miércoles, 26 de marzo de 2008

¿Tan difícil é sumar 1+1?

Xa voltamos a rutina diaria, despois das vacacións de Semana Santa e supoño que no concello tamén pois todo segue igual, inda que seguriño que rezaron a canto santo coñecen haber si así baixa o Espírito Santo e lles vota unha man e comezan a solucionar algunha fronte das que teñen abertas pero dáme o corpo que nin con axuda celestial se van a amañar, pois como non se apliquen e poñan os pes sobre a terra, temos movida por moito tempo inda así “o demo para facelas cobre unha manta e para descubrilas toca unha gaita”

E falando de movida ¿a que esperan a presentar os orzamentos do ano 2.008? pois xa estamos case en Abril ou ¿é que na caixa forte non hai cartos que mover?. Haber Susana ¿que che pasa coas contas?¿non che cadran? Se queres préstoche a calculadora porque seguro que co que che pagan e inda por riba con dedicación parcial so che alcanza para mercar un ábaco ou un paquetiño de fabas (bueno vale se queres empregar torcas tamén me vale que así aforras algo) de medio kilo e así e normal que non poidas sumar nin restar pero a estas alturas do ano os veciños xa tiñamos coñecer os orzamentos para este ano e sobre todo coñecer no capítulo de investimentos se hai algunha novidade respecto o ano 2005, que tan difícil non creo que sexa de facer sempre aparecen as mesmas cousas increméntaselle un pouquiño a suba por culpa do IPC e engádeselles algún proxecto irrealizable e tema rematado e no capítulo de gastos so hai que sumarlle a vosa suba de soldo tamén por culpa do IPC. Como podes ver Susana estamos agardando poder ler un novo capítulo anual de “Orzamentos de Sanxenxo: euros sen aplicación” así que pídelle a xefa que te exima de dar as aburridas voltas polo mercadiño dos luns e xoves e así cerra as contas do 2007 para a partida de gastos e endebedamento do 2008 que esa si que ten máis movida que a dos anos 80. Pero tranquilidade que xa Concepción Arenal dicía que “Absurdo sería pedir ao cálculo o que pode dar a abnegación”.

jueves, 13 de marzo de 2008

O que non se empeza nunca se acaba

Xa esta aí a Semana Santa na que os turistas e visitantes se acercaran a Sanxenxo e co cal me pregunto ¿que se van a atopar os que nos visiten? Pois atoparanse a autovía sen rematar e cun polígono que segue paralizado cando dicían que no 2007 estaría a pleno rendemento. Vindo pola estrada da costa toparanse cunha Granxa desfeita, arrasada polas máquinas escavadoras e por un urbanismo desaforado inda que hoxe salgan os veciños queixándose de que esta actuación vai cambiar a orografía da paisaxe para chegar a Sanxenxo e toparse co mal estado das estradas e por non esquecerse dos míticos atascos pero ¿que se fixo neste ano dende Turismo?¿cales foron as medidas que tomou Almudena como concelleira desta area? Pois aparte da creación da empresa de turismo non sabemos nada máis, ningunha iniciativa nin medida ¿como xustifica o soldo?¿solo por acudir a feiras de turismo? Menos mal que non cobran por rendemento e ademais coa creación da nova empresa de turismo ¿e necesario a súa dedicación exclusiva?¿non sería suficiente unha dedicación parcial? A verdade e que sendo unha zona turística, un concello que se vende como o máis turístico de Galiza non se ve que coiden moito esta area co cal me da por pensar que neste concello hai moitos seguidores do humorista británico Jerome K. Cando dicía que “Gústame e fascíname o traballo. Podería estar sentado horas e horas mirando como outros traballan”

