miércoles, 4 de febrero de 2009

BILINGÜISMO SI, BILINGÜISMO NO.

Aquí vos deixo o novo artigo de XAFA sobre o bilingüismo que tanta polémica esta a xerar con fins partidistas.


O VINDEIRO 1 DE Marzo imos votar ao goberno que queremos os vindeiros catro anos. Parece ser que a crise, o beneficio para Galiza do Concurso Eólico, a mellora no rural mediante o Banco de Terras, a nova política forestal ou se o AVE chega ou non chega no 2012, non é o importante, senón o BILINGÜISMO.

Son ateo, pero din os crentes que cando se fixo a torres de Babel e comezaron a rifar entre si, Deus como castigo espallou diferentes idiomas para que non se entenderan, supoño que entres eles estaría o Galego.

Digo isto porque o día 25 de Xaneiro, lendo o xornal “La voz de Galicia” aparecen varias reseñas sobor das eleccións e o noso idioma. Unha das máis pintorescas é a candidatura de UPyD de Rosa Díez que segundo “ La voz de Galicia” di perolas coma estas: “Anxo Quintana utiliza la lengua gallega para marcar territorio” e me quedo abraiado que alguén acuse a un galego de pretender que se normalice o galego na Galiza, Rosa Díez creo que non sabe o que e marcar territorio, que é o que fan os gatos cando andan á mariola mexando polos currunchus. Tamén acusa ao bipartito de xerar problemas co idioma “que nunca tuvieron los gallegos”, evidentemente ata que chegaron os castelanfalantes radicais e os terroristas culturais. E sigo, segundo este mesmo xornal o outro día no casino de Pontevedra falando sobre o noso idioma (é o único recurso que ten!), dixo algo sobre a utilidade dos idiomas dicindo que “ lo normal es utilizar el idioma más útil, el castellano”, quen se cre que é esa señora para virnos a dicir aos galegos cal é o idioma útil ou inútil. Xa non vou perder máis tempo con esta señora por chamala dalgún xeito, so dicirlle catro cousas:

PIRMIERO: O idioma galego, a pesares dos paus recibidos durante séculos, segue vivo!.

SEGUNDO: milleiros de galegos espallados por todo o mundo marcharon da súa terra sen saber nin inglés nin castelán e non morreron de fame.

TERCEIRO: O noso idioma e unha herdanza dos nosos devanceiros que debemos respectar, coidar e ensinar aos nosos fillos porque senón seríamos uns irresponsables.

CUARTO: e noxento que haxa lamecús na nosa terra que lle sigan o xogo a xente como Rosa Díez e outros tocacollóns que naceron máis aló do Padornelo.

No mesmo xornal, pero nos días 24 e 25 de Xaneiro, aparecen diferentes sondaxes e artigos referentes o idioma e o sentimento de galeguidade cunhas porcentaxes moi interesantes.

No caso dos idiomas e as escolas reflíctese unha esmagadora maioría entre os pais que queren qu os seus fillos aprendan os dous idiomas por riba dos que queren que se ensine so en castelán. Sobre o sentimento de galeguidade, os que se senten tan galegos como españois son máis, cun 78,8%, nembargante os que se senten máis galegos que españois ou so galegos son moitos máis ca os que se senten máis españois ca galegos ou so españois. O cal é un dato esperanzador para defender o que é noso.

Para todos aqueles que defenden “el castellano y nada más”, lémbrolles o que si a”Constitución española” do ano 78, e cito textualmente:

TITULO PRELIMINAR

ARTÍCULO 3º

1.El castellano es la lengua española oficial del estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho de usarla.

2.la demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas comunidades autónomas de acuerdo con sus estatutos

3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección.

Ou sexa, que segundo a constitución Española, temos o dereito e o deber de respectar e protexer o noso idioma porque e unha riqueza lingüística e cultural do estado español. Xa sei que tamén di que o castelán temos o deber de coñecelo e usalo, pero por experiencia podo dicir que o castelán non corre ningún perigo. Eu teño dous fillos pequenos, aos cales lles falo en galego, van e unha escola pública onde o 50% das materias as dan en galego, nembargantes falan o 80% en castelán. ¿Cales son os motivos? Moi sinxelo, non fai fala debanarse moito os miolos : os medios de comunicación, libros, comics, películas, debuxos en DVD, TV, etc. Que nunha esmagadora maioría son en castelán. Con todo isto xa quero ir rematando, lembrando que o noso idioma, a nosa música e a nosa cultura en xeral e algo que está por riba de diferenzas ideolóxicas, os partidos políticos van e veñen, aparecen e desaparecen, fúndanse e refúndanse, pero a nosa identidade está por riba de todo iso e vale a pena loitar por ela.

