sábado, 27 de febrero de 2010

A tormenta perfecta

O paso do "Xynthia" por Sanxenxo deixou entre outros desperfectos como son contedores tirados, algunha árbore caida,... foi o desprendemento do teito do colexio de Nantes.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


¿Sabes de mais destrozos ? Contanolo.

Asociacións Veciñais (II)

Artigo desta quincena do Aturuxo e continuación do da quincena anterior:

En Dorrón parecía que a cousa xa estaba máis clara ata que chegou o tema da casa de cultura, van ver a situación da casa de cultura co concelleiro desa parroquia queda todo máis ou menos claro ata que o concelleiro decide reunirse con outras asociacións pero non co fin de explicar o proxecto senón de crear un malestar entre colectivos, coa idea de que si divides venceras, ata o punto de trasxiversar a información de tal forma para que os colectivos se enfronte, claro así xa esta garantida a escusa do restraso nas obras ou de calquera incidencia: a aa vv, a comisión de festas, o grupo de baile, etc non se dan posto de acordo no que queren. Ahi é onde entra a manipulación.

E claro logo hai outras como a de Portonovo ou a de Noalla que como non lle son afíns xa nin se lle presta un minuto de atención, e si se lle presta por protocolo pois o que entra por un oído a de saír polo outro.
Entrar en máis detalles sería estenderme moito e é mellor deixalo para outro día, xa que asistiremos a máis dun capítulo do servilismo,


Para seguir lendo preme aqui ..........

Ultima hora: barco a deriva

Dende onte me estan chegando diversas informacións da inminente dimisión dun concelleiro do PP.

Nesta ocacisón hai dous nomes que entraron nas quinielas, calquera das dúas posibles dimisións serían moi significativas para o partido. Calquera dos dous terian motivos máis que sobrados para a sua dimisión.

As veces nin os salvapatrias nin os anxos son entendidos polo seu propio gremio.

Según as últimas informacións si o final o concelleiro ten a valentía de dimitir, esta producirase nun breve espazo de tempo.

jueves, 25 de febrero de 2010

Tempo de cans

Vou comenzar facendo unha pregunta sinxela: En Sanxenxo hai moitos cans, gatos ou outro tipo de animais abandonados?

Todo isto é porque o concello acaba de firmar un contrato de 12.000 euros para a recollida de animais abandonados no concello.

Según reza no contrato os servizos consistiran nunha batida ao mes durante os meses de octubre a maio e nos meses de xuño a setembro en duas batidas, unha cada 15 días.
Os animais recollidos serán levados ao deposito que a empresa ten en Ponteareas.

E como complemento a empresa aportalle ao concello duas caixas de transporte para animais para mantelos durante unhas horas e un lazo de captura.

AMPLIACION as 20:31

A esta hora xa podemos ler esta nova na web do concello onde a parte dos datos que aquí aportei antes informan que a empresa é: CASAL DOG
Supoño que estas ferramentas sera para que a polícia local exerca de caza-animais e logo chame a empresa para que os veña a buscar.

Vergoñento

Unha das características deste blog é a defensa do galego e todo o que iso implica: lingua, cultura, patrimonio, etnografía, costumes, .....

Por eso non podo deixar de opinar sobre as palabras que Rosa Diez, a fundadora de UPyD lle dedicou a ZP : "Zapatero podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra""Podría ser gallego en el sentido más peyorativo de la palabra". Con esta calificación se referiu Rosa Díez a Zapatero nunha pregunta do xornalista Iñaki Gabilondo. "Y de Rajoy?", preguntalle logo o xornalista. "Ya es gallego". De Aznar, Rosa Díez dixo que "le pasó el momento" e de Juan Carlos I, sinxelamente, que "es el rey". Galicia Confidencial.

A min gustariame saber que opinan os militantes galegos deste partido desta palabras, partido que se presentou as elección autonómicas de Galicia.

Esto so pasa en España porque noutros paises europeos onde protexen todas as linguas do seus estado esta señora xa estaría dimitindo e coa cara caindoselle de vergoña e pedindo disculpas aos galegos.

Poderia explicarlle o que é ser galego, pero o que non se lle pode permitir e este tipo de insultos. Que dende as persoas que ostentan cargos públicos denigren desa maneira a un pobo.