Pero como non so de turismo se vive en Sanxenxo e esta é unha boa semana para dedicala o lecer así que ilusa de min pensei que a oferta cultural do concello me podería sorprender con algunha actividade: unha exposición, un concerto, algunha proxección, ..... pero a parte das procesión NADA de NADA, se a culpa e miña por facerme ilusións pero como sempre acudirei os concellos veciños que sempre hai algo. E logo estráñanse que nos queixemos pero e que non hai nada, ¿a que adican o orzamento de cultura? porque a parte de dar subvencións as asociacións e as obras de teatro non sei que máis fan. Ah! si xa sei: a laconada dos xubilados.
Paz, recorda que se temos suficiente vontade case sempre teriamos os medios suficientes. Xa ben nos podería sorprender con algo novo porque a parte de ser a substituta de Cores Tourís e estar pensando en que vas a ser a próxima deputada da Xunta pola comarca recorda que te debes o concello de Sanxenxo que para iso tes dedicación exclusiva.

martes, 11 de marzo de 2008

O cacique pillado

Xa pasaron as eleccións e agora toca o turno de contar as anécdotas e incidencias e entre elas temos as de Vilalonga para non variar, pois sempre pasa algo. Inda que eu voto noutro colexio do concello sempre vou levar a miña aboa a votar a Vilalonga inda que todos os veciños saben que o servizo de taxis do PP funciona a perfección nada máis hai que mirar os continuos viaxes que fai o peugeot escuro entre outros, logo temos o xefe do escuadrón do PP, o ex-concellal de Relacións Veciñais o mando dos apoderados de toda a vida, que tan pronto como entras no colexio xa te estan a facer a radiografía da túa intención de voto. Este ano dito ex-concellal foi denunciado ante a garda civil polo reparto de votos diante do colexio, porque tarde ou cedo todo cae polo seu propio peso, inda que esta é unha práctica habitual, a garda civil procedeu a tomar nota dos seus datos e do que o acompañaba así como do vehículo que utilizaban pois como din algúns veciños este ano cambiou a gabardina verde polo coche para non mollarse e con isto so demostra como algúns entenden o dereito exercer libremente o voto. Xa esta ben de tanto caciquismo rancio. Meus pobres, co contentos que andaban a maña que parecía que lles houbese tocado a lotería, víanse gañadores, víanse gobernando, vían a Rajoy como presidente e xa estaban a prender a mecha dos foguetes para logo sobre as 10 da noite bater coa realidade: Non habían gañado, habían perdido e todo porque de pequenos nadie lles había contado o conto da pobre leiteira.

E faime graza ver como o PP anda a reclamar 200 votos en tres concellos pero consinten este tipo de irregularidades e so saíu a noticia en dous periódicos e incluso a canle de televisión TeleSalnes non comentou nada do asunto pero tampouco fixo mención a que esta tamén foi denunciada por que o domingo poñía imaxes fixas do PP mentres soaba a música do PP e se veia algún mitin que outro do PP, ¿que intenta o PP ocultando esta información?

O peor disto é que nas próximas veremos os mesmos facendo as mesmas cousas e inda por riba seguro que mofándose dos demais, o que demostran e que lles vale todo con tal de gañar. Por iso lle vou recomendar que lea algún libro de C. Bukowsk que sempre dicía que "a diferenza entre unha democracia e unha dictadura consiste en que na democracia podes votar antes de obedecer as ordenes" ou incluso que apliquen aquela frase que dicía Octavio Paz : "Un país sen eleccións libres é un país sen voz, sen ollos e sen brazos"


viernes, 7 de marzo de 2008

O que se aprende na cuna sempre dura

O goberno do concello de Sanxenxo cada día parecese máis a un patio de colexio que a un organismo público e senón so temos que fixarnos nos últimos acontecementos:

Temos a clase dos avanzados en economía que mentres ven como aumentan os ingresos están caladiños e obedecen sen protestar o que lles manda a directora do colexio, non vai ser que metan a pata e logo a ver como saen do paso.

