sábado, 5 de abril de 2008

SU 17 ¿metros ou minutos?

¿Erro ou algo máis? Esta pregunta témola moitos na cabeza o ver a nova do S.U. 17 na prensa porque a sensación que causa é a que someteron o SU a aprobación inicial por si colaba inda que a diferenza de metros é moi significativa, pero isto non é de agora a diferenza de metros é coñecida pola xerencia de urbanismo hai moito tempo a non ser que non revisen a documentación:

  • No BOP do 20/03/03 aparece por parte de Fernando Lafuente Lestón a solicitude de compromiso de urbanización do SU 17 con nº de rexistro de entrada do concello 1126/2003.
  • O SU 17 ten unha superficie de 29.736 m2 dos cales 11.894m2 se destinan a construción de vivenda.

  • Nas normas urbanísticas do PXOM figura o seguinte apartado: 1.5.—Modificación

1.—As modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións que rexen para a súa tramitación e aprobación, con exclusión da formulación do avance, sen prexuízo do disposto no artigo 52 da Lei do Solo de Galicia.

2. Cando a modificación tenda a incrementa-la intensidade do uso dunha zona, requirirase par aprobala a previsión dos maiores espazos libres, dotacións e equipamentos que requira a actuación proposta.

(...)

5.—Se a modificación dos plans afectase ó uso urbanístico das zonas verdes ou espazos libres previsto non plan, deberá ser aprobada con informe previo favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

¿A máis terreo máis metros para o concello? Si e así ¿vanse adicar a zonas verdes?¿solicitouse o informe previo?¿déronse os pasos necesarios para a ampliación de metros?

  • No apartado 2.2.1 do PXOM figura o seguinte punto: 2.— Os Plans Parciais desenrolarán de forma integral os ámbitos territoriais correspondentes a sectores unitarios de solo urbanizable, sinalando a súa ordenación detallada e completa con suxeición ó establecido para cada un deles polo Plan Xeral, de modo que sexa posible a súa execución mediante os sistemas de actuación e proxectos de urbanización que procedan.

Se mal non entendo di que o plan parcial esta suxeito o que se presentou no Plan Xeral e si no plan Xeral aparecen 29.736 m2 e na aprobación do plan parcial figuran 48.264 m2 ¿cando se fixo a modificación do Plan Xeral? ¿De que forma legal se aumentaron os m2 do SU? ¿o concello correspóndelle o 10% de aproveitamento dos case 30.000m2 ou dos 48.264m2?

  • O 5 de marzo do 2008 a consellería de Medio Ambiente resolve que non é necesario someter a avaliación medioambiental estratéxica o SU 17 e faino en virtude dun escrito entregado o 20 de decembro do 2007 polo xerente de urbanismo do concello e no cal aparece o seguinte apartado: O ámbito deste Plan, de 48.264 m2 , é de reducidas dimensións á efectos estratéxicos. Comprende terreos lindantes co núcleo rural de Padriñán, entre as estradas Padriñán – Noalla e Padriñán – Sanxenxo. Ao Norte limitan con solo de protección forestal. Na actualidade están adicados maioritariamente a eucaliptal existindo áreas de uso agrícola e algúns carballos que serán respectados na proposta.

Como vemos aquí xa aparecen os 48.264m2 é a miña pregunta é ¿a consellería non contrastou o presentado co Plan Xeral?.

  • Na memoria descritiva e xustificativa da ordenación e das suas determinacións presentadas tamén na Consellería de Medioambiente aparece o seguinte: Superficie total: 48.264m2. Composta de 12 propietarios dos cales a superficie dos Irmáns Lafuente Lestón é de 26.510m2 co que posúen o 54,927%. Aquí podedes ver dito informe: http://aae.medioambiente.xunta.es/VerArquivo.do?idd=1395
  • Tamén se di que hai unha extensión de carballos que van a ser respetados e que se deixaran dentro dunha zona verde ¿será verdade?. Teremos que estar atentos.

A min con estes datos non me cadran as contas, seguriño algo máis, témome que sexa outro erro porque todo me fai chegar a esa conclusión a non ser que haxa informes que me demostren o contrario e os cales os veciños da pe inda non temos acceso. Faime graza ler no Diario de Arousa "Al parecer la presidenta de la Xerencia, Catalina González, achacó la diferencia a un error" ¿outro erro?¿presentaron mal o informe en Medio Ambiente?