Poderialle dícir unha chea de cousas pero simplemente voumo reservar porque non se pode cair máis baixo, e si pensa que para defender as súas ideas ten que insultar desa maneira xa quedou máis que demostrado a clase de persoa que é.

Disgregación

Hoxe quero deixar dous titulares de prensa para poder debatelos:

- O primeiro refirese a confirmación do secreto a voces que tarde ou cedo iase confirmar: "El Foro Popular nombra portavoz a Fernando Villaverde. Sus primeros cometidos como portavoz oficial serán los de ejercer como único interlocutor autorizado de la formación, transmitir a los vecinos del municipio los planteamientos del Foro Popular y llevar a cabo los trámites necesarios para la conversión de este colectivo en partido político, señaló ayer." (A Voz de Galicia)

Agora habera que esperar a si se confirma o nacemento deste novo partido ou so é unha medida de presión cara o congreso local do PP e as próximas eleccións municipais. Todo dependera da elección do/a alcaldable do PP.


- E o segundo sae no Diario de Arousa e refirese a entrevista que concedeu Otero Pombo como empresario do polígono Industrial: "Un grupo de empresarios con intereses en Sanxenxo acompañarán esta tarde a la alcaldesa durante la reunión que mantendrá con el conselleiro de Territorio, Agustín Hernández, a las 17 horas en Santiago para hablar del Plan de Ordenación do Litoral. Sin embargo, en Sanxenxo muchos empresarios y propietarios de suelo no han sido convocados por la regidora y les gustaría poder asistir para dar su punto de vista, para pedir la retirada del Plan o para defender la prevalencia del PXOM, como es el caso de Manuel Otero Pombo, miembro de la junta de compensación del polígono"

Hai tempo que se di que a relación da alcaldesa cos alguns empresarios que a axudaron a chegar a este posto non era boa e cada día confirmase máis.

martes, 23 de febrero de 2010

Máis roubos no parque empresarial

Continuan os roubos no parque empresarial de Nantes mentras se reclama vixilancia e o remate das obras para poder recepcionalo.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

viernes, 19 de febrero de 2010

"Limpeza na Lanzada"


Cartel da campaña de "Limpemos a Lanzada" que me fixeron chegar por correo, esta actividade sera maña sabado a partires das dez da maña.

Nova resposta sobre a subestación.

Hoxe saia na prensa a última resposta da Xunta sobre o traslado da subestación, a cal me fixeron chegar por correo e aquí vola deixo para quenes lle queiran botar unha ollada.

FEBREIRO 2010. 2º RESPOSTA


























OUTUBRO 2009 - 1 RESPOSTA


















Preme nas imaxes para velas en grande.

Crisis para todos menos para a Igrexa

Estes días coñeciamos a seguinte noticia: "Los 252,6 millones de euros, 11 más que en el ejercicio anterior, ingresados por la Iglesia gracias a la famosa “X” en la declaración de la renta de 2009,"

Según se pode ler en El Plural : "Nueva financiación
Pero, ¿cuánto es “poco” para los obispos? Al parecer, el nuevo sistema de financiación implantado en 2007 sólo ha traído ventajas. Aunque Martínez Camino explicó que el clero pierde 30 millones de euros al año porque ya no está exento de IVA, Público cifra en 133 millones, descontando este ajuste, las ganancias de la Iglesia con el nuevo método. Los obispos pagan IVA, pero la asignación del IRPF subió del 0,52% en 2007 al 0,7% actual. Una verdadera bendición que no ha impedido la beligerancia de la cúpula católica con el actual Ejecutivo. "

Din que fan moito con poucos cartos pero non vexo eu que en Sanxenxo a Igrexa invirta moito na conservación dos seu patrimonio senón que inda o concello en forma de subvencións ten colaborado en distintas obras de restauración a parte de facerse cargo de manter os atrios coidados en moitas das parroquias e inda se queixan de que pagan IVA. O terán que pagar como todos.

Por iso a pregunta que quero propoñer para debater é ¿a igrexa debería manterse cos seus propios fondos ou debe seguir recibindo as cuantías do Estado?