Logo está o típico “pelota de turno” que por quedar ben coa directora ata foi capaz de deixar un posto fixo de traballo e abandonar a súa paixón musical na BBC, da que agora nos quere facer crer que case era unha ONG (¿e quen lles ira agora amenizar os bailes os xubilados?), pero adxudicáronlle unha partida de case 30.000€ o ano para que poida desempeñar a súa labor e si inda o menos lle avisara a directora de que os informes ISA que ten gardados no caixón dende marzo e xa llos reclamaron dúas veces e inda seguen sen ser mandados o destinatario correspondente, en vez de adicarse a mandarlle notiñas a delegada da clase do lado.

Notiñas como: “ti non tes permiso para cambiar as tellas”, e a outra respóndelle “pois o teu muro esta ilegal”, “xa me avisaron de que neste cargo ían difamar sobre min”, “quero ver o expediente da licencia da túa obra” e así unha chea de piques que era mellor que os levasen o consello escolar (xulgado, fiscalía).

E entón vai a delegada do lado e dille: “con que esas temos, pois agora vou facer que os de Dorrón se metan coa clase de urbanismo”, e hai armouse unha boa, pois os de urbanismo foron pillados cos pañais sen cambiar e os deberes sen facer, pois non tiñan todos os informes redactados e algúns dos que había estaban mal e agora hai que as casiñas que fixeron cos seus informes vanas revisar pois seica che estan ilegais (eu creo que os de esta clase este curso suspenden por goleada, pois nin con clases de apoio conseguen facer algo bo).

E os da clase de seguridade vial que fartos de ver como a directora do colexio e a xefa de estudios andan a ver quen da máis voltas o redor dunha rotonda acordaron manifestarse (que para algo son os malos do colexio) no patio durante a hora do recreo e non deixar pasar a nadie.

So me vou quedar co que dixo o meu profe de filosofía Cayo Tornelio Tácito: “Quen se enfada coas criticas, recoñece que as tiña merecidas”

lunes, 25 de febrero de 2008

A lei suprema é o ben do pobo

Escoitamos moi a miúdo que os xulgados es tan colapsados, que a xustiza é moi lenta, que os xulgados son escasos e así unha chea de motivos para explicar o retraso de sentencias pero cada día o retraso ira a máis pois dende o noso concello cada 15 días hai un recurso novo, unha apelación, un contencioso,....., e así non me estraña que o sistema funcione mal pero a miña pregunta é ¿En Sanxenxo necesitamos un goberno que saiba gobernar ou un xuíz que vele polo futuro do concello?.

Xa non chegaba os que había que agora a alcaldesa pretende denunciar a Sanidade polo tema do cemiterio e consecuentemente os veciños de Dorrón pediran explicacións e ata falan dalgunha que outra denuncia, logo temos o tema do polígono recurso vai recurso ven, temos os contenciosos da paralización dos Su, xa veremos que non tarda moito en haber un para o tema do Rebel e sen esquecernos da famosa Ronda que inda colea. Pero todo está relacionado co tema de Urbanismo e de novas construcións ¿a que se debe isto? ¿Quizais os responsables de urbanismo están a cometer erros, un tras outro? Pero o máis grave de todo isto é que si o concello perde hai que pagar as costas xudiciais e eses cartiños que tanta falta fan no concello poderian usarse para arranxar outro tipo de cousas necesarias.

O que parece e que ultimamente crécenlle os ananos a alcaldesa pero e todo por mala xestión e cada vez os veciños disque andan máis alporizados: os de Dorrón co cemiterio, os de Vilalonga co do Rebel e ata os peperos de toda a vida parece que empezan a renegar do grupo de goberno, logo estan os da plataforma da PO-504 que andan a voltas coa rotondas e unha xa non sabe que se vai a atopar 2 ou 4 rotondas e agora van comenzar as manifestación, logo temos os do polígono inda que ultimamente están moi calados (algo traman) pero tamén hei de dicir que moitas queixas son polo baixo non vai ser que algún se entere e teñamos que emigrar fora do concello (menos mal que no resto do mundo non aplican as ideas de Rajoy co tema do exame os emigrantes e poderemos buscarnos as fagas noutro lar), so sei que Sanxenxo en vez de ser Sanxenxo parece O Show de Truman pero con peor director. Sócrates xa dicía na súa época que “un estado onde queden impunes a insolencia e a liberdade de facelo todo, acaba por fundirse no abismo” ¿iso é o que queremos para Sanxenxo ?

