martes, 10 de febrero de 2009

¿Casualidade ?

Hai unha canción que di: “ Sorpresas che da a vida, a vida sorpresas che da ” e iso parece que é o que sucede no concello pois inda non nos recuperamos da arroutada da alcaldesa contra os funcionarios polo erro do censo e hoxe lemos que 4 empresas optan o mantemento dos equipos informáticos do concello por valor de 25.862,07 euros anuais.

As empresas son:

  • Informática Mapa.com S.C., de Sanxenxo;

  • Mydic Galicia S.L. N.E., de Sanxenxo;

  • DGA Instalaciones Informáticas, de Vilalonga;

  • Fornecementos Galegos S.L., de Santiago de Compostela.

Descartando a empresa de Santiago inda que é a que máis solvencia ten tanto por tempo que leva traballado como por balances económicos vámonos centrar nas de Sanxenxo, posto que o máis lóxico sería darlla a unha empresa do concello.

Mydic Galicia é unha empresa do 2007 de dous rapaces de Sanxenxo. Informática Mapa xa todos a coñecemos e é a encargada de dar os cursos de infórmatica da OMIX e o seu dono é o presidente de Entretendas. E por último temos DGA Instalaciones Informáticas de Vilalonga que é a que máis me desconcerta pois é unha empresa de recente creación e que as siglas DGA coinciden co nome do informático do concello a parte de que din que é de Vilalonga ¿casualidade? Ou ¿colóuselle o dato de Vilalonga?.

De aí a casualidade de que hai uns días se formase unha boa bronca no concello entre un funcionario e o informático polo erro do censo e certo sector quixo evitar que esto se coñecese.

Na web do concello sae o seguinte: “La firma que resulte adjudicataria se ocupará del mantenimiento de los equipos informáticos tanto del hardware como del software de los equipos informáticos de la Entidad Local y de los Organismos Autónomos. También se encargará del asesoramiento sobre el funcionamiento de los equipos y de la asistencia técnica con el fin de solventar las deficiencias, así como del control de la página web municipal y del perfil del contratante. ” entón si a firma se encarga de todo esto ¿cal vai ser a función do informático ? ¿avisarlle das incidencias a concesionaria? Pero claro como son unha mal pensada (e pensa mal e acertaras) a que máis opcións ten é a DGA polo seu coñecemento do estado informático do concello e como pode entrar a calquer hora no concello pode ter todo o día e así ter toda a información na web do concello en tempo real.

A verdade é que a elección esta difícil MAPA fronte a DGA, Sanxenxo versus Vilalonga,..., pero inda me queda outra dúbida ¿a hora de escoller o informático do concello emite un informe valorando as propostas? Porque en teoría el sería a persoa que esta o tanto da situación inda que claro pode producirse un conflito de intereses.


domingo, 8 de febrero de 2009

A culpa foi do Chachacha

Estes días queda demostrado unha vez máis, e sospeito que non será a última, a incapacidade da señora alcaldesa. Todos estamos sabedores dos últimos acontecementos sobre as posibilidades que temos no concello de Sanxenxo para que veciños deste concello poidan exercer o seu deber nunha mesa electoral, aínda que a súa alma pase a "mellor vida".
Calquera que sexa elixido para ir a unha mesa pode presentar alegacións nos seguintes 7 días ao recibir a notificación, estas alegacións deben ser causas xustificadas e documentadas (enfermidade, ingreso hospitalario, coidado de persoas dependentes..etc), parece ser que en Sanxenxo, o feito de estar morto, non é causa xustificada.
Pero iremos ao "quid" da cuestión. Para saber o que pasou en ámbolos dous plenos, fíxenlle unha visita ao Blog de Lores, onde expón claramente o que pasou en ámbolos dous plenos. Por certo, desde aquí darlle o meu parabén ao BNG pola decisión de non cobrar ese segundo pleno. Rexeitar ese diñeiro público demostra unha gran responsabilidade pola súa banda, de acorde cos tempos de crises que nos toca vivir A Todos. A ver se os concelleiros de PP toman exemplo, entre outros.
O simpático foi ler que a alcaldesa acusou a este grupo de tomar esta medida para saír na prensa, cal foi a miña sorpresa que non lein nada na prensa sobre este tema, en cambio so se puido ler en todos os xornais as declaracións da alcaldesa con acusacións cara aos funcionarios.
E aí quero chegar eu: a señora alcaldesa debería explicarse mellor e diferenciar o persoal funcionario do persoal laboral.
O funcionario é o traballador encargado de darlle ao botón para que o computador, no que o servizo informático (persoal laboral) ten que descargar o programa do censo, saque os nomes dos veciños/as de Sanxenxo que teñen que acudir ás mesas electorais.
Se hai un erro no programa, digo eu que algunha responsabilidade terá o "responsable" da informática. Teremos que recordar que esta persoa non é funcionaria, é persoal laboral, que antes de dedicarse a estes mesteres dedicábase a pegar carteis pola Salgueira (Vilalonga) do PP en campaña.
Esta persoa, supoño que será de toda confianza da señora alcaldesa, xa que non creo (ou espero!) que non moitos traballadores do concello de Sanxenxo teñan chaves da porta principal do Concello, para poder entrar ás 10 da noite (cousa que viron estes olliños que, segundo din, deixoume o meu pai en herdanza).

