jueves, 24 de julio de 2008

Tola Academia de Polícia

Xa sei que hoxe debería estar comentando o que me parece os orzamentos para este ano 2008 pero iso vouno deixar para dentro dun par de días que estou sumando e restando é o final o resultado sempre me da o mesmo: XA NON SOMOS UN CONCELLO RICO. Por iso cando teña tódolos datos os comentarei.
Pero mentres non quero deixar pasar por alto o capítulo nº Tropecentos da Policía Local pois as declaracións que hoxe se publican na Voz de Galicia so revelan unha mínima parte do que realmente esta a acontecer no Concello, neste xornal aparece o seguinte: “O concelleiro de Persoal está ameazando aos axentes dicíndolles aos interinos que se quedarán nesa categoría ou rexeitando a prazas para outros ” ou esta outra : «Se os compañeiros síntense amenazados polo Concello, imos a estar do lado dos traballadores», precisó Carlos Dacosta. «Os problemas pódense solventar a través do diálogo, pero o concelleiro de Persoal, que é o mesmo que Seguridade Cidadán, non e moi dado a falar». Logo extrañamonos de que o persoal colla baixas por estres, por depresión e demais enfermidades laborais afíns, todo apunta a unha falla de talante, de capacidade negociadora e de imposición de cargo e autoridade.
Estamos nunha época na que aumenta o tráfico, as leas, a inseguridade así como as pequenas incidencias cotiás e tódalas mans fan falla e o persoal debería estar o 100%.
Agora que a miña dúbida é a seguinte ¿reclamáselle a todo o persoal un certificado médico cando se ausentan do traballo? ¿haberá folga da Policía Local? Pero este non é o único colectivo que mantén discrepancias cos seus concelleiros pero todo se leva máis a calada. Pero nos próximos días haberá noticias sobre este tema porque está chegando a unha situación na que a ver quen da o último sopapo para quedar campión. ¿E a alcaldesa que di sobre esto? e todo isto tendo en conta que inda non entrou en vixencia o Plan Anti-botellón e non se producen identificacións nin multas que si se pon en marcha no mes de agosto o traballo vaiselles duplicar.

E menos mal que o concelleiro de Servizos Xerais non lles manda controlar o horario no que se depositan o lixo para así evitar os cheiros, sera no resto de Sanxenxo porque pasear polo porto deportivo bota para atrás e logo din que é un porto de primeira será polo EAU de Basureiro porque a verdade é que ir camiñando hacia a oficina de Turismo é sufrir ese cheiro como que che dañas de dar volta e ir durmir o Grove. A ver si fregan un pouquiño por alí e descobren a lixivia, os desengrasantes ou calquer outro metodo anti-olor porque é de vergoña.

domingo, 20 de julio de 2008

Que non falte a troula


Esta semana que comeza vámola adicar o capítulo de INAUGURACIONS e festas que se tercien pois vamos a ter para tódolos gustos e cores.

Como ben sabedes todos hoxe domingo deuse por pechada a Escola de Verán do PP, escola na que os alumnos máis avantaxados tomaron nota mentres outros falaban para a galería con frases como

o “Mucha gente ya no puede veranear” será en Marbella porque so hai que lembrarse das noticias de prensa de días atrás dicindo que en Sanxenxo todo estaba alquilado, pero bueno o menos intentaban buscar solucións a crise e unha atopáronna: HAI QUE DEIXAR DE VERANEAR pero inda así hai que ler o que sae no País: “Mato ha hecho buenas migas con la alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González. El viernes ambas compartieron navajas y un arroz con bogavante en el restaurante Berberecho 3. En el pueblo más prohibitivo de la costa gallega. estos días repleto de veraneantes ”

Pero como dicía o principio o día 22 inaugurase o Autovía do Salnés, o fin vamos a ter dobre carril inda que o chegar a saída de Sanxenxo se monte semellante colapso que nin usando os camiños de carros ninguén nos vai librar de esperar, pero que ninguén se preocupe que para iso o concello xa puxo en marcha o plan Circula, a nova sinalización de vías alternativas e como non a circunvalación de Sanxenxo.