XAFA.

domingo, 1 de febrero de 2009

Fitur


Nun programa televisivo sobre turismo e FITUR din que se esta incrementando o turismo cultural, o turismo patrimonial fronte o turismo de sol e praia que cada vez perden máis asiduos e que supuxo un baixón no 2008, os visitantes buscan coñecer a esencia do pobo que visitan, coñecer os seus costumes, historia e demais elementos que os fan diferentes e singulares.

Logo leo na web do concello o seguinte: “El turismo de costa habitualmente asociado al modelo de sol y playa se queda pequeño para Villas Marineras. Los casi 2.500 kilómetros de litoral Cantábrico y Atlántico por los que se extienden sus municipios poseen una amplitud de recursos que van mucho más allá de este modelo.


El patrimonio es otro de los ejes vertebradores de su oferta, gracias a la riqueza arquitectónica, natural y cultural de estas villas, sin olvidar su riqueza gastronómica.” Entón ¿esa visión é a que se esta a aplicar en Sanxenxo? ¿onde esta a revalorización da riqueza arquitectónica? Ah, xa sei, no estupendo Museo da Salga do Pazo de Quintáns ou no do Mar da Casa de San Fernando, ou nos fermosos eucaliptos que crecen no medio do Castro de Dorrón ou dos que crecen o redor das mámoas de Faro ou como olvidar os roteiros de sendeirismo que tan coidadiños teñen e que grazas a iso non se viron na obriga de retirar os folletos porque algún que outro usuario se perdeu no roteiro dos Carballos porque o chegar a Bordóns resulta que os cortan para facer unhas casas cadradas estilo arquitectónico funerario 100% galego. E non falemos do roteiro das aves que transcorre pola costa da ría de Arousa con ese gran paseo acondicionado para rematar na Telleira, inda que onde realmente na telleira onde se facían as tellas se atopa cuberta de maleza e a que rehabilitada e que lle da nome era unha fábrica de ladrillo. Pero ese detalle queda aclarada cando vas nas visitas guiadas que o concello dispón para que os visitantes poidan coñecer as nosas singularidades e así descubrir que o Con da Romaiña existe e che contan a súa lenda.

E como olvidar a riqueza natural do concello, observando a paisaxe dende o Mirador da Granxa, esa fachada marítima libre de formigón, Punta Festiñanzo chea de árbores, ese Monte Faro claro exemplo de monte galego coas suas toxeiras, pinos, carballos e castiñeiros crecendo sen orden, poder ver como Major conserva a súa esencia natural sen que o home o modificase moito. En Sanxenxo estase explotando un turismo non so baseado en sol e praia, aquí o turismo non descendeu grazas a eses outros eixes que tanto se louban en feiras como en FITUR.

Pero que bonito queda oír estas marabillas en Madrid pero o chegar a Sanxenxo ¿cal é a realidade : sol e praia ou turismo máis rico culturalmente?¿que facemos si esta o día nubrado? Pero o máis importante de todo ¿CAL E A POLITICA TURISTICA DO ACTUAL EQUIPO DE GOBERNO? E si xa temos unha empresa turística de capital mixto cunha coordinadora e en breve con/cunha xerente ¿que xustificación hai en ter unha concelleira de turismo con dedicación exclusiva? Con que fose parcial xa che chegaba ben.

miércoles, 21 de enero de 2009

Inauguración

Hoxe inaugurase o enlace da autovía con polígono de Nantes, pero de maneira parcial pois falta o enlace da marxe do Pedroño.

Enlace que esta financiado con dúas partidas de 1,5 millóns de euros provintes do concello e da Consellería de Política Territorial e 500.000 euros da Xunta de Compensación.

Recordo cando se xerou todo este conflito que se encheron de vendernos que a Xunta de Compensación non tiña que facerse cargo deste enlace pois xa facía a rotonda da nova carretera que vai unir o polígono con a Altamira e no final desta autoestrada a rotonda corre a cargo do SU27, entón a alcaldesa dicía que esa carretera se ía construír no 2008, pois ben estamos no 2009 e inda non se moveu nin un so metro de terra nin moito menos ni un so papel para comunicar a afectación de terreos para a construción deste novo vial, vial que tanto servizo ía dar os veciños de Vilalonga. Coma sempre os de Vilalonga seguen esperando e seguiran esperando.

Vial que esta contemplado nos investimentos do 2008 cunha partida dun 1.500.000 euros, dicía a alcaldesa que ía firmar un convenio coa deputación para facer ese vial pero como sempre pasa todo queda en FUME, para non variar seguen vendendo FUME.

jueves, 15 de enero de 2009

¿Revolución?

“Un grupo de vecinos apuesta por crear una plataforma para reivindicar mejoras ” (Diario de Arousa) parece que os veciños se van a unir para protestar e reclamar melloras para os lugares onde viven e piden “que se debe reducir en un determinado tanto por ciento cuestiones como “el rodaje de los vehiculos, los altos sueldos de algunos altos cargos, el recibo de la basura, el del agua al mínimo cuando no hay consumo, una bajada en el catastro ademas de un control del gasto en telefonía e alumbrado en las dependencias locales”.