E mentres tanto, a nosa alcaldesa, inicia un proceso de "investigación" cal caza de bruxas, "seica" que para esclarecer o tema.
Primeiro tería que esclarecerse ela, xa que aproveitar en plena campaña electoral, que vén a competencia a gañar votos grazas ao futuro centro médico de Vilalonga, para pedirlle un novo centro para Sanxenxo. Isto desde logo só ten unha lectura: A Catalina púidolle o subconsciente e nun acto de sinceridade con ela mesma, escapóuselle" a súa quiniela sobre estas eleccións: O PP non vai gobernar!.
É algo que todos sabemos, pero de aí a que unha alcaldesa do PP, no feudo do señor Louzán, chegue a esa mesma conclusión e a faga pública, hai un abismo.
Entre espías, corruptos en Madrid, Salvadores da economía que se esquecen de "xustificar" ingresos en Ourense, e agora unha alcaldesa con maioría absoluta que non confía nel....Feijoo, crécenche os ananos, máis non se preocupe, seguro que segue confiando en vostede algún "veciño de Sanxenxo".

miércoles, 4 de febrero de 2009

BILINGÜISMO SI, BILINGÜISMO NO.

Aquí vos deixo o novo artigo de XAFA sobre o bilingüismo que tanta polémica esta a xerar con fins partidistas.


O VINDEIRO 1 DE Marzo imos votar ao goberno que queremos os vindeiros catro anos. Parece ser que a crise, o beneficio para Galiza do Concurso Eólico, a mellora no rural mediante o Banco de Terras, a nova política forestal ou se o AVE chega ou non chega no 2012, non é o importante, senón o BILINGÜISMO.

Son ateo, pero din os crentes que cando se fixo a torres de Babel e comezaron a rifar entre si, Deus como castigo espallou diferentes idiomas para que non se entenderan, supoño que entres eles estaría o Galego.

Digo isto porque o día 25 de Xaneiro, lendo o xornal “La voz de Galicia” aparecen varias reseñas sobor das eleccións e o noso idioma. Unha das máis pintorescas é a candidatura de UPyD de Rosa Díez que segundo “ La voz de Galicia” di perolas coma estas: “Anxo Quintana utiliza la lengua gallega para marcar territorio” e me quedo abraiado que alguén acuse a un galego de pretender que se normalice o galego na Galiza, Rosa Díez creo que non sabe o que e marcar territorio, que é o que fan os gatos cando andan á mariola mexando polos currunchus. Tamén acusa ao bipartito de xerar problemas co idioma “que nunca tuvieron los gallegos”, evidentemente ata que chegaron os castelanfalantes radicais e os terroristas culturais. E sigo, segundo este mesmo xornal o outro día no casino de Pontevedra falando sobre o noso idioma (é o único recurso que ten!), dixo algo sobre a utilidade dos idiomas dicindo que “ lo normal es utilizar el idioma más útil, el castellano”, quen se cre que é esa señora para virnos a dicir aos galegos cal é o idioma útil ou inútil. Xa non vou perder máis tempo con esta señora por chamala dalgún xeito, so dicirlle catro cousas:

PIRMIERO: O idioma galego, a pesares dos paus recibidos durante séculos, segue vivo!.

SEGUNDO: milleiros de galegos espallados por todo o mundo marcharon da súa terra sen saber nin inglés nin castelán e non morreron de fame.

TERCEIRO: O noso idioma e unha herdanza dos nosos devanceiros que debemos respectar, coidar e ensinar aos nosos fillos porque senón seríamos uns irresponsables.

CUARTO: e noxento que haxa lamecús na nosa terra que lle sigan o xogo a xente como Rosa Díez e outros tocacollóns que naceron máis aló do Padornelo.

No mesmo xornal, pero nos días 24 e 25 de Xaneiro, aparecen diferentes sondaxes e artigos referentes o idioma e o sentimento de galeguidade cunhas porcentaxes moi interesantes.

No caso dos idiomas e as escolas reflíctese unha esmagadora maioría entre os pais que queren qu os seus fillos aprendan os dous idiomas por riba dos que queren que se ensine so en castelán. Sobre o sentimento de galeguidade, os que se senten tan galegos como españois son máis, cun 78,8%, nembargante os que se senten máis galegos que españois ou so galegos son moitos máis ca os que se senten máis españois ca galegos ou so españois. O cal é un dato esperanzador para defender o que é noso.

