martes, 15 de septiembre de 2009

Si Castelao levantase a cabeza.


O domingo na Revista da Adina aparece a presentación dun “Acto conmemorativo 30 aniversario de Corporacións Democráticas”, onde aparece a listaxe das corporacións dende 1979. Aparecen as fotos dos alcaldes de Sanxenxo e das dúas primeiras mulleres que formaron parte dunha corporación municipal en Sanxenxo.

Pero cal é a miña sorpresa que aparecen 4 fotos de 4 homes que non se corresponden cos 30 anos na democracia que van a homenaxear:

Jose Piñeiro González, Leopoldo González Pombo, Jose Pita Duran e Migue Angel Bótana Castro.

Estes catros homes corresponden a época da ditadura co cal non sei porque aparecen as súas fotos nun panfleto publicitario dun acto da democracia.É tal a incongruencia que se produce que mencionan un acto dende o 1979 en diante e sacan fotos doutra época.

Non sei cal é a intención de sacar estas fotos, si é un acto para festellar a democracia ¿Porque motivo aparecen as fotos dos alcaldes da ditadura? Ou sera que estes alcaldes da ditadura tiñan os mesmos miramentos que os celebrantes.

O texto esta firmado polo representante do PG en Sanxenxo e por iso voulle recordar algúns datos:

  • O PG fundase en 1931 e entre os seus membros é simpatizantes atópanse: Castelao, Bóveda, Risco, Otero Pedrayo.

  • No 1936 tras a Guerra Civil comeza a represión dos militantes galeguistas e algúns dos seus dirixentes como: Xoán Carballeira, Anxel Casa, Lustres Rivas, Camilo Días Baliño, Victor Casas ou Alexandre Bóveda son FUSILADOS e outros moitos marchan exiliados.

Da realización do acto falarei máis adiante pero non podía deixar pasar esta falta de “respeto a democracia”, e o digo así clariño, porque non sei si pretenden levantar sensibilidades, gañarse puntos ou facer que moitas persoas se lembren de feitos que mellor queden no pasado. Teño familiares que naceron entre o 1920 e o 1930 e saben o que é vivir nunha república, nunha ditadura e nunha democracia monárquica e as palabras máis repetidas que dixeron cando viron isto foi:” burla, innecesario, desfatachez, perdida do norte...” e eu engado: “patético, irresponsabilidade, osadía”.

Dos erros do pasado hai que aprender para non volver a cometelos pero cando vemos que se estan eliminando os símbolos franquistas, que non se permite facer máis actos conmemorativos no "Valle Dos Caidos" e resulta que nesta revista aparecen como se fosen homenaxeados. Non che entendo nadiña: ¿un Partido Galeguista vai homenaxear a alcaldes da ditadura? que mo expliquen. E digo ben o PG é quen fai o acto, pero isto vouno contar con máis detalles dentro dun días. Sinceramente si isto esta feito con intencionalidade pareceme unha PROVOCACION.

So quero recordar unhas verbas de Castelao no seu libro “Sempre en Galiza”: Cando un home sabe que a realización dunha idea vai producir a felicidade do seu pobo e a salvación da súa patria, non debe recuar ante a posibilidade do triunfo,...., porque o home que dubida e teme no intre de realizar o ideal que predicou e non ten coraxe para manterse no seu posto de perigo, ou é un farsante ou é un coitadiño.


domingo, 13 de septiembre de 2009

Concentración de motos

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG




Esta é a foto que sae na Voz de Galicia para informar que en Sanxenxo se esta a facer unha concentración de motos.
¿Onde estan as Mulleres pola Igualdade? porque que eu sepa neste tipo de espectaculos non sae un rapaz en slip para que a moto se pare en frente, senon que usan a unha rapaza.
E logo vamos abanderadas de querer igualdade, xa sei que me van a acusar de que non sei de que vai o tema este pero asegurovos que este tipo de espectaculos segueme parecendo sexistas e claro por un lado aplaudimos e logo reinvindicamos igualdade, todo pura hipocresía.
Os meritos conseguesen con traballo e seriedade e non a costa da loita polos dereitos das mulleres.

jueves, 10 de septiembre de 2009

Policía urbanística ¿para que serve?

