lunes, 25 de agosto de 2008

Erre que erre

Maña martes nos vos perdades de novo as declaracións na prensa do noso concelleiro de Seguridade Cidadá pois hoxe a maña volveu a arremeter contra o Noitebús porque según el “potencia o consumo abusivo de alcohol”. Eu non sei si estas declaracións xa son unha tomadura de pelo ou é falar por non estar calado porque senón non o entendo. E si non mirade a nova que colga sobre o tema na web do concello

Gábanse de que este fin de semana que foi o primeiro que se aplicou a ordenanza municipal anti-botellón non houbo incidencias, claro e como ía a habelas se os rapaces o estaban pasando bomba en Baltar e claro en Sanxenxo non había problemas porque entre outras cousas non había xente e claro sen xente non hai problema.

O final teño que pensar que o único interese é acabar coa movida de Sanxenxo e que esta pase a ser elitista por iso a súa teima de esixir outro tipo de movida.

O que pasa é que xa se lle esta vendo o plumeiro porque a defensa a súas declaracións as basea pedindo que a Consellería de Sanidade dea a súa opinión e digo eu e de paso ¿porque non pide informes a DXT e a súa opinión?. E de paso tamén que lle pregunte os alcaldes do PP que solicitaron máis liñas do Noitebús.

Se quere ser útil de verdade neste tema empece por regular as zonas de ocio e non seguir dando licencias que claro algunhas coas escusa de cafetería-pub se converten en pequenas discotecas e tamén non nos enganen con que sancionan os locais que pechan despois do horario permitido porque dígalles os veciños que as multas a eses locais son inferiores a 150€ e que moitas delas son recorridas e non se chegan a cobrar, ¿que significan 150€ a Zoo ou a calquera pub do porto deportivo? NADA pois eses 150€ cos prezos a como andan as copas en menos de 15 minutos xa quitaron máis e claro que compensa pagar 150€ e ter aberto un par de horas a máis.

So lle vou dicir que “serás pai e comeras ovos” recorde que na casa podemos ser santos pero de portas podemos facer o mesmo co resto da sociedade e como ben me di a miña aboa “as soberbias non quedan no ceo tarde ou cedo acaban por darnos na cara”

Aquí vos deixo os enlaces das declaracións que saíron na prensa de hoxe do Faro de Vigo e da Voz de Galicia

Pero o máis significante disto é que este Concelleiro vai por libre porque o ano pasado no mes de xullo o "presi" local de Novas Xeracións do PP de Pontevedra, Cesar Abal, arremetía contra a xunta para que o Noitebús fose incrementado nas súas rutas así como aumentar os horarios pois para eles é unha boa medida é sobre todo dicían que se debía fomentar máis ¿que opinarán destas declaracións? ¿e as NN XX de Sanxenxo non teñen nada que dicir? claro isto pasa por falar pa feira en vez de ter coñecemento do que se fala, hoxe en día están as hemerotecas para recordarnos os nosos feitos e tendo en conta que hai unha xefa de prensa ou mesmo traballadores dispostos a revisalas o menos non contradiga as liñas que ten o seu partido e senón se fía do que lle din e non sabe como remenxer na hemeroteca recorde que dende a OMIX se ofertan cursos de internet, o menos así inda que nunca foi militante e moito menos simpatizante do PP non cometería semellantes erros inda que esas declaracións sexan compartidas por todo o equipo xa que en vez de matizalas inda arremete de forma máis contundente.

Entre aquí e mire o que opinan os mozos do seu partido: http://cesarabal.blogspot.com/2007/07/fracaso-estriposo-del-noitebs.html


jueves, 21 de agosto de 2008

IRRESPONSABILIDADE SUPREMA

Levo lendo na Voz de Galicia as declaracións que fixo onte o concelleiro de Seguridade Cidadá e non salgo do meu asombro.

Ler o seguinte: “«A nosotros un canal por el que nos viene gran cantidad de jóvenes hacia este tipo de ocio es el Noitebús», manifestó ayer Durán en los micrófonos de Radio Voz. «No consideramos el Noitebús como una buena opción y por eso no suscribimos el convenio con la Xunta en su día», argumentó.”

