza e baldeirado de papeleiras tería un custo de outubro a xuño, inclusive, de 7.400,57 euros/mes e
de 14.261,17 euros/mes nos meses de xullo, agosto e setembro. En ámbolos dous casos o IVE esta incluído nestas cantidades.
Deste xeito, o aumento total sería de 109.388,64 euros anuais e unha cifra rateada de 9.115,72 euros/mes, IVE incluído.
Analizado o expediente, o informe de fiscalización da intervención municipal e co fin de mellorar o servizo no seu conxunto, esta
alcaldía, propón ó Concello Pleno a adopción do seguinte acordo:
PRIMEIRO: aprobar un cuarto modificado do contrato asinado coa empresa “Urbaser, S.A.” para a recollida de lixo, facendo constar que esta modificación rexerá ata o remate definitivo do contrato cuxo vencemento é o día 31 de decembro de 2009, sen posibilidade algunha de prórroga."

Este contrato foi recurrido polo BNG entre outras cousas porque non foi un concurso aberto, senon que se concedeu este contrato a dedo.

Sometido o asunto a votación ofrece o seguinte resultado:
Votos a favor: Oito (Grupo do P.P.)
Votos en contra: Tres (Grupo municipal do B.N.G.)
Votos pola abstención: Tres (Grupo municipal socialista de Sanxenxo e grupo municipal mixto)
En consecuencia, proponse ao Pleno municipal a adopción do seguinte acordo:
PRIMEIRO: aprobar un cuarto modificado do contrato asinado coa empresa “Urbaser, S.A.” para a recollida de lixo, facendo constar que esta modificación rexerá ata o remate definitivo do contrato cuxo vencemento é o día 31 de decembro de 2009, sen posibilidade algunha de prórroga, polas seguintes contías (I.V.E. incluído):
- Recollida de lixo polas tardes en zonas de alta utilización e no contorno do porto deportivo de Sanxenxo: 22.955,25 euros (xullo, agosto e setembro).
- Servizo de limpeza viaria nas zonas de alta utilización, polas tardes: 10.994,79 euros (xullo, agosto e setembro).
- Servizo de mantemento, limpeza e baldeirado de papeleiras: 66.605,13 euros (outubro a xuño) e 42.783,51 euros (xullo, agosto e setembro).

O concello paga pero non vixía porque ¿co que se paga esa zona non podía estar máis limpa?

enlace da acta do pleno: preme aqui....


viernes, 2 de octubre de 2009

¿Gürtel en Sanxenxo?

Extracto da noticia que hoxe sae no Xornal:

"El dirigente del PP gallego Telmo Martín autorizó, cuando era alcalde de Sanxenxo, un proyecto inmobiliario a la promotora valenciana Sedesa, una de las empresas que figuran como implicadas en la trama Gürtel en los últimos informes policiales. El plan está ahora mismo paralizado por un documento de la Consellería de Medio Ambiente del bipartito, elaborado a comienzos de este mismo año, que alerta de que no respeta los valores naturales y paisajísticos del entorno.

En el PXOM de Sanxenxo de 2003, el grupo de gobierno de Martín calificó de urbanizables unos terrenos forestales en Monte Faro, a las afueras del municipio pontevedrés. Tras un extenso periodo de alegaciones y críticas por parte de la oposición, el Ayuntamiento dio luz verde en uno de los solares a un proyecto de la empresa Mirador de Sanxenxo, del grupo Sedesa.

El complejo constaba de más de 1.000 chalés y un campo de golf en el que también participaban otros promotores. Según los grupos de la oposición, el gobierno local les libró de la obligación de construir viviendas sociales. Xornal de Galicia se puso ayer en contacto con Telmo Martín, que declinó realizar declaraciones sobre este tema.

Finalmente, tras la presión ejercida por diversos colectivos vecinales y ecologistas, la anterior Xunta paralizó el proyecto, que además acumulaba un considerable retraso por la crisis económica."