"O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, con data do 15 de xullo de 2009, resolución pola que se lle impón unha multa coercitiva no expediente da reposición da legalidade urbanística 107 B 2007/103-0 a E. S. V. como consecuencia do incumprimento da Resolución do 28 de xaneiro de 2009, pola que se declara que a actividade industrial que se desenvolve nunha nave no Tombelo, parroquia de Noalla, Sanxenxo, sen autorización urbanística autonómica, non é legalizable por ser incompatible co ordenamento urbanístico vixente, impide definitivamente a actividade industrial que se desenvolve na nave e ordena a reposición dos bens afectados ao estado anterior ao incumprimento da legalidade." (Doga 9 setembro. pax. 21)

A situación desta nave xa foi comentada máis dunha vez pero o tempo pasaba e este final viase vir e ¿que se fixo dende a Xerencia de Urbanismo? NADA, a nave seguiase a usar como si tivese licenza. Esta é outra proba da ineficacia da Policía Urbanística pois esta nave leva traballando moito tempo e agora pidese o seu peche e claro ¿o concello recurrirá como noutras ocasións? e nos tempos que corren xa vemos os donos apelando a que a xente vai quedar na rúa, sen traballo pero eso son as consecuencias de non paralizar as cousas antes. ¿Estamos ante outro "Armarios Alonso"?
O polígono segue pechado sen que as empresas poidan trasladarse e o concello segue mirando para outro lado e agora non lle poden botar a culpa ao bipartito.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Piragüismo

Hoxe lendo a sección de deportes dalgún xornal volvin ser testigo da mala xestión do grupo de goberno. A día de hoxe o clube de piragüismo so sabe que hai un deseño pero por moitas visitas que fixo a alcaldesa últimamente a Santiago non hai un convenio firmado para a execución das obras.

Non me vale a excusa de que falta algún informe por recibir pois a parte de ter un deseño hai que ter un orzamento para realizar a obra sexa na ubicación para a cal fixeron un modificación puntual do PXOM ou noutra.

E digo todo isto porque onte en Ribadumia inaugurouse as instalacións do seu clube: “El club de piragüismo Náutico O Muíño de Ribadumia es desde ayer un club enormemente afortunado. El presidente de la Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán , presidió junto a la alcaldesa, Salomé Peña , el acto de inauguración de las remodeladas instalaciones del complejo náutico-deportivo de la localidad de origen del propio Louzán, en las que el ente provincial ha invertido en los últimos años la friolera de 600.000 euros. Todo, para que los palistas locales y su club den un nuevo salto de calidad en la enorme progresión que están demostrando en los últimos años. ” (A Voz de Galicia).

¿Porque a alcaldesa non negociou coa deputación? Xa sei que estes últimos anos ir a Santiago suporia un Via Crucis para a alcaldesa pero pudo recurrir o seu amigo Louzán e ir xestionando algo, pero non, acordalles agora esta obra tan demandada pero a realidade é que a día de hoxe non hai un so convenio firmado e o concello non ten capacidade económica para facer fronte a esa obra, así que a seguir esperando.

lunes, 7 de septiembre de 2009

Festas

As festas patronais da parroquia de Padriñan e da vila de Sanxenxo eran feitas polo pobo e para o pobo, ata que chegou Telmo Martín e decidiu que esas festas as faria o concello, ata inventaron o chupinazo como si esto fose Pamplona en plenos San Fermíns, cada pobo debe respetar as súas tradicións e non importar outras porque pode acabar convertendose todo nun circo.

Claro que as festas deben evolucionar e adaptarse os tempos que corren pero non a golpe de talanorio senon con orixinalidade e pensando na xente que mantivo a festa ano tras ano.

Tódolos anos traiase un artista ou grupo para darlle notoriedade as festas ata que pouco a pouco todo foi decaendo e este ano coa excusa da crise volveuse ao formato tradicional das festas das orquestas.

Pero sin mencionar os concertos que se producían fora da semana das festas, é dicir, dende o 25 de agosto ata o 4 de setembro. Como pode ser o concerto de Julio Iglesias no 2002, as galas de televisión, a gala Escoita Sanxenxo que trouxo o ano pasado a Bustamente ou os celebrados polo Xacobeo.

Por iso vamos facer un pequeño repaso dos últimos anos das festas de San Xenxo e Santa Rosalía.


2000: Pregoeiro: Liborio Garcia.Concierto Tocan Latinos: Ariel Rot, Café
Quijano e Danza Invisible.

2001: Pregoeiro: Luis Zahera. Concerto dos Panchos

2002: Pregoeiros: Guillermo Summer e Ignacio Salas. Concerto de los Sabandeños.

2003: Pregoeiro: Carlos Blanco. Concerto de Tamara e o de Hombres G

2004: Pregoeiro: Javier Veiga. Actuación de Monste e Luis Queimada

2005: Pregoeiro: Candido Pazo. Concerto de Santa Justa Klan.