E a outra gran inauguración que vamos ter esta semana (se nada se torce) e a de Punta Vicaño que esta prevista para o día 24 e para cortar a banda esta previsto que sexa o propio Rajoy quen faga uso das tesoiras, si como o escoitades, Rajoy inaugurará o parque ou a lo menos iso é o que esta en axenda. ¿Haberá polbo e empanada?

martes, 15 de julio de 2008

Inda queda moito por ver

Hoxe non vou dar moitos datos, nin descubrir cousas novas, nin mesmo comentar o tema de Fadesa que despois de arrasar parte dun Camiño Real que pasaba por ese SU agora esta no aire se se vai obrar ou non, nin do custo que supón o autobús para as arcas nin de como foi xestionado o contrato porque unha cousa é que sexa unha necesidade e outra é ir regalando euros, nin vou falar de como se piden créditos para pagar "outros", ....
Hoxe xa que volve a local a estar en pe de guerra quero facer unha pregunta ¿quenes son os residentes de Sanxenxo? e isto ven porque a certas horas por exemplo un auxiliar "borde" che di que si non eres residente non poden pasar porque o parking esta cheo, co cal das unha nova volta e topas xa que podes pasar porque hai prazas e digo eu residente é ¿o que esta un mes aqui?¿ser residente é vivir todo o ano en Sanxenxo?¿onde se quitan as tarxetas de residentes? Logo tes que ir o banco cunha persoa maior e lle dis que vas a parar en carga e descarga para que esa persoa con problemas de movilidade poida ir cumprir coas suas obrigas e ala che ven o local de turno que ahí non podes parar e miras para atras e ves 3 ou 4 turismos aparcados e por iso vivir en Sanxenxo todo o ano e pagar os impostos ¿non serve nin para deixar unha persoa maior preto do seu banco?
Chegas a rotonda de Arnelas e ves caravana na Progreso e xa dis ti: "xa estan os auxiliares " dito e feito entón decidis tirar pola estrada interior de Padriñan ata chegar o pazo e ali te topas cunha sinalización incongruente e menos mal que se ian gastar 18.000€ en sinalizar as vías alternativas.
Pero estes problemas non son novos levamolos sufrindo moitos anos e nadie con responsabilidade tivo a menor intención de atoparlle solución si descontamos a famosa Ronda cos pelotazos que eso supoñia.
Xa sei que isto non é nada novo pero xa so de pensar no próximo fin de semana en Sanxenxo voume ir de camping a illa de Ons, e por iso lles digo a Policía Local que se vaian concenciando que toca pringar ese fin de semana pois hai que dar imaxe de concello sen problemas para que España vexa o ven que se esta en Silgar. Agora que este ano temos Escola de Verán do PP espero que para o ano tamén pensen que hai outras escolas como as da Universidade In ternacional M. Pelaio, as da Uned, as de Fundacións ,..., que nos concellos veciños ofertan cursos como o caso de Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía.
Pero xa sei que as veces por moito dicir as cousas non hai forma de cambiar vellas costumes arraigadas por elo sei que no verán do 2009 seguramente seguiremos sufrindo os mesmo porblemas, canta razón ten F. Sanchéz Drago cando di que :"A mellor crítica é a que non responde a voluntade de ofensa, senón a liberdade de xuicio" e eu engadiría tamén "a necesidade de cambios e de solucións prácticas e utiles"

miércoles, 9 de julio de 2008

As 7 pragas

Hai uns días saía na prensa o problema que abastacemento que pode sufrir Sanxenxo en horas punta, problema para o cal xa se están a facer reunións para solventalo.

Quizais algúns pensen que mentres a famosa Fonte de Fontoira siga botando auga parte do problema estea resolto pois auga para beber non ha de faltar.