Actualización: declaracións de Telmo:

"Martín, que se considera víctima de una "campaña" para desacreditarlo en Pontevedra --ya que actualmente aspira a la Alcaldía--, defendió que en su etapa de alcalde en Sanxenxo "no hubo ni una mínima irregularidad ni ilegalidad en ningún procedimiento", en referencia a las informaciones publicadas hoy en el periódico 'Xornal de Galicia'." Seguir lendo...


Esto é o que nos contan dende o Xornal, en breve colgarei tódolos datos que hai sobre este SU

lunes, 28 de septiembre de 2009

A volta ao cole

O artigo desta quincena no Aturuxo:


Este ano coa volta ao colexio volvemos a tempos pasados onde nos atopamos cun gran desembolso económico que moitas familias teñen que facer para mercar os libros ante o inicio do curso escolar. Estes últimos anos o sistema de préstamo de libros facía máis levadeira a volta ó colexio porque si cun cativo o custe xa é elevado imaxinade os que teñen dous ou tres. O gasto medio dun cativo que comenza no colexio está entre os 200€ e 300€. Coa chegada do novo goberno, e o seu afán de borrar calquera pegada do bipartito, anularon a gratuidade dos libros. O ensino é obrigatorio polo tanto as axudas para as familias deberían ser as máximas posibles e sobre todo se temos en conta que estamos en época de crise.

En Sanxenxo o BNG e o PSOE presentaron unha moción cada un para pedir a gratuidade destes libros que o grupo de goberno rechazou: non ían ir contra dos mandatos da Xunta. Neste pleno a alcaldesa xustificaba que non era bo que os nenos utilizasen libros doutros nenos. Os libros de texto cambian cada 4 anos por iso este ano hai cursos no que os libros non se cambiaron e séguese usando o sistema de préstamo pero para o ano, os libros novos que foron mercados xa no se poderán usar no sistema de préstamo, xa que se eu pago eses libros son meus e non do sistema educativo. Por iso o empréstito, é bo ou malo?


Para seguir lendo preme aqui: Aturuxo


jueves, 24 de septiembre de 2009

As medidas do concello

Hai uns días o concello de Sanxenxo na sua web anunciabamos que contaban cun equipo de coordinación para a gripe A.

Anunciaban que ian confeccionar carteis informativos seguindo as directirces da OMS “que incluyen comportamientos tales como el uso de pañuelos de papel desechables, la limpieza regular de las manos con agua y jabón o el evitar los lugares concurridos y asistir al médico ante síntomas similares a los de la gripe. ” ¿Lugares concurridos? Xa lles direi eu o que é un lugar concurrido. Pero antes quero reseñar o que dicía Salvador Durán: “era imprescindible que o Concello de Sanxenxo adoptase medidas que faciliten a información sobre a Gripe A ós traballadores e cidadáns, para saber cómo comportarse ante a aparición de posibles síntomas da enfermidade”. Además, indicó que “a empresa adxudicataria da limpeza dos distintos edificios municipais, colexios e centros de saúde xa ten elaborado un protocolo de actuacións, o cal se está poñendo actualmente en práctica”

O lugar máis concurrido do concello e un dos focos de infección maiores sexa da gripe común ou a A ou de calquer outra enfermidade contaxiosa é o pasille de espera da sala onde se extrae sangue e se fan as probas do Simtron en Baltar. Esa zona máis coñecida por moitos veciños como “O corredor da morte” ou por moitos outros que comparan o pasillo de espera para pincharse cos pasillos de espera dos animais no matadoiro para ser sacrificados.


As persoas que acuden ali amontonanse nese pasillo agardando o seu turno, xuntandose a maioria das veces máis de medio centenar de persoas. Persoas de tódalas idades e con diversas patoloxias: nenos, embarazadas, persoas con enfermidades cronicas, con problemas respiratorios, persoas maiores coas defensas en minimos, etc..