2006: Pregoeiro: Paco León. Concerto de Azucar Moreno.

2007: Pregoeira: Carolina Cerezuela e concerto de Shaila Durcal. Orzamento: 195.000€

2008: Pregoeiro Dani Delacámara e concerto de Sergio Dalma.

2009: Pregoeiro: Serxio Pazos.



domingo, 6 de septiembre de 2009

Un setembro máis curto


Setembro era o mes no que se celebraban eventos para alargar a tempada estival. Comenzabase coa Feira da Cebola e as festas de Santa Rosalía, logo seguiase coa regata Audi e a concentración de motos.

Este ano a regata Audi non se vai celebrar xa que non aparece en ningún dos circuitos galegos de regatas nin no calendario do RCN. Dende o concello sempre se apostou por un Sanxenxo naútico e este ano quedamos sin a regata que achegaba a moitos afecionados a vela ese finde de semana a Sanxenxo.

Xa sei que diran que é cousa da crise, e que e cousa do RCN. Sanxenxo xunto coa Coruña e Baiona disputaba un gran premio pero este ano en Baiona e na Coruña celebranse pero Sanxenxo cae do calendario de regatas. Cambian unha regata consolidada pola "I master Corte Inglés" unha regata de catamaráns os días 10 e 11.

Polo tanto Sanxenxo queda cun envento menos para desestacionalizar o turismo, pero claro as novas feiras gastronómicas deste veran se celebraron en plena tempada alta en vez de facelas en meses como este para alongar a visita de xente ao noso concello.

Podese decir que setembro era o mes máis deportivo: regatas, motos, milla urbana. E falando de milla urbana voume facer eco dunha queixa que se formulou nun foro de atletismo: correrengalicia.org , onde formulan o pouco interese do concello en promocionar os eventos.

Non sei cales son as causas de que non haixa a regata este ano pero dame mágoa ver como pouco a pouco Sanxenxo queda sen eventos tanto deportivos como culturais, senón chega a ser polo que fan as asociacións e entidades privadas en Sanxenxo so se poderia dicir que hai Silgar e os pubs de Portonovo e do porto deportivo.

Vai sendo hora de que haixa un plan de traballo cara o turismo, Sanxenxo non so pode vivir de dous meses e o resto do ano non ofrecer alternativas, o sector hoteleiro, administracion e tecido empresarial debe crear un abano de atractivos turísticos.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Orzamento Nauta 2009

Hoxe na web do concello contannos que os ingresos de Nauta en agosto superaron o 28,6% os do ano pasado no mesmo mes.
¿Pero canto nos custa Nauta? ¿cal é o orzamento de Nauta?
O orzamento que ten Nauta para este ano 2009 é de: 12.275.536,30€ que se reparten da seguinte forma:


GASTOS

Soldos
474.922,71
Seguridade social
150.585,27
Enerxía eléctrica
12.692,85
Tributos
3.167,70
Atencións protocolarias e representativas
5.120,55
Publicidade e propaganda
100.849,78
Traballos realizados por outras empresas, estudos
503.978,57
Xuros Nauta
72.222,02
Inversións novas A.F.O.
9.826.996,85
Amortizacións
1.125.000,00

Total orzamento 12.275.536,30






INGRESOS

Venda de impresos + tarxetas
7.800,00
Venda de mercadorías praias
310.000,00
Vendas varias
3.510,00
Alugamento amarres barcos
125.000,00
Alugamentos prazas aparcadoiro
140.000,00
Alugamentos terrazas
55.000,00
Alugamentos varios
40.000,00
Embarcacións en rotación
60.000,00
Travel lift varadoiro
40.000,00
Varadoiro
30.000,00
Mantemento prazas amarre
550.000,00
Electricidade prazas de amarre
115.000,00
Aparcamento rotación + zonas exclusivas
497.000,00
Outros servizos
75.000,00
Outros ingresos de explotación
30.000,00
Subconcesións locais comerciais
500.000,00
Subconcesións prazas de amarre
300.000,00
Subconcesións prazas aparcamento
8.000,00
Transferencias correntes de empresas privadas
10.000,00
Xuros de depósitos bancarios
100,00
Subconcesión prazas de amarre
3.586.996,85
Subconcesión outros activos
2.798.629,45
Prestamos recibidos de fora do S.P. A medio e LAR
2.993.500,00

Total orzamento 12.275.536,30