A miña resposta é que si vivimos nun estado laico debe manterse por si soa ou sinón o resto de relixións tamén teñen dereito a un cacho do pastel e habería que por unha casilla para un X na renta.

jueves, 18 de febrero de 2010

Nova sentenza. SU 18

Onte podiase ler na Voz de Galicia o seguinte: " El Tribunal Supremo da la razón a la Xunta al paralizar un complejo de chalés en Montalvo"El fallo es tajante. «El interés público que ha de primar es el tutelado por la Xunta que se refiere a la protección del medio ambiente». Además, la sentencia de seis folios del 29 de enero subraya que «es imprescindible que la evaluación ambiental integrada debe realizarse con carácter previo a la aprobación del programa y plan».

Agora falta saber que vai dicir Angel ou a alcaldesa o respeto, xa que hai que recordar que no seu día enzarzaronse nunha batalla contra a consellería de Mediambiente o cal interpuxo o correspondente recurso ante o Tribunal Supremo que ven a darlle a razón a Xunta.

¿Que consecuencias pode traer esto? ¿que medidas van a adoptar os propietarios dese SU? ¿reclamaran danos e perxucios ?

"El alto órgano judicial, con sede en Madrid, con este fallo prima los intereses ambientales sobre los urbanísticos, y recoge que el complejo «trata de edificar un reducido número de viviendas que en su mayoría, según el recurrente, se destinarán para un uso veraniego»."

sábado, 13 de febrero de 2010

Asociacións Veciñais (I)

Como cada 15 días aquí vos deixo o artigo do Aturuxo:


Estamos acostumados a ver na prensa peticións de distintos colectivos veciñais, uns solicitando o arranxo dunha estrada, outros pedindo un espazo onde poder desenvolver as súas actividades, tamén solicitando melloras para a parroquia,..., pero tamén estamos acostumados a ver como sempre aparecen as frases: polo ben do pobo, porque o demandan os veciños, etc…
Calquera reivindicación que se faga para mellorar un colectivo, unha vila, o benestar dos veciños sempre será benvida e debe ser escoitada por aqueles que teñen o poder de que esa mellora sexa unha realidade. Pero a triste realidade é moi diferente.

A miúdo pregúntome cal é o papel das Asociacións de Veciños (AAVV)? Ultimamente podemos atopar un sinfín de papeis que adoptan as aa vv en Sanxenxo. O máis habitual é que sexan un apéndice máis do grupo do goberno dependendo o tema a tratar. Prodúcese comunicación directa entre presidente e alcaldía que pode ser ben intencionada, ben pode ser inocente ou ben ser utilitaria. Pero cando a comunicación se ten que dar á inversa a manipulación queda claramente manifesta.

A golpe de pancarta e carteis moitas veces conseguiuse que as parroquias sexan mellores, que poñan uns metros de beirarrúas, un par de farolas ou se faga un aparcadoiro....

Para seguir lendo preme aqui ......

Os postes da luz

Hoxe fixeronme chegar unhas fotos para que as publicase xa que van a dar moito que falar.

Parece ser que o goberno do PP sentoulle moi mal que o BNG denunciase o estado no que se atopa a subida o cementerio de Vilalonga, que un mes despois do temporal que causou os estragos inda estea sen arranxar os desperfectos.

Ata aqui todo correcto, pero polas informacións que teño, sentoulles tan mal porque segun eles estes estragos estan arranxados, e como din que a mellor mostra é unha foto, inda que neste caso van ser 5, fotos que foron sacadas as 6:30 da tarde do venres 12 de febreiro, e nas cales se ve que foron colocados dous postes de cemento pero o cableado sigue no mesmo estado, e calquera pode tocalo coas mans perfectamente. Postes os cales son de reciente colocación, xa que hai tres días non estaban colocados, o que non sei e si foron colocados para o foto ou douse a casualidade que se colocaron un día antes da denuncia, nestre intre calquer cousa é posible.











Como se pode observar o cableado esta a poucos cm do chan, pero o máis simpático é o poste boca abaixo, ahi non se sustituiu pero si no anterior o no posterior. E o formigón fresco.











viernes, 12 de febrero de 2010

Máis enquisas

Xa que parece que tan de moda estan as enquisas vou colgar unha que me chamou a atención e da que falan no Xornal de Galicia:

Isto é parte do que se pode ler sobre a enquisa: "Unha enquisa organizada polas Novas Xeracións do PPdeG na súa páxina web co obxectivo, tendo en conta o ton do portal de NN.XX., de criticar a xestión do Goberno bipartito, rematou por convertese nunha loubanza ao Executivo de PSOE e BNG."