Moitas destas persoas estan incluidas nos grupos de risco por Gripe A da OMS e que se aconsella que se vacinen. Nese habitaculo non hai ventanas de ventilación, esa habitación foi diseñada como almacén e incluso na sala anterior atopase a caldeira.


No inverno cando acudes a ese pasillo e se atopan varias persoas con gripe o nivel de infección é alto xa que os esbirros, a tos, e a concentración de persoas xa conforma un bo campo de contaxio.

A parte ,a día de hoxe nese centro de saúde inda non existe ningún cartel informando sobre a Gripe A nin das medidas de prevención.


Falan de evitar lugares concurridos pois aquí teñen un exemplo dun agardo que esta ubicación sexa cambiada por outra máis adecuada, onde exista ventilación e espazo suficiente, e non que estemos tropezando uns cos outros. ¿Van seguir mantendo esa situación todo o inverno?


Con isto non trato de crear alarmismo nin nada parecido pero o risco existe é hai que atallalo e si falan de previr que o fagan ben e non unha mera propaganda pois falan de que se van a reforzar as tareas de hixiene e de limpeza nas zonas de máis fácil propagación da enfermidade e sobre todo nas instalacións onde os usuarios pertencen os grupos de risco pois eu teño que decirlles que acudo tódalas semáns a ese pasillo e a día de hoxe inda non se viu ningunha medida.

Agardo que busquen outra sala máis axeitada e si o centro de Baltar esta masificado que busquen solucións, que falen coa conselleira de Sanidade pero os usuarios dese centro non podemos seguir arriscandonos nese pasillo.



martes, 22 de septiembre de 2009

Curiosidades


Esta é a imaxe que aparece no xornal dixital 20minutos.es.
E a noticia di o seguinte:

"Los vecinos de un edificio de viviendas de reciente construcción en Sanxenxo (Pontevedra) están en pie de guerra ante el insólito cartel de venta que ha colgado uno de los propietarios. En él puede leerse claramente "Se alquila o vende sólo a familias gitanas"

María José, lectora de 20minutos.es, alquiló este verano una vivienda en el lugar, y sorprendida por el cartel, nos envió una fotografía del mismo. Los vecinos barajan la hipótesis de que se trate de una medida de presión del propietario a la promotora -quien le dio uno de los pisos a cambio de los terrenos que le expropiaron-, para lograr una mejora en el acuerdo económico que alcanzaron. Para María José, lo ha hecho "puramente para fastidiar", porque "ese cartel no vende". De ese modo "racista", la persona que ha puesto el cartel, piensa que la promotora no conseguirá vender más pisos.

Promoción

José Antonio, propietario de la vivienda, explicaba que ya ha vendido el piso, y que todo se ha tratado de un error. Según él, desde un primer momento quería poner "también" gitanos y no "sólo", pero que un error tipográfico ha sido el desencadenante de esta situación, aunque asegura, ni vecinos ni promotora se han dirigido a él para quejarse.

De hecho, fuentes del Ayuntamiento de Sanxenxo consultadas por 20minutos.es han puntualizado que desde la semana pasada se ha cambiado el texto del cartel, y que ahora puede leerse "Se alquila o vende 'también' a familias gitanas......."

Esto é parte do que relatan na noticia, para ler toda a noticia preme aqui: 20minutos.es

Na Galega o 25/09/09
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

sábado, 19 de septiembre de 2009

O acto

Nestes intres esta celebrando o “Acto Conmemorativo dos 30 anos de Democracia” no salón de plenos do concello.

Nestes últimos días producironse certos comentarios de quen o organizaba: si unha revista, si un partido político, si unha persoa. E para disipar dúbidas colguei a invitación que mandaron os organizadores do acto.

Pois ben o que teño que dicir é o seguinte:

Este tipo de actos tenos que facer a INSTITUCIÓN, neste caso o concello. Inda que fose plantexado por unha persoa ou grupo político sen representación no concello, o concello é o que debería facerse cargo deste tipo de actos. Convocar unha Xunta de Portavoces e entre todos organizar este tipo actos.