Faime gracia ler esto uns días despois de que a alcaldesa saíra coa estadística de visitas de veciños co cal me pregunto ou ¿a alcaldesa non lles fixo caso nas súas reclamacións? Ou ¿as visitas non foron tantas? ¿que pasou coas reclamacións e as protestas? A alguén se lle esta vendo o plumeiro, esta ben que o pobo se una sempre e cando mire polo interese xeral e non partidario, porque para exemplo temos a plataforma CODESEVI que moito protestar no seu día polo local socio-cultural do Rebel pero xa nunca máis se volveu saber deles.

Dáme que esta plataforma esta detrás para xustificar o gasto dos cartos do Fondo Estatal e así poder dicir que son obras demandadas polos veciños, xustificar o chapapote en vez de fomentar o emprego e negociar coa deputación os asfaltados que lle corresponde porque moitas das obras que propoñen levan máis de 8 anos sendo prometidas polo PP e agora teñen que saír os veciños a recórdallo que estan sen facer, aquí chéirame a gato encerrado. Veremos as súas reclamacións e si tan descontentos están hoxe encheran o salon de plenos durante o pleno extraordinario que hai hoxe as 8:30 para debater o destino dos cartos do Fondo Estatal.

Pero o que hoxe si me chamou a atención foi “El TSXG anula la aprobación para el desarrollo del plan parcial del suelo del súper de Eroski” o Su 5 que esta encima da gasolineira do Vinquiño e no que se ía construír un Eroski e 300 vivendas. Inda que hai 10 días de prazo para o recurso de casación Eroski non vai quedar cos brazos cruzados.

Cada día demostrase que neste concello a área de Urbanismo é penosa, funciona fatal e sobre todo queda claro a falta de coñecemento das normas por parte dos seus responsables.
E para máis inri Fadesa pon a venta o solar que ten en Sanxenxo e no que se ían construír as famosas Casas de Maralta con vistas o porto deportivo. Pero xa que o formigón parece que escasea dediquémonos o chapapote.

viernes, 9 de enero de 2009

Estadísticas

Ultimamente parece que estan moi de moda dende o concello ofrecernos datos e estadísticas e claro a pregunta é ¿cales son os motivos de dalos sen confirmar?

O mércores lemos na prensa que Sanxenxo no 2008 gaña cerca de 350 habitantes, dato que non esta confirmado polo Ministerio de Interior, pero teño a impresión de que é unha forma clara para dicirlle os que len a prensa que os nativos de Sanxenxo non se van a vivir a concellos veciños pero claro veremos a realidade dentro dun mes cando vexamos o dato correcto pero tamén me gustaría que ofrecesen o dato de persoas entre 25 e 35 anos que deixaron de estar censados, e sino tempo o tempo que veremos que este dato vai ser moi utilizado pero tamén lles hai que recordar unhas declaracións feitas no 2005 “el crecimiento urbano que se planea desde el Ayuntamiento pretende acarrear un aumento de la población local. De hecho, el alcalde, Telmo Martín, se ha referido en reiteradas ocasiones a la necesidad de fijar población en Sanxenxo más allá de las temporadas vacacionales.
Un pilar fundamental dentro de su estrategia es la construcción de la ronda de Sanxenxo, a lo largo de la cual se pretende vertebrar un crecimiento urbano de unas cuatro mil nuevas viviendas, según las estimaciones del Concello. Una pequeña ciudad, según las propias palabras del regidor, con la que el municipio aspira a lograr a medio plazo un censo en torno a los veinte mil habitantes.Si cada piso que se construye en Sanxenxo atrajese hacia el municipio a al menos dos inquilinos, el censo municipal debería crecer a un ritmo anual de mil nuevos empadronados ” Vamos que de 1.000 que contaban quedanselle en 350 e inda non é un dato confirmado,

Logo lemos que as famosas “Xornadas de portas abertas” no 2008 provocaron 2.053 consultas e din que o record é de 77 veciños nunha sola xornada sería un dos días en que os colectivos con case tódolos seus membros se teñen que plantar no concello para que se lles escoite e inda din que 2 de cada 3 consultas son de urbanismo entón ¿para que esta a xerencia?¿para que tanto avogado?¿para que tanto persoal? Se logo hai que ir a xunta a alcaldesa.

Pero as estadísticas que si boto en falta son as da campaña de Nadal ¿cantos visitantes se acercaron nestas datas?¿cal foi a acollida do “innovador” programa cultural de Nadal?¿Cantos asistentes houbo na cabalgata? Porque alí estaba Salvador para contalos pero a alcaldesa e a concellala ¿recibiron as suas maxestades ou simplemente estaban ausentes? Preguntas que non interesan ser respostas non se vaia descubrir a nefasta campaña.