Eso si a estas horas apuraronse a eliminar a enquisa, pero os do Xornal de Galicia sacaronlle antes a foto que proba os datos.

Sinaturas

Máis de 1.470 persoas apoiaron a iniciativa para trasladar a subestación de Vilalonga, e estas xa foron entregadas na Conselleria de Industria e Economía, para que se teñan en conta unha vella petición dos veciños de Vilalonga.

Ahora toca esperar a ver que di o conselleiro na súa visita o día 22 a Vilalonga e ver si claramente vai desmentir o seu secretario xeral que na Comisión de Industria en decembro dixo que non se ia trasladar.Agora a pelota esta no tellado do conselleiro e agardaremos a coñecer a decisión.

Pero os veciños xa se pronunciaron, e os colectivos de Vilalonga? van a permanecer calados?

miércoles, 10 de febrero de 2010

O baile do PP

Hoxe en Galicia Confidencial podemos ver o seguinte video do PP. O máis significativo é que esta subtitulado como PP Sanjenjo.


martes, 9 de febrero de 2010

Enquisa

Algúns de vos me pedistedes que colgase a enquisa que saiu na voz para poder comentala.

Aqui vola deixo, e paciencia que irei colgando todo o que teño pendente. Poñoa completa e tamén as valoracións dos lideres para que se teñan máis datos.

Resumindo

Logo duns días de descanso e antes de volver a rutina diaría do que acontece en Sanxenxo, creo que primeiro debo facer un pequeno resumo dos que sucedeu estes días.

En primer lugar quero comentar o da reunión dos donos do parque empresarial coa alcaldesa, co representante de Gesai e a Xunta de Compensación. Moito dos detalles xa foron contados nos diversos periódicos pero eu voume centrar nas impresións dos asistentes a esa reunión que según me contan o compadreo que se traia a alcaldesa e o representante de Gesai era máis que notable, xa que en momentos da reunión el chegoulle a dicir "Cati eso ya lo hablamos en privado" o que un dos asistentes, moi coñecido por todos nos, saiu en defensa e dixo que "que era eso de chamarlle Cati que se dirixira a ela como Alcaldesa ou señora Catalina que estaba a falar cunha autoridade" pero esto non sería significativa si cando os asistentes lle empezaron a apretar as torcas ao representante de Gesai este optou por marcharse.
O que me destacaron varios dos asistentes foi a falta de autoridade da alcaldesa, xa vai sendo hora que se pete na mesa ou estre problema perpetuarase nos tempos, a execución do aval é ilegal, pero si a empresa cobrou xa por facer a urbanización, parte do pago feito mediante terreos, pois que lle demanden a empresa urbanizadora a devolución do pago feito, xa se sabe que "Gaiteiro pago por adiantado, non toca ben".
E todo isto baixo o temor do que pasara de que o TSXG anule a parcelación do polígono, co cal si esto sucede o lio que se vai formar vai ser tremendo. ""Lo que nos han dicho los servicios jurídicos es que si el polígono estuviese terminado sería más difícil que el tribunal se pronunciara en contra de nuestros intereses. Pero paralizado tal y como está, la cosa se complica", destacó uno de los propietarios." (Faro de Vigo)
Pero entre mentras o concelleiro de urbanismo sigue caladiña para que nada lle salpique e a alcaldesa sabe que lle queda mes e medio para rematar o prazo que lle dou a Xunta de Compensación, xa que dixo que lles daba o primer trimestre do 2010 para resolver os problemas que tiñan, e o tempo esgotase, agardaremso polo novo capítulo, e sen obviar que estamos falando dun desenvolvemento PRIVADO.