Un acto aberto, un acto para a cidadanía e sobre todo un acto marcado cun protocolo serio pois ¿como pode ser serio convidar a participar nun acto así a través dun anuncio nunha revista mensual e que so sae no Concello de Sanxenxo?
A Institución ten os medio suficientes para porse en contacto coas persoas participantes a través dos censos tanto locais como provinciais ou mesmo dos familiares para poder facer cun convite serio, en tempo e en forma. E non que parte dos convidados se enterasen pola prensa ou 5 días antes e con cousas comprometidas para este sabado.

Hai conmemoracións que lle corresponden a Institución: goberne quen goberne, e co consenso dos 17 membros que foron elexidos polo pobo. Acto que debería ser aberto os veciños de Sanxenxo, participar nel os que queiran ver reunidos aos membros dos grupos municipais dos útimos 30 anos.

Eu non sei quenes van a participar neste acto, sei dun achegado que non o vai facer porque non se ve identificado co acto o non ser Institucional por moito apoio que teña do concello.

Hai que aprender a separar os réditos políticos dos deberes e obrigas dunha Institución, so espero que esto non se converta en un tirapuxas de partidos nin moito menos de colocación de medallas. So espero que o respeto a institución e as decisión de cada un sexan respetadas porque ir ou non ir non significa falta de respeto a Institución porque este acto non é Institucional.

viernes, 18 de septiembre de 2009

¿Austeridade? Non, débeda.

"Tres municipios gobernados por el PP adeudan cerca de dos millones de euros a la Diputación, según datos facilitados por el portavoz del Grupo Socialista, Emilio González. Se trata de los concellos de Sanxenxo (765.714 euros), Ponteareas (680.000) y Vilanova (547.000). Estas cantidades serán descontadas de las asignaciones que les correspondan del plan provincial anticrisis.Según estimaciones socialistas, los descuentos de deudas harán bajar el importe del plan de 70 a 65 millones. González destacó que los municipios que más deben son los concellos «bandeira» del PP. " (A Voz de Galicia)

Con esto queda desmontado aquel anuncio de que a Deputación ia invertir en Sanxenxo máis de un millon de euros ata o 2011, sendo o segundo concello da comarca do Salnés que ia percibir máis euros deste organismo. Pero a miña pregunta é ¿en que invertiron eses 765.714 euros?

Por outra banda hoxe en Sanxenxo celebranse unhas xornadas da COAFG e que hai uns días se anunciaba na web do concello. Esta é a circular que o Colexio lles enviou os seus asociados:


e agora vou poñer o parrafo que me chamou a atención na web do concello: "Por la noche, a partir de las 21.30 horas, una cena oficial que tendrá lugar en el hotel Carlos I pondrá el colofón a esta jornada técnica."

E vos preguntaredes onde quero chegar pois moi sinxelo, a que lendo o da cea oficial chamouse o Colexio para preguntar pola cea e ali non sabian nada, enton dixoselle que mirasen na web do concello que saia anunciada e queriamos saber.

A resposta foi que o colexio non facía ningunha cea oficial e que eles xa lles pagaban os poñentes do acto.
Entón a pregunta é ¿quen paga esa cea oficia? ¿o concello? ¿promulgan a austeridade e van de cenitas?

Eu si me aledo que se fagan xornadas deste tipo en Sanxenxo ou congresos como o que se vai facer en maio de 3 días, que podedes consultar o programa na web do COAFG, pero de ahi a que se fagan cuchipandas a conta dos veciños non e menos cando as disfrazan co nome de CEA OFICIAL, ¿oficial de que? si queren ir de cea que vaian pero que non nola disfracen dese xeito. Porque non se lle pode chamar oficial cando so van acudir a alcaldesa, algún poñente e dous ou tres cargos electos de COAFG.