Concelleiro de Seguridade Cidadá (inda que a partir de agora me quedou clarísimo que a única seguridade será a económica) como se pode usar unha medida que o único que intenta evitar sexan que non se conduza bébedo para arremeter contra a Xunta por iso voulle dicir o seguinte:

1.) Non tódolos usuarios do Noitebús fan botellón senón que se deixan moitos euros nos locais do porto deportivo dos que vostedes tanto presumen.
2.)O concello de Sanxenxo coñecese polas praias e a ofertas de ocio, se vostede non quere que veñan a Sanxenxo a beber non dean máis licenzas de apertura de locais nocturnos, porque lle recordo que hai algunha licenza pedida para novos locais en Portonovo. Así que si quere que os mozos e mozas non veñan a movida atalle a oferta e non os medios de transporte.
3.)Para vostede será mellor que os mozos que veñen o concello veñan no seu propio coche, como en Sanxenxo non temos atascos, temos aparcadoiros suficientes e cando dende as institucións se recomenda o uso dos transportes públicos tanto para evitar moitos desprazamentos así como por cuestións medio-ambientais vostede fomenta todo o contrario.
4.)Dígalle vostede a tódolos pais que quedan tranquilos porque saben que os seus fillos non van a conducir que a partir de agora para ir de marcha teñen que coller o coche ¿Vostede quedaría tranquilo sabendo que un familiar pode sufrir ou ser o causante dun accidente por non ter un transporte público para poder sair de marcha?
5.) O problema do botellón non é o Noitebús, busquen alternativas de ocio para os máis novos e apliquen a ordenanza anti-botellón e deixen de mirarse o embigo que tódolas medidas son ben acollidas.

Parece dunha irresponsabilidade total semellantes declaracións porque xa non é que se usen contra a Xunta senón porque que esta atacando a seguridade vial, ¿de que valen as campañas da DXT contra a condución baixo os efectos do alcohol se cando hai unha medida vostede di todo o contrario?, por desgraza hoxe en día ninguén esta libre de que lle soe o teléfono a certas horas e vostede non é impugne a iso senón pensa en vostede o menos dende o cargo ocupa preocúpese polo ben dos cidadáns e non pola defensa dunhas siglas.

Podería darlle mil razóns do que implica o uso do Noitebus, do que implica conducir en estado de embriaguez, dos perigos da carreteira pero sinceramente espero que aqueles que están por riba de vostede llo expliquen porque creo que será única maneira de que o entenda. Hoxe sinto vergoña allea destas declaracións por parte dun Concelleiro de SEGURIDADE CIDADÁ.


miércoles, 20 de agosto de 2008

¿Tomarán nota?

Levamos tempo escoitando que si estamos en crise, que si cada día hai máis xente no paro, tamén sabemos que no concello os cartos non abundan (a pesar que algúns soldos non indican o mesmo), ..., e así un sinfín de retahilas máis pero tamén me acordo daquelas voces que achacan que moito criticar e que non se dan solucións nin ideas.

Pois ben hoxe vou ser práctica e mediante a comparación e os exemplos haber se topan a solución o persoal que nos goberna. Temos un patrimonio abandonado, fontes que dan pena, lavadoiros cubertos de maleza, instalacións que unha vez adquiridas cada día estan peor tan so hai que ver como está o Pazo Quintáns ou a Casa do Priorato de Arra.
Cando viña para Sanxenxo pasei por Poio e puiden ver como o Palacete de Besada (xunto o Sanatorio Domínguez ) esta xa case rematado pois no convenio de edificación do solar non so os inmobles pasaban a titularidade municipal senón que deben ser entregados debidamente rehabilitados, esta rehabilitación a empresa construtora apenas lle supon gastos e o concello incrementa o seu patrimonio sen apenas custe. Esta formula en Sanxenxo ben se puido empregar para a Casa do Priorato de Arra pois esta dentro dese SU e a día de hoxe estariamos disfrutando dese espazo e sería un atractivo máis para a zona.
Pero outra nova da que me alegro hoxe e de ver como o concello de Cambados despois de que os autores do libro sobre as telleiras e mestres do Instituto deran a coñecer o estado no que se atopaban sendo estas parte fundamental da historia económica do concello decidiron iniciar a restauración das mesmas mediante un obradoiro de emprego. Isto consegue que por 800.000€ se rehabiliten estas construcións, as fontes, lavadoiros, se habilitan zonas de esparcemento a vez que os xovenes aprenden un oficio e grazas a un convenio coa Consellería de Traballo ¿porque en Sanxenxo non se levan a cabo estas medidas? Será porque aquí é mellor pagarlle a empresas amigas que fagan esas tarefas con un custo moito maior mentres moito do patrimonio cando se dean conta xa será irrecuperable. Pero para iso hai que colaborar cunha consellería que non é do mesmo bando e iso non gusta, para iso hai que sentarse a falar e ir a Santiago cando aquí parece que estan esperando a que os da Xunta veñan a xunto deles, será para aforrar gasolina e así non incrementar a conta de gastos.
Pero claro será tamén porque pouco a pouco as empresas se estan indo do concello, non hai moito tempo vimos como unha axencia de viaxes escollía O Grove porque aquí o polígono e peor que a obra do Escorial, logo temos o caso de Armarios Alonso e agora sorpréndenos outra coa sua marcha do concello, tratase da empresa CCS que se vai para un polígono doutro concello.