Todos sabemos as inmensas colas que se fan para coller auga alí, que alí hai un cartel anunciando que dita auga esta controlada sanitariamente ¿e no resto de fontes do concello que? porque o menos unha vez o ano deberían ser analizadas porque moitos veciños collemos auga nas fontes de Aldariz, nas de Noalla , nas de Vilalonga, nas de Nantes, Aios,....., ¿cando foi analizada a auga por última vez? as veces esta ben preocuparse polas grandes obras populistas pero tamén hai que facer un oco para as cousas máis elementais e sobretodo cando temos un programa chamado “Pinga a pinga”.

Pero é normal que non se preocupen destes temas menores cando unha alga se adica a colorear as augas de cor vermello emulando a unha das 7 pragas de Exipto ¿será un aviso divino?, ¿cal será a seguinte praga? porque a urbanística hai moito tempo que a levamos sufrindo e dentro de nada teremos a da sequía como efecto secundario da política do ladrillo, abrense as posibilidades para a seguinte: ¿oscuridade no horizonte?¿praga de alimañas?....


jueves, 3 de julio de 2008

Destrucción a toda costa 2008

Outro ano máis Greenpeace sacou o seu famoso informe "Destrución a toda costa 2008" no que analiza o estado da costa española, e como non tamén adica algún parrafo que outro a Sanxenxo.
No capítulo de Irregularidades Urbanística nos tribunais atopamos o seguinte:

" Sanxenxo: arrasando con su entorno natural.
Sanxenxo aprobó varios desarrollos urbanísticos antes de que estuvieran en marcha el Decreto de medidas urgentes aprobadas por el Gobierno autonómico52 para parar el urbanismo salvaje en el litoral gallego.
De esta forma, varios proyectos en marcha desde 2003 se libraron de ser ilegalizados, a pesar de
situarse en la franja de protección de 500 metros desde la línea de playa que establece el Decreto.
En A Granxa (en la Parroquia de Dorrón) se ha permitido que una promotora arrase el entorno natural de Os Cotos, a escasos metros del mar, para construir 969 chalés distribuidos en dos complejos –ocupando una extensión de 183.000 metros cuadrados–.
Además de esta promoción, Sanxenxo está tramitando ante la Consellería de Medio Ambiente la construcción de otras 500 viviendas a menos de 500 metros de la costa en playa Major, en el arenal de Montalvo y Soutullo. El plan parcial de O Revel proyecta 77 chalés en una superficie total de 25.822 metros cuadrados. Y en Bouzón se edificarán otros 47 chalés.
De las 2.400 que se están construyendo en Sansenxo, 1.100 están a menos de 500 metros del mar53, de acuerdo con el Plan General de Urbanismo que se aprobó en 2003, cuando era alcalde Telmo Martín, el actual presidente del Partido Popular en Pontevedra y socio de la constructora y promotora inmobiliaria Construcuatro. Esta empresa está sometida a una investigación por parte del Ministerio Fiscal. En total, el Plan de Telmo Martín prevé la construcción de 11.351 viviendas en el municipio, cuya población es de unos 17.000 habitantes. Y el nuevo equipo del Ayuntamiento no está dispuesto a que nada cambie. El Concello de Sanxenxo ignoró el pasado otoño el requerimiento de la Consellería de Medio Ambiente para anular de oficio la tramitación de suelo urbanizable número 25, localizado en Telleiro-Noalla donde se contempla la construcción de 143 chalés. Aunque algunos proyectos han podido ser paralizados, el daño a Sanxenxo ya está hecho, acabando con uno de los paisajes más valiosos de Pontevedra."

Ademáis marca a Sanxenxo como un dos puntos negros da costa de Galicia polo seu urbanismo insostible, pero xa sairon as declaracións do noso Pachi Vazquéz ( o concelleiro de Medioambiente) dicindo que: "el citado trabajo cuenta con "poco rigor científico" al decir que Sanxenxo es un Ayuntamiento que se desarrolla de manera descontrolada "cuando la consellería tiene tres recursos contenciosos-administrativos parando las construcciones"."