Tamén non me estraña é que ler esta nova na Voz de Galicia e logo atoparse cun estudo científico da duración media dun coito case que é mellor profundizar nese estudo, si se equivocan nos minutos e resulta que aumentan seguro que non se comenten ilegalidades senón máis ben felicidade, así que responsables destes informes: equivoquense nos minutos e deixen os metros que corresponden o Plan Xeral.





jueves, 3 de abril de 2008

A entrevista

Atópome vendo a entrevista que lle fan a Alcaldesa na TeleSalnés e estas son algunhas das declaracións que fixo sobre a súa visión da situación de Sanxenxo e das que máis me chamaron a atención:

Parking: “o concello xunto coa deputación barallan a construción dun parking na Avenida Luís Rocafort, pero a rua seguira sendo de titularidade provincial.”

“Este veran moi pouco se pode facer para solucionar o problema de tráfico”.

PO-504: “fíxose un proxecto da man dos veciños e gastáronse 41.000€. Non hai novidades e que as únicas novas que teñen son da man da plataforma. O proxecto que o concello lle gusta sería o dunha Travesía Urbana , xa que o tráfico pesado rodaría pola estrada do poligono a Vilalonga”

Cemiterio de Dorrón: Recoñece que “houbo un fallo por parte do concello a hora de dar as licenzas, tratouse como unha ampliación pero logo tiveron que tramitalo como obra nova e non se decataton da franxa de separación dos 50m o conceder as licenzas”, ¿responsabilidades para cando?

Edar da Granxa: “non hai inda a ubicación, a depuradora debería estar no SU 1, 8 ou 9 que son os que xeneran a necesidade da depuradora. Na reunión do xoves quedouse en que os propietarios do SU e mailo concello buscasen a ubicación pois debido a construción destas urbanizacións e necesaria a depuradora senón se construísen para o saneamento de Dorrón seria suficiente coa depuradora de Paxariñas”

Pero o que máis me estranou foi que non se mencionou para nada o Polígono nin se lle preguntou polo tema do enlace nin porque se retrasou a cesión do mesmo o concello ¿Por que?
Aquí o deixo para que quitedes as vosas propias conclusións.
E mentres lemos que a través de Política Territorial a Xunta proponse liberar a rede de estradas autonómicas de quitamedos asasinos e os que están a por na futura Autovía ¿que son?

Hai días que me parece estar vivindo noutro mundo.


lunes, 31 de marzo de 2008

Sanxenxo sorprende. ¿A quén?


Hoxe quero lembrar a campaña publicitaria do ano 2006 que fixera o PP sobre o Sanxenxo do futuro (con web incluída) e a súa visión, os beneficios do PXOM, alagando a riqueza do pobo,....., sacaban cada día unha páxina a color nos periódicos titulada “Sanxenxo sorprende” e cada día expoñían un tema así ata 8 páxinas distintas.

Na primeira titulada facíanse a seguinte pregunta ¿é posíbel deseñar a paisaxe de Sanxenxo? e de seguido a explicación ” Sanxenxo sorprende cando o coñeces a fondo porque non responde aos tópicos. O urbanismo pode facerse ben, creando unha paisaxe de máis calidade, de máis valor. Con este criterio deseñamos o Plan Xeral de 2003. Un proxecto de Sanxenxo futuro. Estudamos con rigor as distintas necesidades, analizamos as potencialidades do territorio. Conxugamos logo todos os factores nun deseño da paisaxe máis atraente. Protexendo os espazos de valor natural e cultural, especialmente as zonas costeiras. Facendo que os propietarios contribúan aos grandes proxectos para todo o municipio. Unhas regras iguais para todos. Agora existen unhas normas claras sobre o que se pode edificar e o que non, con seguridade xurídica, ¿Sorprendido? Deseñamos a paisaxe desde 2003 ”.

E así día tras día ata un total de oito cos lemas: Deseña, protexe, respira , colabora, devolve, integra, cumpre, depura. Pois a día de hoxe case que se cumpriu:

  • Deseña: veciños non vos preocupedes que dende o concello xa temos uns planos la mar de bonitos, vamos que o concello vai que quedar feito unha obra de arte, iso si de formigón.