jueves, 14 de agosto de 2008

VAI ARDER TROIA

O da “crisis” empezase a notar cada vez máis nos concellos e por iso dende a Deputación van tomar medidas e una delas vai ser a conxelación dos soldos dos altos cargos e pide os alcaldes do PP que sigan o mesmo exemplo.

Dita medida afectará aos soldos, as dietas, asistencias e ao persoal de confianza, pero isto non vai quedar aquí pois controlarase a factura telefónica, a factura da electricidade, etc,...

As medidas parécenme loables e necesarias sempre que se leven a cabo non tanto so nos concellos gobernados polo PP senón en tódolos concellos e máis se temos en conta o gasto que se produce en Sanxenxo en gasto de salarios tanto de concellais como de persoal de confianza. Agora co que non estou dacordo e coas declaracións de X. Crespo cando di que “haberá que recurrir a créditos para pagar ao persoal” ¿a que persoal? Recordemos que en Sanxenxo hai tres tipos de asalariados:

1.- Concellais e persoal de confianza: cobran polas arcas do concello. Si cada un se rebaixara mil euros o mes teriamos 9.000 € de concelleiros + 5.000€ de persoal de confianza = 14.000€/mes x 12 meses = 168.000€ o ano.

2.- Funcionarios e persoal interino: cobran polas arcas do concello.

3.- Persoal de reforzo: son traballadores que se contratan mediante plans de Labora, Cooperación,..., debido o aumento da poboación así como o traballo en diversas épocas é que se contratan atraves de axudas que concede a consellería de Traballo e polo tanto a maior parte do salario proveen dende as arcas da Xunta, co cal estarían exentos destas medidas.

Calquera medida que controle o gasto dende as institucións públicas debería ser un máxima e non unha ocorrencia dun líder político cara as próximas eleccións porque esto pode levar a pensar noutra lectura: ¿acaso nos concellos do PP había man libre para gastar?

Agora que como ben dixo a alcaldesa “Sanxenxo é un concello rico” entón non haberá que preocuparse moito e o concello no entrará nun estado de crack financeiro como auguran dende a Deputación porque no seu día xa dixeron que o soldos non os ían a subir pero a pregunta é ¿esto vaille afectar a negociación coa Policía Local?

Pero quizais o que máis me preocupa é si os veciños debemos renunciar a ter as garderías ou disfrutar de actividades culturais por culpa dun gasto excesivo, pero quédome coa gran frase dita por Crespo “VAI ARDER TROIA” (Diario de Arousa) e sobretodo cando di que algúns municipios estan reclamando que se lles outorguen facultades para cobrar máis impostos dos permitidos.


martes, 12 de agosto de 2008

Non podes pagar un piso, pero tes unha leira merca unha autocaravana

Teño unha gran dúbida: se poño varias autocaravanas nunha leira que teño preto da Lanzada para que os coñecidos que teño por España poidan vir 15 días sen pagar aloxamento ¿ese campamento é legal ou ilegal? Porque si é legal calquera podemos montar un pequeno cámping nas leiras.