Pero a pesar disto a costa de Sanxenxo seguese transformando, seguese a cambiar a orografía do terreo, seguese sen ter en conta os regatos, as vías de auga, ...., o pior e QUE TODO SIGUE IGUAL E A PEOR.

lunes, 30 de junio de 2008

¿Montes vs adosados?

Esta fin de semana atopámonos con outro ¿informe desfavorable? e nada máis nin nada menos que do SU-14. É que claro o medio natural eche en moitos casos incompatible coas macro-urbanizacións.
Como ben se di no Diario de Arousa do sabado "o concello incumpliú o prazo fixado no PXOM para le desenvolver o plan parcial", a verdade é que estos dos prazos eche unha lata para que poñen unha data límite, eu voto por que se mire o tema pero tamén no tema de por unha data límite para pagar impostos, ou cumprimos todo ou ningún. Pero me fai graza ler cando din que a Xunta "non considera garantizada nin a viabilidade económica nin a técnica da actuación" e que nin o servizo de de saneamento está reforzado, as depuradoras seguen igual que hai anos e do problema do posibél abastecemento de auga será mellor nin falar. Menos mal que para regar o campo de golf se fara "pinga a pinga" inda que eso a fin de mes ¿canto suporá a factura do consumo de auga? xa no mes de febreiro na Voz de Galicia se dícia que este SU se ia retrasar ata o 2012., xa sei que o campo de golf vai no SU-13 pero os dous SUs provocan o mesmo impacto paisaxístico inda que o trece teña millores vista cara a Lanzada e o SU cara a Adigna, por iso o informe do SU-13 ¿será positivo ou negativo?
Hai tempo xa se dícia que esta non ia ser a única sorpresa e pouco a pouco saldrán máis informes deste tipo a luz, senón tempo o tempo.
O final quedamos sen pisos de protección oficial pero logramos un balcón o mar de ouro ¿o troco foi xusto?¿pisos de VPO ou miradores? e mentras tanto os eucaliptos medran de xeito desordenado e a maleza o cubre todo, eso chamase ter todo controlado para posibles riscos de incendios forestaís.
Agora comprendo a Tácito (historiador romano) cando dícia: "A verdade robustecese coa investigación e a dilación; a falsedade , co apresuramento e a incertidume." e eso sin deixar de mencionar como ben se di no Diario de Arousa "esta era a gran obra mestra da era de Telmo e Catalina" con herdanzas así e mellor que non se acorden dunha porque máis que alegrías parece que o documento da herdanza, tamén denominado PXOM, da máis dun disgusto e inda por riba algún gasto que outro en contenciosos.

jueves, 26 de junio de 2008

Inda hai moito peixe no mar

Xa que as augas se van calmando e xa fai calor vou aproveitar para falar dun evento que vai ter lugar en Sanxenxo e da cal son gran afeccionada e que este ano se vai celebrar en Sanxenxo. Durante os días 27 e 28 de xuño vaise celebrar o XXVII Campionato de España de Pesca Submarina por Clubs .

Vanse achegar ata Sanxenxo algúns dos mellores campións do mundo desta disciplina e se prevee un centenar de participantes repartidos en equipos de 3 persoas. As zonas de competición abarcan dende Punta Cabicastro ata o cámping “Fin de Siglo” e tamén nunha zona de reserva dende a Punta de Areas ata Cabicastro.


Así que este fin de semana máis de unha zambullida dareime pois máis dun amigo se acercara par competir, por certo hai moitos anos que estou en posesión do Carne de Pesca Deportiva expedido pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.


Actividades deste tipo axudan a desestacionalizar o turismo e non as rifas que se fan, pois a este campionato non so veñen os participantes senón tamén familiares e outros submarinistas pertencentes a clubs participantes. Pois o importante é atraer a xente, que veñan aquí por algún motivo interesante, que se dean a coñecer outras alternativas a praia, tamén hai monte (cada vez menos), zona rural (un pouco deixada a man de non sei quen), rincóns con encanto e historia, ...