domingo, 13 de enero de 2008

Era para ser..........pero non foi. Parte II

Vamos continuar axudándolles a buscar ideas para poder facer a memoria do ano 2007 e así que poidan xustificar os investimentos que estan sin facer:

  • Gardería de Portonovo en Baltar: 380.000€, que sería de moitas de nos sen as sufridas aboas que renuncian a unha hora de piscina matutina por quedar con netiños, e xa se sabe que como coas aboas con ninguén van estar mellor.

  • Gardería do Revel – 2ª anualidade 2007: 600.000€, a primeira anualidade era para os planos e o cartel en época electoral, os cabalos non están e agora a tirar para diante.

  • Terreos e construción. Casa da Cultura de Dorrón: 300.000€, para esto é un pouco cedo pois xa miraron polo descanso eterno e algo tamén lles ten que caer as outras parroquias.

  • Campo de Fútbol de Noalla – 2ª anualidade 2007: 557.725,22€ , o fútbol en breve poderemos xogar, pois a inauguración prevese para finais de febreiro.

  • Urbanización Rúa Sanxenxo (Padriñán): 750.000€, hai Louzán espabilame que logo vaite pillar o tren e non vas das feito, non ves que foi o primeiro que dixo a Alcaldesa que ía solucionar e inda estamos como hai 1 ano.

  • Recuperación litoral Ría de Arousa- 2ª anualidade 2007: 659.548,87 €, sexamos claros o primeiro é o primeiro que é botarlle área a Silgar logo xa se ocuparan dese litoral que hai anos que segue da mesma forma e os temporais non lle afecta, pero agora que o penso ¿A onde foi parar a 1ª anualidade?

  • Centro Cultural Revel – Vilalonga – 2ª anualidade 2007: 1.018.155,46 €, dentro e pouco xa os velliños de Vilalonga van ter onde bailar e os da Cultural tamén inda que estes días xa se queixaron de que o salón lles vai quedar pequeno porque teñen que achicar a obra e todo por culpa porque alí nace un manancial de auga pero non hai mal que por ben non veña pois vanlles colocar unha fonte e así desconxestionan un pouco a de Fontoira. Pero ¿a fonte vai custar o mesmo ca estrutura que non se vai facer? ¿Que van facer coa diferencia pois si a obra vai ser máis pequena saldrá máis barata?

  • Casa Priorato de Arra – Adina – Restauración: 100.000 €, co barateira que é esta obra é normal que primeiro se fagan as máis caras, e si un favor persoal: coidade ben da viña que ten 200 anos e de hai podemos sacar uns reservas para brindar nas inauguracións.

  • Mellora entorno capela de Gondar: 110.000 €, seica xa esta feito pois instalaron un baño e agora so falta esperar que algunha empresa caritativa cos veciños se decida a facerlles o local, porque mira que non presentarse ningunha o concurso (sinceramente creo que é polo presuposto un pouco baixo non?)

  • P.D. En infraestruturas en instalacións deportiva: 395.000 €, non se dan conta que grazas o que chove estes días no concello disfrutamos doutra piscina dentro do pavillón de Baltar, non esta climatizada pero a auga da choiva e moi boa para a pel.

  • Adquisición de terreos. Colexio Vilalonga: 300.000 €, que mal rollito se pode causar se os cativos se enteran disto, se os netos da miña sogra se enteren van facer unha manifestación para que o colexio o merquen dunha vez e o tiren para que poidan disfrutar dunha gran praza pública, eses con tal e non ir o cole, hai se os nenos votasen.


Creo que vouno deixar aquí, porque xa bastante teñen co que teñen, e non quero que maña cunha simple ollada teñan case todo feito é que senon logo estamos toda a maña de palique no concello e teñen que volver a facer unha partida de 55.000 € para o Portal de atención o cidadán para que logo digan que non se ofrece información, de verdade, algúns o de protestar e por vicio ou por aburrimento. Xa o dicía Cervantes “ que a abundancia das cousas, inda que non sexan boas, fan que non se estimen, e que a carestía inda das malas, estímanse en algo”

miércoles, 9 de enero de 2008

Era para ser ............ pero non foi. PARTE I

Xa acabou o Nadal e tocanos voltar a cruda realidade da vida cotiá e a do concello. E hora de facer balance do ano pasado e cadrar as contas, números que non hai quen os cadre e menos sabendo que na caixa non hai cartos e que a hora de render contas non se vai saber onde foron parar pois duns orzamentos de 114 millons de euros ¿qué se executou?¿que investimentos se desenvolveron?, claro esta que a parte dos gastos de persoal, de mantemento das instalacións e dos soldos ¿onde foi parar o resto?.