  • Protexe: na protección da paisaxe investiron tempo e esforzo e como exemplo temos a Granxa, Festiñanzo, Faro, Major, ... e que solo se lles ocorreu os nosos antergos plantar eucaliptos, carballos e pino co ben que quedan uns chales co seu céspede e barbacoas, e non falemos da protección do patrimonio como por exemplo os museos dos que disfrutamos: pazo Quintáns, Casa do Priorato, Casa de D Fernando, Telleira, muíños, fontes ,.... e destacan a protección non so da costa senón tamén de terra adentro, menos mal que mencionan a Ons e Cíes.

  • Respira: “Sanxenxo ten aire e respira” xa respiramos cando vamos paseando pola beira da Ría de Arousa, paseamos polo gran parque de Vicaño, e como ben din na propaganda “e ademais declaramos zonas verdes tramos emblemáticos de Vicaño, Paxariñas ou Festiñanzo” (a que respira ben e a rapaza que esta sentada sobre a herba do Val de Dorrón xusto por onde ía ir a Ronda)

  • Colabora: o urbanismo que colabora, o urbanismo é un traballo de equipo, si, exemplos temos e eles tamén o din “o urbanismo moderno mira máis alá da leira propia, máis alá da licenza illada”, cemiterio de Dorrón, polígono,...

  • Devolve: “o bo proxecto urbanístico crea valor, non destrúe a paisaxe..... para construír vivendas sociais” seranche as de Vigo porque aquí inda non se viron, e o que é devolver inda non me enterei de ningunha devolución.

  • Integra: “Por iso creamos Insula Sanxenxo a empresa municipal de vivenda, para que o incremento do valor do solo reverta en vivendas de calidade accesibles para os cidadáns de Sanxenxo”, e eu sen enterarme que había disto en Sanxenxo , eu tiña entendido que había problemas de humidade pero vivendas non.

  • Cumpre: “Sen atención constante e profesional, as agresións á paisaxe multiplícanse. Por iso creamos a Xerencia de Urbanismo”, esta é a única verdade que lin e a conclusión é clara: en Urbanismo non hai atención profesional porque as agresións a paisaxe cada dia multiplícanse máis, eu a isto chámolle visión de futuro,

  • Depura: ”Hai que contar cos que somos agora e cos que imos ser máis adiante crear infraestruturas precisas ” o que dicía antes visionarios que se non chega a ser por isto non me daría conta da utilidade das depuradoras da Granxa e Paxariñas. E non quero ser mala, que conste, e que antigamente inda había montes pero agora non hai e temos que tirar da cadea, o progreso éche o progreso.

A verdade é que a campaña en si non tiña desperdicio ningún e vale a pena recordala inda que so sexa para ver os santos que aparecen nas fotos , e falando de santos e xa que o PP ten liña directa coa Conferencia Episcopal poden pedir un milagre para Urbanismo, que xa o dícia o Papa Juan Pablo II: “O diálogo, baseado en sólidas leises morais, facilita a solución dos conflitos e favorece o respecto da vida, de toda vida humana. Por elo, o recurso das armas para dirimir controversias representa sempre unha derrota da razón e da humanidade” ¿en quen se inspiraría? Porque seguriño que o tercer mensaxe de Fátima era o que ía pasar en Sanxenxo porque dita reflexión non deixa lugar a dúbidas,e isto dito por un Papa non quero imaxinar o que di o AnxoCaido nas tenebras.


A dirección da páxina web é a seguinte: http://www.sanxenxofuturo.org/gall/index.htm


miércoles, 26 de marzo de 2008

¿Tan difícil é sumar 1+1?

Xa voltamos a rutina diaria, despois das vacacións de Semana Santa e supoño que no concello tamén pois todo segue igual, inda que seguriño que rezaron a canto santo coñecen haber si así baixa o Espírito Santo e lles vota unha man e comezan a solucionar algunha fronte das que teñen abertas pero dáme o corpo que nin con axuda celestial se van a amañar, pois como non se apliquen e poñan os pes sobre a terra, temos movida por moito tempo inda así “o demo para facelas cobre unha manta e para descubrilas toca unha gaita”