Para todos aqueles que defenden “el castellano y nada más”, lémbrolles o que si a”Constitución española” do ano 78, e cito textualmente:

TITULO PRELIMINAR

ARTÍCULO 3º

1.El castellano es la lengua española oficial del estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho de usarla.

2.la demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas comunidades autónomas de acuerdo con sus estatutos

3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección.

Ou sexa, que segundo a constitución Española, temos o dereito e o deber de respectar e protexer o noso idioma porque e unha riqueza lingüística e cultural do estado español. Xa sei que tamén di que o castelán temos o deber de coñecelo e usalo, pero por experiencia podo dicir que o castelán non corre ningún perigo. Eu teño dous fillos pequenos, aos cales lles falo en galego, van e unha escola pública onde o 50% das materias as dan en galego, nembargantes falan o 80% en castelán. ¿Cales son os motivos? Moi sinxelo, non fai fala debanarse moito os miolos : os medios de comunicación, libros, comics, películas, debuxos en DVD, TV, etc. Que nunha esmagadora maioría son en castelán. Con todo isto xa quero ir rematando, lembrando que o noso idioma, a nosa música e a nosa cultura en xeral e algo que está por riba de diferenzas ideolóxicas, os partidos políticos van e veñen, aparecen e desaparecen, fúndanse e refúndanse, pero a nosa identidade está por riba de todo iso e vale a pena loitar por ela.

XAFA.

domingo, 1 de febrero de 2009

Fitur


Nun programa televisivo sobre turismo e FITUR din que se esta incrementando o turismo cultural, o turismo patrimonial fronte o turismo de sol e praia que cada vez perden máis asiduos e que supuxo un baixón no 2008, os visitantes buscan coñecer a esencia do pobo que visitan, coñecer os seus costumes, historia e demais elementos que os fan diferentes e singulares.

Logo leo na web do concello o seguinte: “El turismo de costa habitualmente asociado al modelo de sol y playa se queda pequeño para Villas Marineras. Los casi 2.500 kilómetros de litoral Cantábrico y Atlántico por los que se extienden sus municipios poseen una amplitud de recursos que van mucho más allá de este modelo.


El patrimonio es otro de los ejes vertebradores de su oferta, gracias a la riqueza arquitectónica, natural y cultural de estas villas, sin olvidar su riqueza gastronómica.” Entón ¿esa visión é a que se esta a aplicar en Sanxenxo? ¿onde esta a revalorización da riqueza arquitectónica? Ah, xa sei, no estupendo Museo da Salga do Pazo de Quintáns ou no do Mar da Casa de San Fernando, ou nos fermosos eucaliptos que crecen no medio do Castro de Dorrón ou dos que crecen o redor das mámoas de Faro ou como olvidar os roteiros de sendeirismo que tan coidadiños teñen e que grazas a iso non se viron na obriga de retirar os folletos porque algún que outro usuario se perdeu no roteiro dos Carballos porque o chegar a Bordóns resulta que os cortan para facer unhas casas cadradas estilo arquitectónico funerario 100% galego. E non falemos do roteiro das aves que transcorre pola costa da ría de Arousa con ese gran paseo acondicionado para rematar na Telleira, inda que onde realmente na telleira onde se facían as tellas se atopa cuberta de maleza e a que rehabilitada e que lle da nome era unha fábrica de ladrillo. Pero ese detalle queda aclarada cando vas nas visitas guiadas que o concello dispón para que os visitantes poidan coñecer as nosas singularidades e así descubrir que o Con da Romaiña existe e che contan a súa lenda.

E como olvidar a riqueza natural do concello, observando a paisaxe dende o Mirador da Granxa, esa fachada marítima libre de formigón, Punta Festiñanzo chea de árbores, ese Monte Faro claro exemplo de monte galego coas suas toxeiras, pinos, carballos e castiñeiros crecendo sen orden, poder ver como Major conserva a súa esencia natural sen que o home o modificase moito. En Sanxenxo estase explotando un turismo non so baseado en sol e praia, aquí o turismo non descendeu grazas a eses outros eixes que tanto se louban en feiras como en FITUR.

Pero que bonito queda oír estas marabillas en Madrid pero o chegar a Sanxenxo ¿cal é a realidade : sol e praia ou turismo máis rico culturalmente?¿que facemos si esta o día nubrado? Pero o máis importante de todo ¿CAL E A POLITICA TURISTICA DO ACTUAL EQUIPO DE GOBERNO? E si xa temos unha empresa turística de capital mixto cunha coordinadora e en breve con/cunha xerente ¿que xustificación hai en ter unha concelleira de turismo con dedicación exclusiva? Con que fose parcial xa che chegaba ben.