Vou ver si lles boto unha man e lles axudo a que teñan ideas para argumentar que logo de vender que tiñamos o millor orzamento da historia de Sanxenxo o final só foron capaces de facer realidade un 10% (e tirando polo alto.)

Estes son algúns dos investimentos que ían facer (algúns xa son tan vellos que parece que non os fan para que o ver os investimentos nos acordemos deles, non nos vaiamos esquecer de que inda non se fixeron):

  • Novo mercado de Sanxenxo: 3.000.000€ aparece unha nova lei e adeus proxecto, si é que cando non se fan ben as cousas.
  • Mellora das estradas Dorrón-Bordóns-Nanín: 3.000.000€. Estarán a ver si baixa o chapapote ou Pavimentos de Meaño ten un oco na axenda ou a Deputación non da mandado a orde.
  • Humanización travesía PO-308 en Portonovo: 2.059.282€. Humanizada esta pois por ali a xente a noitiña vai andar e ata che da para botar unha parrafada cos coñecidos. Pero claro, os cartos usaronnos para mercar Punta Vicaño e inda por riba a empresa adxudicataria anda algo mosqueada.
  • Parque de Punta Vicaño (adq.+acondicionamento): 7.900.000€. Acondicionar o que se di acondicionar non está e para iso que para pagar pediron un prestamo, venderon as vivendas sociais de Faro e usaron os cartos da partida anterior. (unha confesión: eu un xestor así non o quero)
  • Campo de Golf municipal: 2.000.000€. Menos mal que xa chove e poden sementar a herba, e que coa sequia que habia non se podian regar o cespede.
  • Dotación de aceras en Noalla -Telleiro: 1.800.000€. A mesma situación de antes ou a empresa non ten oco ou non dan fabricado baldosas, hai Louzán que abandonados nos tes.
  • Museo do Mar - Restauración(Portonovo):600.000€ . Vai ser que confunden restauración patrimonial con restauración gastronómica e pensan que con ir comer uns bolos a Portonovo xa cumplen
  • Museo do Sal. Noalla (Acondicionamento restauración): 600.000€ de urbanismo. Home, eiqui arranxaron os muros, pero a eses cartos non foi ¿onde van o resto?
  • Cidade deportiva de Sanxenxo 2ª anualidade 2007: 892.530,67€. Empezaronna pero non se sabe cando vai continuar, hai falta de cartos e para iso que si a empezaron este ano ¿os cartos da 1ª anualidade do 2006 pagariannos?
  • Estrada parque empresarial – Vilalonga: 300.000€ . Esta é a estrada tan famosa últimamente, seguriño que problemas co prezo do chapapote, por deus como vai quedar Vilalonga sen o tan prometido acceso o parque e menos si as rotondas dos extremos van estar feitas en breve. Vou ter que pedir eu un encontro coa alcaldesa e Louzán a ver se damos feito algo.
  • Completar obra carretera Nantes: 240.000€. Moito empezar e pouco acabar, e que sempre hai algún veciño que non deixa que as obras sigan adiante porque se pillan un metro de máis ou o muro non e da altura correcta, pero asi mentras o taller de turno non da abasto montando amortiguadores e rodas novas. E conste que aquí Louzán non ten nada que ver asi que Catalina vai dando a orde de acabar.
  • Humanización núcleo urbano da Revolta: 400.000€ de urbanismo. Este núcleo si se esta humanizando pois co volumen de pisos novos cada día hai máis humanos vivindo ali.
  • Creación da área recreativa en Adina e Casa de Cultura: 320.000€. A área recreativa xa a temos cos seus bancos e as súas árbores (o millor de todo e o acceso directo a través dela para Enmacosa ,sussss pero non o comentedes moito, Susssss) a casa da cultura xa é outro tema, e que iso da cultura parece que lles tira para atrás, pero o que vamos ¿qué pasa coa diferenza de cartos?
  • Urbanización do novo cementerio de Dorrón: 485.358,13 €. Bueno o fin algo rematado, e que non hai nada millor que velar polo descanso eterno dos nosos veciños, Amen. E que non che hai como ter un concelleiro de obras preocupado polo fogar futuro que van ocupar os moradores da súa parroquia, moi ben. E que o paso que vamos inda hipotecaremos o nicho.