Acórdome cando xa feito o porto deportivo e chegaban as festas de Sanxenxo e con iso chegou o problema de ¿onde metemos os que veñen coas atraccións? Porque na Praza do Mar non quedaban ben, entón o alcalde daquela negociou o de instalalos na Vichona e o ano seguinte xa non se instalaron so para as festas de Sanxenxo senón tamén para as de Portonovo coa salvidade de que entre festas e festas se ían a outro lado a montar as atraccións pero este ano porque marchar e volver se podemos estar alí todo o mes. Cando as acampadas eran intermitentes non había protestas.

A maneira máis fácil de escapar dos problemas é dicir que estan nunca finca privada entón ¿porque a poli local se deixa caer por alí a miúdo?

O problema máis grave é a falta de servizos básicos: auga, saneamento, aseos..., ¿porque un cámping os ten ? Entón as dúbidas cada vez son maiores:

¿O CETS non ten nada que dicir? Porque preto hai un apartahotel, negocios de hostalería,... ¿a concelleira de Turismo non lee as queixas?

¿Seguridade Vial? O tráfico dos tráilers e dos remolques das atraccións estan enriba das aceras as veces, levan aparcados varios días nos mesmos sitios sen ser movidos cando noutras rúas de Sanxenxo se controla iso ¿alí faise?, o concelleiro desa área esta ¿que opina?

¿Habitabilidade? A parcela non ten os servizos mínimos para poder ter una autocaravana e si eu fago o mesmo ¿dende a xerencia mo van a permitir? Porque seguro que me reclaman o importe dalgunha licenza ou mesmo dicirme que a miña leira é rústica. Claro que isto tamén se notará nas arcas municipais porque hai menos ingresos terei que preguntarlle a concelleira de Economía ¿si esta falta de ingresos por licenzas se anota en A o en B?. E acampar durante varios días sen aseos , sen auga e habendo nenos ¿os servizos socias estan a mirar por elo? Porque as veces por moito menos xa estan a meter o nariz nas vidas alleas.

¿Lixo? Moitas das protestas dos veciños baséanse na cantidade de lixo que o final queda nas parcelas, o concelleiro de Medioambiente negociou co CETS o horario da recollida de lixo ¿neste caso tamén o fixo? Ou como apenas consumen auga, electricidade e pouco recursos usan ¿pódense considerar vivendas ecoeficientes?

¿Atraccións a calquera prezo? Dende a concellería de cultura este tipo de cousas debíanse de prever, porque cando as atraccións veñen a Noalla se quedan todos en Noalla, cando van a Vilalonga se quedan en Vilalonga, entón cando van a Portonovo se van a Adina que para iso é a mesma parroquia, pero cando van para Sanxenxo ¿tamén se van para Adina? Entón o resto de parroquias poderían reclamar o mesmo e dicirlles que para durmir se vaian a Vichona, e terían moita razón porque ¿quen negociou que se quedasen aí?¿quen lles facilitou a estadía nesa parcela?

Tódalas concellerías estan implicadas, bueno salvase a de Deportes e Xuventude que hoxe bastante ten co problema da búsqueda dos 600.000€ que se lle reclaman ao Real Club Náutico. Inda que tamén lle estara botando unha man a concelleíra de Economía, e que isto dos números require unión.

Pero vamos mirar a parte positiva de todo isto: En Sanxenxo xa temos solucionado o problema da vivenda, mercamos unha autocaravana e temos xa vivenda e coche polo mesmo prezo, logo se non temos unha leira, un monte, unha toxeira sempre podemos recurrir a algún parente mentres a parcela sexa privada xa se esta en disposición de emanciparse do fogar. E o mellor é que nin pagas planos, nin licenzas, non pagas urbana so con pagar a billeta do coche xa esta, aforras moito en obras na vivenda e sobre todo se a finca ten boas vistas non che afecta a lei dos 500m.


miércoles, 6 de agosto de 2008

As fanecas contraatacan.

Hai uns días dixen que se ía inaugurar Punta Vicaño pero dito evento sufriu un pequeno retraso porque as obras inda non estaban rematadas pero o final a inauguración vaise facer MAÑA, e que así a asistencia de visitantes esta asegurada posto que o home dixo que maña non ía estar día de praia. Avisados quedades e prometo que non hai máis retrasos xa que esta toda a prensa avisada para a foto.