jueves, 21 de febrero de 2008

É hora de que se vaian depurando responsabilidades

As veces teño o presentimento que para algúns políticos todo vale, que o máis importante é estar aí e facer obras para tapar bocas, sen pensar nas consecuencias nin que se pode estar a xogar cos sentimentos dos veciños. En Sanxenxo temos un claro exemplo co que esta a pasar co “cemiterio” de Dorrón, un cemiterio que foi inaugurado pola alcaldesa e representantes da asociación de veciños así como veciños. Ata hai todo ía ben, pois a obra era necesaria, pero ó final so queda nunha simple foto de inauguración .

E todo para agora atoparnos que dito camposanto non se pode usar por falta de permisos e por haber feito as cousas mal (como esta sucedendo ultimamente). Pero o inconcebible de todo é que hai tempo que ós veciños nos toman por tontos. Oxalá que tanto a alcaldesa como o concelleiro que tivo competencia nese asunto daquela, o xerente de urbanismo e máis o representante dos veciños non se teñan que ver nunca na necesidade de pedir un nicho prestado o día que lles fine un parente, que ese día algún familiar se adique a ir a mirar ó concello si no de Fontoira hai prazas e en vez de estar en familia, andar a mirar onde se vai a enterrar o corpo do finado como se fose unha simple mercadoría perecedoira porque o camposanto que tanto alagaron non se pode usar.

O máis indecente, cruel, triste e dunha baixeza total e xogar cos sentimentos e por iso os veciños estamos no noso dereito de pedir responsabilidades e que os responsables que cometeron eses erros dimitan dos seus cargos, porque teño que recordar que Rafael Vázquez como xerente de Urbanismo cobra 59.435€/ano e Catalina 64.400€/ano e permítense cometer erros de manual que habendo informes de Sanidade onde falan de que as distancias deben ser de 50m logo resulta que dan licenza e en vez de 50 son de 15 ou 20 m ¿onde estaban para ver si se cumpría a lei? ¿acaso esa non é a súa laboura? ¿non se creou una xerencia de urbanismo para velar que todo se axustase á lei e se leve a cabo o PXOM? ¿por que comenten tantos erros nos informes? (recordemos os SU paralizados, o informe ISA do Rebel) e por iso, tanto Angel como concelleiro de Urbanismo ou a mesma Catalina como responsabél última deberían proceder ó cese do persoal que emite informes favorábeis sen mirar si se poden emitir ou non, porque teño a impresión que en Urbanismo asínase sen mirar a lei, tan solo pola cara bonita do que presenta a documentación. ¿Ata cando o concello vai a aguantar tantas irregularidades? ¿Ata cando vamos seguir mostrando unha imaxe de concello mal xestionado e que esta seguido nos tribunais?¿Acaso non hai persoal cualificado ou os superiores non están ó día do que pasa? So pido que alguén me explique por que en Sanxenxo as cousas funcionan tan mal. Henry Van Dycke dicía que " O día da túa morte sucederá que o que ti posúes neste mundo pasará a mans doutra persoa pero o que ti eras será teu por sempre"

lunes, 18 de febrero de 2008

Duas formar de xestionar e unha mesma cor.

Moitos dos nosos coñecidos e amigos mudáronse a vivir aos concellos limítrofes ou cércanos un deles é o de Ribadumia, un concello que nos últimos anos creceu de forma espectacular. Por iso hoxe e despois de ler algunhas informacións quero afondar nunha cuestión que os veciños nos preguntamos moitas veces ¿A cor do partido que goberna no concello esta por riba do benestar dos veciños?. E digo esto por unha razón ben sinxela porque cada día que pasa en Sanxenxo so temos liortas e seguimos cos mesmos servizos que hai anos.