Por hoxe vouno deixar eiquí, que con tanto euro unha xa se perde pensando o que podia facer pero como ben dicia o dramaturgo grego Menandro de Atenas “Benaventurado o que ten talento e cartos, porque emplerá ben este último ” o problema surxe cando hai cartos pero non talento e logo atopamonos con desfases e unha caixa de caudais cheas de telarañas.

Esto é o que hai, pero non vos preocupedes que na segunda parte seguirei dando ideas para justificar o que non se fixo.

sábado, 5 de enero de 2008

Día de presentación e día de ver os agasallos

Polo futuro das relacións veciñais

Estimados Concelleiros do Concello de Sanxenxo:

Estivemos revisando as súas cartas , cartas nas cales pedían os seus agasallos, e debido a escaseza de árbores polas talas masivas no concello e despois de moitas valoracións, estudos, debates,..., decidimos enviarlles esta carta para as 17 persoas da corporación municipal explicando que algunhas das súas peticións estan fora de lugar e por elo decidimos que na noite de Reis recibiran os seguintes agasallos:

Catalina González: pidiste 4 anos máis de poder, un xuíz amigo e que a maioria dos veciños cegos sigan sen ver e os xordos sen oir e por eso vamos a deixarche un teatriño con marionetas para que sigas entrenando e tamén a moneca Nancy para que lembres os teus orixes e unha chaqueta de rede cun xogo de agullas.

Salvador Duran: pidiste un bo terreo onde plantar os excedentes da tenda e un todoterreo para imprimir carácter e así poder ir a facer sendeirismo pero decidimos deixarche a comisaria de Playmovil para que poida organizar os axentes e non se perdan polas rotondas do polígono e a granxa de Piny Pon para que continúes coas tarefas do campo.

Mari Paz Lago: pidiste que este ano fagas a túa actuación estelar e unha praza no parlamento de Galiza pero decidimos deixarche uns cadernos de Santillana para inverno pois sabemos que no verán esta moi ocupada e un Nenuco para que comprendas o valor das garderías.

Angel Casal: pidiste un piso en primeira líña de praia e con accións no porto deportivo e no campo de golf de Monte Faro pero vamos a deixarlle un Tente de 1.000 pezas para que poida facer castelos e un xogo de Escadra, Cartabón e Compás para que poida medir os volumes.

Almudena Aguín: pidiste unha viaxe e a rotonda do polígono para chegar antes a casa pero vamos a deixarche un manual de como ser turista nun día e a Barbie viaxeira.

Manuel López: pidiste unha subvención a fondo perdido para instalar os paneis solares na túa vivenda e tamén un traxe de baño anti-contaminante para así poder bañarte en Nanín pero deixarémosche o vídeo de Al-Gore Unha Verdade Incomoda e tamén a piscina de Micky Mouse

Susana Fernández: pidiste que che deixáramos a enciclopedia económica de Rato pero decidimos deixarche un ábaco a ver si así non hai datos raros nas contas e o xogo de Maxia Borras porque hai que ser maga para que os orzamentos deste concello cadren.

Martín Otero: pidiste un balón de fútbol para estrear a cidade deportiva de Sanxenxo e unha bicicleta pero vamos a deixarche unhas pelotiñas de ping-pong pois e máis doado topar sitio para colocar a mesa e xogar que estrear o campo de fútbol e un Madelman para ver si así che sae o carácter.

Tino Sanmartin: pidiste unha moto para poder visitar os sitios onde fan falta obras e decidimos deixarche un xogo de construción de madeira e un coche de coleccionista para que poidas empezar tamén a coleccionalos como coleccionas obras sen facer.

Jose Luís Rodríguez: pidiste o bastón de mando e un bo chale onde ter armarios amplos e ata vestidor pero decidimos deixarche un dicionario de galego para que redactes no idioma da terra, un xogo de marquetería de Playschool para os teus ratos libres e un xogo de canos de verdura alta para que poidas ir xogar o golf.

Dulcinea Aguín: pidiste un ramo de rosas vermellas e o último libro de Garzón e por iso vamos a deixarche o manual de status político e un kit de xardinería para que poidas poidas axudarlle a Consellería de Medioambiente a avaliar o impacto ambiental e unha cinta métrica para poder medir a línea de costa.