Pero eu hoxe quería facilitarlle un pouco o traballo a concelleira de cultura posto que queda menos dun mes para as festas de Sanxenxo e inda non sabemos que artista vai vir e tendo os antecedentes do caso de Bustamante, que por certo inda non houbo explicación por parte do concello, vamos a proporlle opcións para que teña onde escoller, así que abrimos as propostas.

Tamén vou a aproveitar para falar das famosas “FANECAS BRAVAS” que as moi condenadas non fan máis que andar a picarlle os bañistas de Montalvo e de Silgar, e para iso que con tanta área como se botou en Silgar non quedaron enterradas, será que na Lanzada non pican debido a cantidade de algas que hai, pero non unhas cantas leitugas de mar senón unha chea de golfeiros, será que os estan acumulando para cando teñan as toneladas xustas para encher a cuba da planta de tratamento de algas poñela a funcionar, inda que se esta parada aforra enerxía e velase polo medioambiente.


As sorpresas déixoas para os próximos días.

jueves, 31 de julio de 2008

¿podese gobernar sen ladrillo?

Algún tempo atrás xa comparei a xestión de Ribadumia e a de Sanxenxo pero hoxe vouno retomar pois ambos concellos gobernados polo PP e cunha poboación moitisimo menor a xestión e moi distinta mentres en Sanxenxo se basea no urbanismo en Ribadumia chegase a acordos con outras administracións e levan a cabo proxectos que reverten no benestar dos veciños,eso si cun orzamento de 2,7 millóns de euros, aquí algúns dos exemplos:


* Emprego: En Ribadumia lévanse acabo talleres de emprego como o de carpintería ou que os alumnos de Os Roteiros da Auga ocúpanse da limpeza e acondicionamento das fontes e dos lavadoiros así de paso que se aprende un oficio recuperase o patrimonio histórico e etnográfico do concello de forma gratuíta aparte de posuír un roteiro de interese turístico e de por en valor zonas como a aldea de Pedra que antes permanecían no olvido. En Sanxenxo a parte de algún curso de informática e doutro tema feito dende a OMIX logo despois na de na.

* Internet: en Ribadumia a rede wifi esta pouco a pouco chegando a tódalas parroquias, en Sanxenxo se descontamos as bibliotecas ¿que rede wifi temos?

* Deporte: En Ribadumia a piscina municipal habilitase no verán de forma gratuíta para que disfruten os nenos e os maiores así como pedir axudas a Consellería para amañar as infraestruturas existentes. En Sanxenxo temos unha Cidade deportiva paralizada por que non hai cartos e hai que pedir un crédito superior os 800.000 € a reforma do pavillón de Baltar por máis de 200.000 € e amaños noutras instalacións do concello por outros 100.000€ saen das arcas do concello con fondos propios ou se hai cartos na caixa senón non se farán.

* En Ribadumia analízanse a auga de tódalas fontes mentres que en Sanxenxo na maioría delas non se pode acceder por estar invadidas polas silvas ou porque supoñen un risco, mentres a de Fontoira teña auga non pasa nada.

* Garderías: en Ribadumia non dubidan en pedir axuda a Vicepresidencia para a sua ampliación mentres en Sanxenxo ano tras ano vemos como a de Baltar e a do Revel se incluen nos investimentos pero non hai ni a primeira pedra posta sobre todo porque se construíran con cartos do concello e eso sempre que os haxa.

*Depuradora: A Ribadumia a concellería de Medio Ambiente vaille axudar coa senda do rio Umia e coa depuradora en Sanxenxo non se sabe nada da de Dorrón

E isto no que respecta a Ribadumia pero casos témolos en Cambados, en Vilanova, en Meaño,...., que outro día comentarei. Eso si a páxina web esta patrocinada pola Conselleria de Innovación e Industria e está en galego, igualiño que a de Sanxenxo que leva meses en construcción e que xa non digamos o tempo que levan sen colgar as actas das comisións tanto as de Urbanismo, como as de contas, as Servizos, etc...

¿Podese gobernar sen aplicar políticas de ladrillo? hai en concellos que parece que si, porque salvando que Sanxenxo ten un porto deportivo e nos outros do arredor non ¿só se trata de cartos ou de saber pedir?