Por outra banda tamén puidemos ler como o Consello de Contas vai fiscalizar as contas do 2008 de Sanxenxo, este é un organo consultivo, pena que non vamos saber o resultado desa fiscalización ata dentro dun ano minímo. Xa sei que moitos diredes que tamén van fiscalizar ao concello de Poio e o de Pontevedra, o normal é que fiscalicen aos concellos que teñan débedas sexan da cor que sexan, outra cousa son os resultados da fiscalización.
Que en Sanxenxo hai un problema económico ninguén a estas alturas o pode negar, e sinón so hai que ter en conta que o mes pasado en vez de pagar as nóminas dos traballadores o día correspondente retrasaron o pago entre 3 e 4 días e veremos en febreiro o que pasa.


martes, 2 de febrero de 2010

A entrevista: Paco González, presidente do CETS


O venres os que puidechedes ler o xornal gratuíto O Aturuxo poidechedes ler a entrevista que lle fixeron ao presidente do Cets, recén chegado de Fitur, e na que se fala do turismo de Sanxenxo.
Ata aquí todo normal pero o sorprendente é a contestación dalgunhas preguntas que vou reflexar aqui:

"P: -Ten Sanxenxo a capacidade par acoller unha gran cantidade de eventos deste tipo?
R: - Definitivamente, si. Una de las cosas sobre las que hai que quitarse la venda es que para acoger este tipo de eventos hai que tener un auditorio de gran capacidad, ya que el 60% de los congresos y convenciones que se celebraron en España en el 2008 no sobrepasa de las 150 personas. Ssto, aplicado a Sanxenxo, significa que el 90% de los establecementos hoteleros de aquí están capacitados.
P: -Pero non só se celebran en hoteis.
R: -No, pero tenemos múltiples ubicaciones: Pardo Bazán, Edifición de Usos Múltiples de Portonovo, Sala del Club Náutico, Salas de Nauta, etc.
P: -Tamén conleva moitos medios humanos. Dispoñen deles?
R: - Tenemos todos los servicios que hacen falta o en el propio concello (como en el caso de servicios de cátering) o, al menos, a 45 minutos de aquí. "

Empecemos fala de distintas ubicacións e entre elas o Usos Múltiples de Portonovo, pero estivo algunha vez dentro? sabe como estan as instalacións? Pois todo indica que non e Nauta so dispón dunha sala. E logo di que primeiro contamos con tódolos servizos e sinon os hai estan a 45 minutos de aqui, pero hainos ou non? aclarese.

"P: -Que lle diría aos que manteñen que en Sanxenxo cando chove non hai nada que facer.?
R: -Pues que están equivocados y que hay más que visitar que El Corte Inglés. Estamos a 15 minutos del que para mi es el casco histórico más bonito de Galicia, Pontevedra, y tenemos tesoros como ese por toda la comarca del Salnés. Y es que no hay que ver más que lo que hacemos nosotros mismos cuando vamos por ahí: que vamos a Madrid, pues visitaremos Toledo, Aranjuez..."

Jajajajaja, preguntanlle que ten Sanxenxo e fala do casco vello de Pontevedra e outros tesouros da comarca, seguro que estaba pensando en Combarro, Cambados, Vilanova, as rutas dos muiños de Lores e Ribadumía, ou de Samieira, os museos que hai espallados por todos os concellos do Salnés, o acuario do Grove, ... e así podería estar un bo cacho pero como pensan cambiar esa idea de que Sanxenxo so oferta sol e praia cando dende o cets nos animan a visitar outros lugares será porque en Sanxenxo todo esta abandonado, xa que temos moitas cousas que ofrecer pero parece que non conven para que non se vexan o seu estado.

Si houbesen arranxado o pazo Quintáns, o Priorato de Arra, a Casa de Don Fernando, recuperado roteiros de senderismo, acondicionado o litoral da ría de Arousa, se funcionase a Telleira, se houbese oferta de ocio, cultural e lúdica, pero claro temos Punta Vicaño e xa é suficiente.

Porque si eu no hotel onde me aloxo me recomendan ir a coñecer o casco vello de Pontevedra nun día que non esta de praia, seguro que quedo ali a pasar o día, co cal o gasto o farei en Pontevedra non en Sanxenxo.

"P: -Pero recoñecerá que si que hai tesouros naturais no concello que deberían estar máis coidados.
R: -Por suspuesto. Ya empezando por los miradores, a muchos de ellos no les venía nada mal un "arreglito"."

Aqui esta a clave da cuestión, en Sanxenxo hai moito que arranxar, non chegan simples "arreglitos".

Pois vaille transmitindo a concelleira de Turismo que vender en Fitur "Sanxenxo, turismo de natureza" non significa que todo estea a monte, que con ir as zoas altas de Dorrón e Bordóns e ver como crecen os toxos, as xestas e os eucaliptos non significa turismo de natureza.