Manuel Lores: pidiste unha axenda electrónica e unha piscina pero decidimos que a piscina xa a hai no Rebel e por iso vamos a deixarche a escavadora amarela de Playschool e o diario do Tio Gilito para que anotes os próximos eventos.

Ramón López: pidiste un xersei polar para non coller frío debido os humidais que existen e uns zapatóns para poder pasar pola rúa da Perla e por iso decidimos deixarche a equipación do Portonovo porque necesita reforzos e un xogo de petanca pois os parques para ir cos netos non estan en condicións

Roberto Lores: pidiste unha dorna con praza de atraque en Nauta e un mirador no Monte Faro para que se contemple a desfeita e por iso vamos a deixarche o barco de Playmovil que é fácil de conseguirlle un punto de atraque, uns zapatos de trenking para poder dicir que algún día había onde usalos e agora todo e chapapote e un xogo xadrez para que poidas comer a raiña.

Gloria Camiña: pidiste o arranxo do Pazo de Quintáns para poder xogar no parque e acceder a un piso de Insula pois a ver si como somos magos algun día os ve e por iso vamos a deixarche a casiña das monecas de Famosa que saen máis baratas e non fai falla asfaltarlle as pistas e tocouche o perfume típico de Nadal cun colar de contas para que así lle axudes os que tes enfronte.

David Otero: pidiste un quad para poder chegar a Dorrón pois a estrada non a dan amañado e o arranxo do muiño do Vimbieiro para poder moer para facer unha bola de pan como antigamente e decidimos deixarche un tren eléctrico porque vai chegar antes o AVE que amañen a estrada e un xogo de raquetas para que deixes de ver como se pasan as pelotas pero nadie as devolve

Sandra Fernández: pidiste que algún museo comence a funcionar e que poidas pasear polo borde da ría de Arousa e un novo xogo para tomar a tensión pero vamos a deixarche uns zapatos de tacóns de goma para que non sonen no salón de plenos e un xogo de Barriguitas enfermeiras.

So queremos dicir que a algúns estivemos a pique de non deixarlles nada pois quixemos que probaran a súa propia menciña: moito prometer e pouco facer.


Asinado: Melchor, Gaspar e Baltasar


sábado, 22 de diciembre de 2007

En Sanxenxo armouse o BELEN

Estamos nunhas datas nas que se montan os Belens e este blog non podia ser menos e ter o seu propio, e como tódolos bos Belens habra cousiñas novas que se incorporen a medida que pasa o NADAL

Espero que vos guste e aproveito para desexarvos BO NADAL E ANINOVO. Pasadeo ben nas festas e coidadiño cos excesos que en xaneiro toca apretar o cinturón e non precisamente para lucir cintura.

Quero aproveitar para mandar saúdiños a tódos aqueles que contribuen a que o blog siga adiante, asi que o dito graciñas e esperovos no vindeiro ártigo.

Preme dúas veces na foto para vela máis grande

sábado, 15 de diciembre de 2007

Tempos de lembranzas e reflexión

Achéganse unhas datas nas que botamos unha ollada cara atrás e empezamos a lembrarnos si fixemos todo aquelo que prometemos, se cumprimos cos nosos compromisos e incluso ata lle vemos a parte positiva de como transcorreu o ano, si a parte positiva.

Agora é cando toca revisar si as contas cadran ou temos que facer algún remendo de última hora así que me puxen a botalas e ata case me dan, non sei si sucedera o mesmo nas do Concello pois ultimamente seica cartos non hai e ata andan pensando en facer unha xira para pedir polas portas dos conselleiros da Xunta, polas da Deputación e incluso se hai que ir a Madrid vaise a Madrid que como ben lin nalgún lado “deséxannos que o vindeiro 2008 veña ben cargado de ilusión e felicidade, para que os proxectos, tanto particulares como os colectivos, vaian adiante e non traian maior benestar e confianza no futuro.”