E falando de movida ¿a que esperan a presentar os orzamentos do ano 2.008? pois xa estamos case en Abril ou ¿é que na caixa forte non hai cartos que mover?. Haber Susana ¿que che pasa coas contas?¿non che cadran? Se queres préstoche a calculadora porque seguro que co que che pagan e inda por riba con dedicación parcial so che alcanza para mercar un ábaco ou un paquetiño de fabas (bueno vale se queres empregar torcas tamén me vale que así aforras algo) de medio kilo e así e normal que non poidas sumar nin restar pero a estas alturas do ano os veciños xa tiñamos coñecer os orzamentos para este ano e sobre todo coñecer no capítulo de investimentos se hai algunha novidade respecto o ano 2005, que tan difícil non creo que sexa de facer sempre aparecen as mesmas cousas increméntaselle un pouquiño a suba por culpa do IPC e engádeselles algún proxecto irrealizable e tema rematado e no capítulo de gastos so hai que sumarlle a vosa suba de soldo tamén por culpa do IPC. Como podes ver Susana estamos agardando poder ler un novo capítulo anual de “Orzamentos de Sanxenxo: euros sen aplicación” así que pídelle a xefa que te exima de dar as aburridas voltas polo mercadiño dos luns e xoves e así cerra as contas do 2007 para a partida de gastos e endebedamento do 2008 que esa si que ten máis movida que a dos anos 80. Pero tranquilidade que xa Concepción Arenal dicía que “Absurdo sería pedir ao cálculo o que pode dar a abnegación”.

jueves, 13 de marzo de 2008

O que non se empeza nunca se acaba

Xa esta aí a Semana Santa na que os turistas e visitantes se acercaran a Sanxenxo e co cal me pregunto ¿que se van a atopar os que nos visiten? Pois atoparanse a autovía sen rematar e cun polígono que segue paralizado cando dicían que no 2007 estaría a pleno rendemento. Vindo pola estrada da costa toparanse cunha Granxa desfeita, arrasada polas máquinas escavadoras e por un urbanismo desaforado inda que hoxe salgan os veciños queixándose de que esta actuación vai cambiar a orografía da paisaxe para chegar a Sanxenxo e toparse co mal estado das estradas e por non esquecerse dos míticos atascos pero ¿que se fixo neste ano dende Turismo?¿cales foron as medidas que tomou Almudena como concelleira desta area? Pois aparte da creación da empresa de turismo non sabemos nada máis, ningunha iniciativa nin medida ¿como xustifica o soldo?¿solo por acudir a feiras de turismo? Menos mal que non cobran por rendemento e ademais coa creación da nova empresa de turismo ¿e necesario a súa dedicación exclusiva?¿non sería suficiente unha dedicación parcial? A verdade e que sendo unha zona turística, un concello que se vende como o máis turístico de Galiza non se ve que coiden moito esta area co cal me da por pensar que neste concello hai moitos seguidores do humorista británico Jerome K. Cando dicía que “Gústame e fascíname o traballo. Podería estar sentado horas e horas mirando como outros traballan”

Pero como non so de turismo se vive en Sanxenxo e esta é unha boa semana para dedicala o lecer así que ilusa de min pensei que a oferta cultural do concello me podería sorprender con algunha actividade: unha exposición, un concerto, algunha proxección, ..... pero a parte das procesión NADA de NADA, se a culpa e miña por facerme ilusións pero como sempre acudirei os concellos veciños que sempre hai algo. E logo estráñanse que nos queixemos pero e que non hai nada, ¿a que adican o orzamento de cultura? porque a parte de dar subvencións as asociacións e as obras de teatro non sei que máis fan. Ah! si xa sei: a laconada dos xubilados.
Paz, recorda que se temos suficiente vontade case sempre teriamos os medios suficientes. Xa ben nos podería sorprender con algo novo porque a parte de ser a substituta de Cores Tourís e estar pensando en que vas a ser a próxima deputada da Xunta pola comarca recorda que te debes o concello de Sanxenxo que para iso tes dedicación exclusiva.