O concello de Ribadumia esta gobernado polo PP igual co de Sanxenxo, a alcaldesa de Ribadumia é unha muller igual que en Sanxenxo, iso por falar de similitudes e como diferenza teño que dicir que en Ribadumia como concellal teñen a Louzán e en Sanxenxo con capacidade de decisión e xestión a simple vista non vexo a ningún e en Ribadumia non teñen porto deportivo e en Sanxenxo si.

Pero agora vamos ver a capacidade de xestión das alcaldesas pois Salomé Peña (alcaldesa de Ribadumia) no pasado agosto acordou con Quintana adherirse ao Consorcio de Benestar de Vicepresidencia e con isto a alcaldesa vai a aportar os terreos necesarios si así se aproba no pleno para que Vicepresidencia lle construa o Centro de Día, un servizo moi demandado hoxe en día pola sociedade e non lle importa que Vicepresidencia sexa do BNG e ela do PP mentres os veciños poidan disfrutar deste ben social, pasando así Ribadumia a ser un dos mellores concellos da comarca en dotación de servizos. Pero aquí en Sanxenxo non, vamos por libres porque eles o valen e no último pleno votábase en contra de adherirse ao Consorcio de Benestar e a Rede de Galescolas tan so por pertencer a unha consellería do BNG, e así os veciños quedaremos sen poder optar a servizos tan so polo capricho dun color e por moito que vendan que van facer todo pura mentira pois no concello de Sanxenxo AS ARCAS ESTAN BALEIRAS, non hai cartos para obras, e sin cartos non hai servizos. Pero dende aquí voume permitir a licenza de aconsellarlle a Catalina que se sente a tomar un café con Salomé e que esta lle explica os beneficios de que as consellerías da Xunta aporten cartos para investimentos, que lle diga como negociar con Louzán para ver si así se acometen as tan prometidas obras da deputación porque si o tan prometido arranxo da Rúa Luís Rocaffort é o que estan a facer e mellor que quedara como estaba pois parece un quebracabezas de asfalto por non dicir un quebra-suspensións do coche.

O final so podo chegar a unha conclusión é que en Ribadumia esta en igual de condicións que Sanxenxo, cada día oferta máis servizos, os pisos máis baratos, o concello medra e inda por riba a alcaldesa sabe xestionar os recursos que lle ofrecen e non cobra o soldo que ten Catalina por facer o mesmo traballo pero por parte de Salomé con mellores resultados polo que se pode comprobar, ¿Quen realmente merece o soldo que se cobra en Sanxenxo: Catalina ou Salomé?. Cada día o teño máis claro hai alcaldes e alcaldesas que so saben gobernar cando a cor e o mesmo en tódolos estamentos porque así elles máis fáciles ocultar as carencias, o que se confirma con isto é que dende a Xunta gobernase para os galegos e as galegas por igual e non como pretender facernos crer que gobernan para os da mesma cor cousa que si facía o PP na sua época e logo temos resultados como o do polígono. As veces hai que saber que sitio se ocupa e si prometes darlle calidade de vida os veciños e che ofrecen a oportunidade aprovéitaa e non se pode ir con altanería e facerse os autosuficientes e logo escudarse en falsas escusas como que a Xunta esta a poñer trabas o concello e logo porque si ofrecen a oportunidade de poder ter as garderías e outro tipo de servizos non se ha de aproveitar esa ocasión. Se o final hai que aprender moito dos concellos do lado entre eles o de Ribadumia porque en Sanxenxo non se ven síntomas de melloría senón que cada vez as relacións diplomáticas tópanse máis enfermas e xa o dicía Gandhi: “Co puño pechado non se pode intercambiar un apertón de mans”