Vou empezar a contar os días que faltan para ver como no 2008 vamos poder disfrutar dos nosos pisos de INSULA alí pretiño do Carrefour e do Día para que non perdamos tempo en facela compra e así poder facer horas extras para pagar a hipoteca pois de paso que sacudes as alfombras xa fas o pedido pola fiestra e os domingos dende as mesmas fiestras poderemos ver como o Sanxenxo FC xoga no novo campo de fútbol da Cidade Deportiva de Sanxenxo, iso si ¿onde haberá máis cola na taquilla para ver o partido ou na fonte de Fontoira a coller auga? Esperemos que non seque pois si algo temos en común a maioría dos veciños e que moitos imos collela auga alí e moitas veces tes a mesma conversa co que esta o lado enchendo a sua garrafa: Non creo que volvamos coincidir pois como van arranxar as fontes pois xa vou a que teño a 5 minutos da casa pero o peor e cando volves a por auga e che preguntan que fas alí e lle dis: é que inda estan arraxando as 2 primeiras e como hai sequia non topan o manancial para poñer o caño.

Pero o que agardo con emoción é ver como nos ratos de tempo libre vou poder ir os novos museos a ver as exposicións pois un día podo ir a Casa de D. Fernando de Portonovo a ver unha serie monográfica de como nos anos 20 os mariñeiros pescaban as xoubiñas, logo outro día pásome pola Casa do Priorato de Arra para ver si a parra que ten máis de 200 anos vai dar unha boa colleita para logo poder facer unha boa foleada. Logo tamén debo ir o Pazo de Quintáns a ver como os romanos salgaban as sardiñas que logo levaban para Roma. E non debo deixar de ir As Telleiras pois alí podo ver dende as exposicións ata contemplar os parrulos que hai na enseada e dar un longo paseo pola beira da ría que xa a teremos acondicionada co seu paseo de madeira, os seus banquiños, papeleiras e farolas ata chegar a Revolta e o mellor vai ser ver como podes deixar o cativo ir na sua bici polo carril bici, Ah perdón, o carril bici non vai hai senón que vano facer na PO-504 dende Sanxenxo ata Vilalonga pero como tamén teñen previsto por beirarrúas amplas, bancos, arbores e ata van deixar aparcar agás nas 2 rotondas que se van facer así os días nubrados quédanos esta nova ruta para pasear. E inda nos queda a visita o Monte do “Castro” de Dorrón pois seguro que daquela xa está comprado e acondicionado, Vicaño xa estara tamén acondicionado e tamén o borde do litoral que vai dende A Granxa a Areas pois xa que non hai nin eucaliptos, nin pinos, nin toxo, nin fento todo e por as zapatillas de deporte e veña a facer sendeirismo.
O problema chega cando o neno che diga: “Mamaiña lévame a practicar o swing” e xa me vexo cargada coa bolsa e os paus eses que inda pesan o seu e coller rumbo cara o campo de Golf de Monte Faro, hai o que non se fai por un cativo.
Agora que me decato teño que ir facela compra que xa estou desexando ver como será o novo mercado de abastos de Sanxenxo.

Así que despois de moitos anos de espera seguriño que no 2008 vamos ter espazos dabondo onde pasalo ben, pero que non se lle ocorra a ninguén ir facelas festas ai pois seguro que aparece a Poli Local con concelleiro de Seguridade Cidadá a identificar o persoal.

Así sen máis polo de agora déixovos para que poidades botar as vosas contas e fagades o inventario.
Xa vedes esta é a grandeza destas datas así que amiguiños, veciños, meus bos lectores, compañeiros blogueiros, os do traballo, comentaristas "ANONIMOS", comentaristas con "SINATURA", coñecidos, as miñas amigas do correo, os xornalistas, os novos, os que entran por primeira vez, os concelleiros que gobernan, os da oposición e a todos aqueles que entran a ver o que se coce por estes lares, portádevos ben que vos espero ver no vindeiro artigo e BOAS FESTAS.

jueves, 6 de diciembre de 2007

Agaias ou servilismo partidista

Agaias, gustaríame ver a todos aqueles que presumen de telas e critican os que según eles non as teñen porque firman como anónimos en diversos foros ou blogs que existen, cando as cousas cambien en Sanxenxo.