martes, 11 de marzo de 2008

O cacique pillado

Xa pasaron as eleccións e agora toca o turno de contar as anécdotas e incidencias e entre elas temos as de Vilalonga para non variar, pois sempre pasa algo. Inda que eu voto noutro colexio do concello sempre vou levar a miña aboa a votar a Vilalonga inda que todos os veciños saben que o servizo de taxis do PP funciona a perfección nada máis hai que mirar os continuos viaxes que fai o peugeot escuro entre outros, logo temos o xefe do escuadrón do PP, o ex-concellal de Relacións Veciñais o mando dos apoderados de toda a vida, que tan pronto como entras no colexio xa te estan a facer a radiografía da túa intención de voto. Este ano dito ex-concellal foi denunciado ante a garda civil polo reparto de votos diante do colexio, porque tarde ou cedo todo cae polo seu propio peso, inda que esta é unha práctica habitual, a garda civil procedeu a tomar nota dos seus datos e do que o acompañaba así como do vehículo que utilizaban pois como din algúns veciños este ano cambiou a gabardina verde polo coche para non mollarse e con isto so demostra como algúns entenden o dereito exercer libremente o voto. Xa esta ben de tanto caciquismo rancio. Meus pobres, co contentos que andaban a maña que parecía que lles houbese tocado a lotería, víanse gañadores, víanse gobernando, vían a Rajoy como presidente e xa estaban a prender a mecha dos foguetes para logo sobre as 10 da noite bater coa realidade: Non habían gañado, habían perdido e todo porque de pequenos nadie lles había contado o conto da pobre leiteira.

E faime graza ver como o PP anda a reclamar 200 votos en tres concellos pero consinten este tipo de irregularidades e so saíu a noticia en dous periódicos e incluso a canle de televisión TeleSalnes non comentou nada do asunto pero tampouco fixo mención a que esta tamén foi denunciada por que o domingo poñía imaxes fixas do PP mentres soaba a música do PP e se veia algún mitin que outro do PP, ¿que intenta o PP ocultando esta información?

O peor disto é que nas próximas veremos os mesmos facendo as mesmas cousas e inda por riba seguro que mofándose dos demais, o que demostran e que lles vale todo con tal de gañar. Por iso lle vou recomendar que lea algún libro de C. Bukowsk que sempre dicía que "a diferenza entre unha democracia e unha dictadura consiste en que na democracia podes votar antes de obedecer as ordenes" ou incluso que apliquen aquela frase que dicía Octavio Paz : "Un país sen eleccións libres é un país sen voz, sen ollos e sen brazos"


viernes, 7 de marzo de 2008

O que se aprende na cuna sempre dura

O goberno do concello de Sanxenxo cada día parecese máis a un patio de colexio que a un organismo público e senón so temos que fixarnos nos últimos acontecementos:

Temos a clase dos avanzados en economía que mentres ven como aumentan os ingresos están caladiños e obedecen sen protestar o que lles manda a directora do colexio, non vai ser que metan a pata e logo a ver como saen do paso.

Logo está o típico “pelota de turno” que por quedar ben coa directora ata foi capaz de deixar un posto fixo de traballo e abandonar a súa paixón musical na BBC, da que agora nos quere facer crer que case era unha ONG (¿e quen lles ira agora amenizar os bailes os xubilados?), pero adxudicáronlle unha partida de case 30.000€ o ano para que poida desempeñar a súa labor e si inda o menos lle avisara a directora de que os informes ISA que ten gardados no caixón dende marzo e xa llos reclamaron dúas veces e inda seguen sen ser mandados o destinatario correspondente, en vez de adicarse a mandarlle notiñas a delegada da clase do lado.

Notiñas como: “ti non tes permiso para cambiar as tellas”, e a outra respóndelle “pois o teu muro esta ilegal”, “xa me avisaron de que neste cargo ían difamar sobre min”, “quero ver o expediente da licencia da túa obra” e así unha chea de piques que era mellor que os levasen o consello escolar (xulgado, fiscalía).

E entón vai a delegada do lado e dille: “con que esas temos, pois agora vou facer que os de Dorrón se metan coa clase de urbanismo”, e hai armouse unha boa, pois os de urbanismo foron pillados cos pañais sen cambiar e os deberes sen facer, pois non tiñan todos os informes redactados e algúns dos que había estaban mal e agora hai que as casiñas que fixeron cos seus informes vanas revisar pois seica che estan ilegais (eu creo que os de esta clase este curso suspenden por goleada, pois nin con clases de apoio conseguen facer algo bo).

E os da clase de seguridade vial que fartos de ver como a directora do colexio e a xefa de estudios andan a ver quen da máis voltas o redor dunha rotonda acordaron manifestarse (que para algo son os malos do colexio) no patio durante a hora do recreo e non deixar pasar a nadie.

So me vou quedar co que dixo o meu profe de filosofía Cayo Tornelio Tácito: “Quen se enfada coas criticas, recoñece que as tiña merecidas”