Si, como ben imaxinades vou escribir esto a raíz dun artigo que lin na Revista de Adina, que por certo é a primeira vez que a nomeo, porque parece que molesta a proliferación deste tipo de cadernos na rede falando do que pasa en Sanxenxo e vou puntualizar certas frases que resalto en negrita: “enfocados dende o punto de vista de quen os comenta ou redacta” será porque a maioría dos que escribimos somos persoas normais e correntes e non temos a nosa disposición a infraestrutura mediática do concello e polo menos neste blog hai liberdade de expresión sexan do partido que sexan e perdóenme que non houbese estudado periodismo nin teña un curso en redacción pero estou moi orgullosa de escribir como o sinto; “vistos dende detrás das cores de certos políticos” que queredes que vos diga que me encanta que se xogue a saber si son socialista, nacionalista, galeguista, liberalista,..., o que teño claro a día de hoxe e que son muller, iso si popular non son, sinto pero é o que hai, e non creo nos cabaleiros xusticeiros de causas perdidas que algúns intentan facernos ver apelando o respecto, a educación, os valores,....., e solo nos faltaría que nos puxesen como exemplo as últimas actuacións da representante do concello nalgunhas reunión veciñais, iso si é saber estar, así que “dime de que presumes e direiche de que careces”
“confúndese política con intereses persoais e sobre todo co traballo de persoas desinteresadas” e moi importante que se saiba esta diferencia pois algún/as non as teñen claras e con respecto as A.A.V.V. Teño que dicir que si moitas se deixasen de partidismo e realmente mirasen polas asociacións a xente teriamos outros conceptos delas porque máis que A.A. Veciñais son Herriko-tabernas do PP e síntoo pero eu si podo dicir que este espazo e altruísta, gratuíto e desinteresado e que a autora del non percibe nada e si lle dedica o tempo que cree convinte sen restarlle minutos o traballo ou a miña familia.
“Os que buscan o lucro, e do grande, son os políticos que publican estos blogs .... detrás de pseudónimos” xa non sei si chorar ou rir, eu política, jeje, vouno dicir por última vez: son unha persoa que sabe moi ben como se manexa o concello e o PP como xa dixen unha vez pero non son política inda que nalgún tempo si fun simpatizante - colaboradora de certo partido do cal estou desilusionada e souben abrir os ollos a tempo antes de que me cegasen e me comprasen de forma práctica, e agora volverei a ver como se fan as quinielas a ver quen son ou deixo de ser, que máis da quen sexa eu non obrigo a nadie a ler este blog nin a escribir fago como puro entretemento e seguirei aportando os datos que creo que debo amosar e vou seguir opinando do que crea convinte pese a quen lle pese e guste a quen lle guste pois o que escribo aquí dígoo moitas veces a hora do café e quedariades mudos de oír falar o que din os meus compañeiros sobre a situación na que se atopa o concello. E que as miñas opinións sexan tomadas por partidistas non me ofenden pois a dia de hoxe nadie é imparcial e menos os que levan esta palabra como bandeira da sua labor, e como ben digo sempre a hemeroteca esta hai para recordarnos a nosa parcialidade.

E si esto É UNHA CRITICA ABERTA A REVISTA DE ADINA firmada por min: Iris, nome ultimamente en boga e xa vos digo que non vaiades mirar o censo é perdelo tempo, e é máis a este paso vereime como van as cousas en Sanxenxo case que terei que mudar de concello porque aquí non hai quen poida mercar un piso e dame moita magoa ver como amigos se ven obrigados a mudarse de concello. Seguro que algunha máis abra firmada por ANONIMO e si quero animar a todos aqueles que teñan algo que dicir que o fagan con nome, cun mote, con anónimo ou como queiran pois niso consiste a LIBERDADE DE EXPRESION e este dereito queda moi clariño na Constitución Española que hoxe festexamos.

E claro que moitos de nos aportamos ideas outra cousa e que nos fagan caso que pode ser o mesmo caso co voso, reclamamos a limpeza e conservación do patrimonio, a coherencia na postura do concello, que velen polos veciños e non por eles, pedimos novas ofertas de ocio, servizos básicos en todo o concello,..... claro e logo de alí a uns días topámonos con declaracións como: “Non hai cartos para rehabilitación”(Alcaldesa) “É necesario contratar unha empresa externa para coñecer o patrimonio municipal”(Interventor),...,

So me queda dicir que si tanto molesta a existencia deste blog e de outros é por algo, porque se din cousas que non interesa que se lles estea a recordar, que os veciños insistamos en recordarlles as suas obrigas, ...e seguirei na miña liña e os que fan un drama polo que aquí se conta primeiro que analicen o que estan a facer e busquen as posibles solucións que tampouco llo vamos a dar todo feito pois a obriga deles e de solucionar os problemas veciñais e que os veciños disfruten dos servizos polos cales se lles cobra impostos. Animo a Jose por Cousas de Portonovo, animo a Salvemos Sanxenxo, animo os da Veiga, animo a aqueles que queren empezar o seu blog , animo a todos aqueles que escriben nalgúns destes e vou rematar dicindo ¿SE GOBERNASE OUTRO PARTIDO OS QUE PRESUMEN DE AGAIAS FIRMARIAN CO NOME? Non, non vos enganedes porque algúns dos que tanto falan deixan algún comentario detrás dun alias ou anonimamente ou non se atreven a escribir por medo a que os do PP os descubran e lles boten a bronca. Don Quixote confundia muiños de vento con xigantes pero en Sanxenxo confunden Agaias con Servilismo.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Todo é toxo e por rozar

Hoxe vamos repasar as andainas de Angel Casal Moldes (565.712 pesetas/mes; 47.600 €/ano; dedicación exclusiva) antes concelleiro de Deportes e Xuventude na época de Telmo unha area que lle correspondía cos estudos feitos pero co cambio de cabeza de lista tivo un ascenso e pasou a ocuparse de Urbanismo inda que a maioría das veces non o pareza, ademais é o voceiro do grupo popular así como primer tenente de alcalde, función que xa tivo tempo de probar en máis de unha ocasión.

O urbanismo en Sanxenxo dirixise dende a Xerencia de Urbanismo a través do xerente quen é o que supervisa o desenvolvemente do plan urbanístico e revisa as licenzas e o papel de Angel queda relegado a firmar, como todos ben sabemos esta area é a máis polémica pois sobre o deseño do PXOM do concello recaen as sospeitas de especulación e dun urbanismo feito a medida duns poucos e case tódalas semanas vemos como un novo contencioso cae sobre un SU ou asoman os problemas dunha mala redacción e xestiona por parte dos responsables. Onte domingo saia na Voz de Galicia esta comparativa de Sanxenxo e Zarauz: "O Sanxenxo vasco conserva a sua identidade; Zarauz é o País Vasco o que Sanxenxo a Galicia. Pero con diferencias. No paseo que bordea a praia non hai edificios de mais de tres alturas. O concello crece ordenado cara ó interior e nas dúas faldras que caen cara a praia non hai máis que catro casas antigas moi anteriores a Lei de Costas de 1988 ” e o turismo segue a ser a fonte principal de ingresos para esta localidade sen ter un urbanismo desaforado e centrado nuns poucos metros de costas cun paseo sobreurbanizado. ¿Queremos masificación ou espazos amplos?¿O novo Sanxenxo que estamos a ver e o que realmente queremos?

A verdade é que Angel non ten moitas opcións a equivocarse porque case nunca abre a boca, vexamos hai un pleno sobre o enlace do polígono unha materia competencia de urbanismo e el non abre a boca en ningún momento e as poucas veces que o fai e lendo os apuntes que trae o problema presentase cando no turno de réplica xa non ten anotacións entón xa non di nada ou a alcaldesa toma a palabra, a Angel so o escoitamos nalgunha declaración de prensa ¿para que a de dar máis explicacións? Pero todo ten a súa explicación a mellor maneira de ocultar a ignorancia é mandar a outros por diante así mentres van e veñen a un dálle tempo a estudar a materia e outras veces chega con firmar o que che poñen diante e non facer preguntas. se ten un equipo preparadísimo con unha capacidade de lóxica asombrosa que teñen respostas como que se se derruba unha escaleira xa non se excede o volume de obra edificada e a Angel acabarémolo chamando o concelleiro de precintos pois e onde mellor o podemos ver en acción: vai o polígono a parar unha nave en construción e de alí a uns días séguese obrando na dita obra e dubido moito que sexa por perigo de derrube senón máis ben co feito da entrega dun pisos que estan dentro doutra nave que o dono ten presa por trasladar, vai logo a Noalla a precintar unhas obras, logo vémolo no tema do edificio Boavista de Portonovo, pero xa sabe que o que vale para un roto vale para un descosido e vémolo sustituindo os seus compañeiros nas suas tarefas dende lendo a Valle Inclán como entregando diplomas, ou acudindo a todo tipo de eventos. H. D. Thoreau dicía que “é tan difícil verse a un mesmo como mirar para atrás sen volverse”, pero a veces hai que reflexionar se o que se esta a facer esta ben ou vamos polo camiño equivocado porque sempre valera unha corrección a tempo que unha desfeita a larga.